O concello de Entrimo
Juan José González Álvarez ten 42 anos. É natural do Casal, pero vive no barrio de San Pedro, na parroquia de Galez. Aínda que se dedica á construción, é cesteiro afeccionado e tamén comeza a facer incursións no mundo da forxa tradicional. Na entrevista estivo acompañado polas súas fillas, Nerea e Iria, e pola súa muller Feli.
A casa
Eu aínda me criei nunha lareira. Nacín na casa dos meus abuelos e logo fun para outra que fixeron meus pais cando tiña cinco ou seis anos. Alí a cociña estaba á parte da casa, era unha lareira, onde se curaban os chourizos, como se facía antes. Na casa tamén había corte dentro, pero máis abaixo.
O forno
En San Pedro o forno é de veciños. Normalmente, nos pueblos, ao mellor había algún comunal, pero a maior parte era de veciños. Aquí hai un, outro alá enriba, outro alá noutro pueblo que se chama As Quintáns, hai varios. Como no Casal, que é o que máis coñezo eu, había dous, un no barrio de arriba e outro no barrio de aquí. 90