6 minute read

Historias da vida en Lobios: Domingo Pérez Fernández

HISTORIAS DA VIDA EN LOBIOS

Domingo Pérez Fernández de 74 anos é natural de Alvite, Muíños, onde se criou cos avós ata os nove anos. Dedicouse a traballar o campo desde moi pequeno, xa cos pais na Cela, Lobios. Como emigrante en Francia, Suíza, Holanda e Alemaña retornou ao Puxedo, onde reside desde o seu casamento.

Advertisement

A familia

Meu pai niso de letura e de cuentas era un fenómeno. Tuvera un profesor mui bo, pero miña nai non sabía leer. Sen embargo faghía cada colcha de lana, que iso eran obras de arte.

A auga

Eiquí cuando se trouxo a traída de augha, o pueblo foi o que contribuíu a todo sin recibir subvención. Cada un aportou o que lle pertenecía e seghímola tendo. Cada ano temos que fagherlle unha revisión. Pero bueno, incluso despois a augha de

reghadío tiñámola mui lexos. Nise tempo tamén se trouxo, por medio dun tubo e temos un depósito aí cerca. Cerras aí á noite e á mañá ábrese para reghar e bueno, non estamos mal ahora.

A luz

Nós na casa tiñamos unha luz de carburo, e se non era o calor do ghas. Pero, cando non había o ghas? Con que se alumbraba? Chamabámoslle ghizos, que eran das uceiras do monte. Traíase eso cuando iban ca res. Eu acórdome meu abuelo, traíalle un moalliño diles ás costas. Había na cociña unha cadena, que era donde se colghaban os potes. Entón a mallar na cadena, metían un ghizo ou dous. A isas uceiras se lle puña lume i entonces ardíalle toda a rama que tiña e quedaba o tronco de pé. Ardían como unha vela, inda alumbraban máis cas luces de ghas.

O racionamento

O ghas había que ilo buscar lexos, a Porto Quintela, que queda dispois do Salto das Conchas con dirección a Bande. Había unha libreta donde che anotaban e che decían -Con este tes un litro, podes ter dous- i non había máis que aquelo.

A infancia

Entonces ás mañáns, cuando os rapaces cheghabamos ó colegio, pois faghían un leite de aqueles, có mellor había algún que non desayunara na casa e desayunabas alí. Eu penso que era de Estados Unidos. Mandaban uns sacos de leite en polvo. Viña nuns botes ghrandes, eu non sei, pero como mínimo uns dez quilos ou máis de queso.

Os xogos

Normalmente cuando andabamos cas vacas no monte co que máis xoghabamos era á billarda. O tres en raia tamén se xoghaba, que non había outras cousas.

Os animais

Non había moito tempo de ir á escola porque había que ir cas vacas. Con sete anos moitas veces andabas no monte todo o día. Había que ire ca rebaño das ovellas e das cabras. Hasta veces, cuando me daba conta, as ovellas tíñanme comido o que levaba e despois andaba sen comer todo o día. Se estaba cerca do río, pois o que trataba era de pescar unhos mojos ou unhas troitas e asalas i comelas.

As feiras

Había unha aí cerca de Lobios que lle chaman A Portaxe, no pueblo de San Martiño. Había unha en Cabaleiros, e unha en Porqueirós, no untamiento de Muíños. As máis reciencas, claro. Había unha en Couso que si cheghaban a ir deiquí a Couso, era lexos, pero cheghábase, a veces de levar dez cerdos a man.

Os incendios

Tódolos veciños tiñan vacas. Un tiña dúas, outro tiña ó mellor tres, outro cuatro, outro cinco. Cada un as que podía manter. Os montes naquel momento, praticamente non ardían, porque era cultivado polos animales. Non solo os animales, é que había que rozar toxos pa fagher a cama ós animales, e fagher algho duns estercos pra despois sementar.

O traballo

O primeiro traballo que fighen que era remunerado, sin seghuro, era na forestal a plantar pinos. O ano pasado arderon todos eses pinos que foron plantados nese tempo. I empecei con dazaseis anos traballando aí, con trinta pesetas ó día. E unha historia, vira un jersé que me ghustaba moito nun comercio, pero non había medios de compralo. Digho, bueno, pos vou á seitura pa comprar o jersé. E fun, e cuando vin de volta xa trouxen o jersé pra casa e inda trouxen setenta e cinco pesetas forradas. Andaba seghando no centeo, paghábanme as trinta pesetas tamén. Daban ben de comer, i atar o centeo, pero moi duro, eh, porque era de a mañá á noite, non eran oito horas.

Os oficios

Entonces nos pueblos, acórdome moito, qui as noites no inverno, as mulleres, que en verdá moito traballaron. No campo era a diario e despois tiñan que fagher as da casa. Pero aparte fían, calcetaban, faghían jarsés, calcetíns, chaquetas de lana, faghían de todo. Despois había unha maioría que ticían. Faghían sábanas, manturras da roupa vella -cortábanse os trapos- pa por na cama, entonces, claro, de inverno, tiñan que estar sempre fiando.

A emigración

Con dazasete anos feitos, pasaban cuatro meses, ordenei de marcharme pa Francia. Entonces con menos de dazaoito non podía fagher o carné de identidá. Bueno, meu abuelo era un home que se relacionaba moito coa xente, e figheron unha partida de nacimiento coma ca tiña os dazaoito anos cumplidos. Fun fagher o carné de identidá

i o pasaporte sin poblema ningún. Fun de turista a Francia sin traballo. Ibamos tres cunha dirección dunos que traballaban alí. Empecei a traballar na fábrica de fundición de ferro, directamente nos altos fornos, donde se sae o ferro. Estuven alí dous anos e medio pasados. Despois fun coa muller a Alemania. Se iba pa emighración porque eras xa contratado, con traballo fijo, casa, todo. Ibamos unha espedición que salía pa Orense, por ejemplo, que levaba a documentación toda. Cheghaba a Irún, e o que a levaba lla pasaba a outro. Unha vez tocoume a min, levaba a ficha de todos, e cada un puña o seu númaro á vista, bueno, como cerdos po matadero cando van matalos. Pero entón, cheghamos a Alemania e ibamos trece matrimonios prá misma empresa. Ó cheghar alí, a empresa tiña varias fábricas repartidas por varios pueblos. Terminábase o horario de traballo ás cuatro e media da tarde, horario normal. Non é coma eiquí, que a esas horas aínda hai sitios que non abriron.

Contrabando

O ghas viña de Portughal pra eiquí de contrabando, en gharrafas de vintecinco litros, nunhas latas de metal.

O lobo

Era raro a semana que non andabas ó mellor ó rebaño e che aparecía o lobo, i ó mellor ás veces non un, ó mellor dous ou tres. Que había cantidá.

O foxo do lobo

Nises tempos utilizábase praticamente pa ir collendo algún. Entón metíanlle unha cabra dentro, saltaba pra ir coller a cabra, pero dispois non salía. Entón era cuando o cullían. E na parte portuguesa, que por eiquí vaise pronto hacia Pitós (Pitoes), na parte portuguesa, había outro foxo do lobo. Que bueno, non o teñen restaurado, pero pensan faghelo.

A guerra

Meu pai ó tempo de gherra lle colleu no servicio militar xa. Istuvo pola parte de Zamora. Pola do norte estuvo un tío meu. Na batalla do Ebro estaba faghendo o servicio militar en Cataluña e logo pasouse pro bando dacá. Como se pasaban moitos. I a outros pasaban pra lá.

Os anos da fame

Pero acordeime moito que dispois da gherra, inda hubo anos moi críticos, moi duros.

As comunicacións

Nese tempo non había carretera ningunha. A máis cerca estaba desde Lobios. Si querías ir a Orense tiñas cás seis da mañán salía o coche de liña de Lobios, había que ir alí, ó salto das Conchas,ou outro que pasaba por Muíños. I despois volvía un coche de liña á noite. Non había máis nada, o resto eran todo camiños que incluso moitas veces de noite, o lobo andaba moito. E a pista esta fíghoa o pueblo este. Aquela xente que estaba alí foi os que a figheron, e pra comprar a dinamita en pólvora pra barrenar os penedos, houbo que vender o forno.

This article is from: