5 minute read

Manuel Salgado González

Manuel Salgado González de 81 anos, foi emigrante e garda ríos no Xurés durante máis de trinta anos. Vivíu sempre moi apegado á familia, a quen recorda polo moito que lle axudaron. Hoxe, xa xubilado vive na casa que el mesmo fixo cerca da filla e netos.

A familia

Advertisement

Irmáns fumos seis, cinco homes e unha muller. O máis vello, está en Barcelona. Eu son o siguiente a el. Nós viviamos aí abaixo en Zapateiros e despois fun a Fondevila. Ningunha casa tiña cuarto de baño. Fighemos un eu e meus irmaos elí nunha finca, porque se non era por aí de campo. A min axudárome moito meus irmaos e sobre todo a miña muller, que está aí, que me está a oir. Eu fun afortunado ca miña vida e ca familia desde meus irmaos, hasta meus sogros e pais.

A escola

Eiquí había escola en Lobios, pero meu pai mandoume a un puebliño que elí era de pago, pois parece que aprendían un pouco máis, inda que moito non aprendemos, porque aquela vida era dura. Despois o mestro aquil, que había alí, ía pra Lobios, e cambiamos pra aquí.

Os xogos

Xoghabamos á billarda, ás bólas e por aí, apañabamos fruta. Ah, e ás mallas. As mulleres non xoghaban á billarda nin as mallas. Elas andaban máis ó truque que lle chamabamos.

O quinto coche

Eu recordo eiquí en Lobios haber cuatro coches. O meu era o quinto, un cuatro L que mo cumprou, por certo, a miña sogra. Dixen, -Vou comprar unha moto-. -Tú non compras moto, cómproche eu un coche-.

A veceira

Non quedaban siempre recollidos. Pero había unha época, desde o fin de marzo, abril, que botábanse pra serra. Entonces, botábase a res alí, faghíaselle unha marca no corno, cun ferro quente que puña a marca de Lobios. Ó mellor xuntábanse alí duascentas cabezas. E cada un iba botar os días prós animales que tiña alí. Había unhas chivanas, chamamos, i nos currales se xuntaban e cuntábano. E chegaban dous, que iban relevar os que viñan pro outro día á mañá. Aquela noite durmían alí os cuatro, na chivana aquela, pra outro día á mañá, baixaba aquiles dous e quedaban aquiles dous de día co ganado. I a noite, volvían subir outros dous, e de noite cuatro, e de día dous. Esí era, chamábamoslle a viseira do concello. I había rebaños de cabras, que nós cabras non tiñamos, pero había cabras tamén. Que eso entonses, iba un pastor con elas.

O traballo

Traballen dous anos na construcción, pero un día fun ó fúbol a Orense, alí cuns amigos e díxome un, hai unha plaza de caza controlada. Inda non había as autonomías e despois, claro, xa queden fixo, i aí estuven trinta e dous anos de guarda ríos, caza e pesca. Xa empezaba Icona.

O contrabando

Tamén había contrabando si. Eu recordo que andabamos con uniforme de garda ríos claro, e aí viñan as mullerciñas co contrabando de Portugal e víanos e escapaban, e dicíamoslles -Non escapedes, que nós non andamos a esto-.

Francia

Máis tarde viñeron moitos portugheses. Había taxistas que se dedicaban a levalos a Orense, e iban pra Francia, clandestinos moitos, claro. Eu fun. Marchén ó vir

da mili, con vintatrés anos casi. Eu non tiña un duro e faghíame falta cuartos, díxenlle a meu padre que me faghían falta tres mil pesetas pra o pasaporte, e dixo -Non as teño, vaillas pedir ó teu tío-. El deume seis. Fun fagher o pasaporte a Orense á calle do Progreso, na agencia González, no cincuenta e nove. O nove de abril funme cun viciño de eiquí pra Francia coma turista. Pra o outro día xa fun traballar. E cuando levaba dous meses, xa tiña xuntado seis mil pesetas, e mandeille os cartos a meu padre. Díxome, -A teu tío xa lle paguei eu o día que tú saliches. Foi pra que souperas que había que aforralas e mandalas. Eu non chas quero e abriume unha cuenta na caixa de aforros.

Ramón, o falanxista

Ó falangista había que lle dar alonxamiento. Ós labradores que podían un pouco millor, asinábanlle un, el chámabase Ramón. Miña nai dicíame, -A ti quen te criou, foi o Ramón-, andaba siempre comigo no colo. Na fonda dábanlle de comer a mediodía e cullía, -Iste bisté lévollo pro Manolito-. Despois, eu estaba na mili e de Madrid vin pra Rábade. Cuando me ía pra lá dun permiso en casa, cheghén a Orense, vagós de madeira que saltábanos, claro, con vintaún anos. Senteme, pero vexo un señorciño alí todo acurrucado e deixeille o sitio. Dixo, -Gracias home, usté vai contento, que vai de permiso-, iba vestido de militar, -Non véñome de volta de Lobios pra Lugo-, -Pois en Lobios tiña unhas amistades moi boas-, di, -E quen-, digo eu. -Mire, usté conocería o Mouco?-. A meu abuelo chamábanlle Mouco, porque non oía ben. -Eu son neto dil!- e -De quen é fillo da Benita ou do Pepe?-, pregunta. -Da Benita-. E- que é feito do Manuel-, quere saber. -O Manuel son eu-. Abrazouse a min a chorar. -Pero usté quen é?-, -Túa nai túvoche que falar de min, eu son o Ramón, o falangista-.

Os fuxidos

Eu dos escapados oía falar de que mataron uns aí na carretera de Aceredo.

Os anos da fame

Nós tiñamos pan. Eu recordo que miña nai inda rifaba ca miña abuela, -Usté acaba co pan da fornada-, porque á hora de comer xuntábase máis de trinta o cuarenta a pidir. E a miña abuela abríalle un bocadiño de pan e repartía cos pobres. Unha vez viña un señor dun serradero cheíño de calor, e a miña abuela foille por unha xarriña de viño. Chamábanlle Farruco. -Toma, bibe un pouco de viño-. -Eu agradésollo, porque vai un calor-. Entonces miña abuela foille cortar un bocado de pan da broa. -Toma, pra que non che faga mal o viño-, e díxolle, -Ai

señora María, se non lle parese mal, iste troziño de pan leváballo pra meus fillos, porque me dá pena comer eu pan e non llo levar pra eles-. E di, -Tu comes o pan, que pra os teus fillos-, foi e cortoulle media broa de pan e doulla despois. Porque era tamén moi boa muller.

O loito

Recordo miña irmán que tiña oito ou nove anos e puxéronlle un vistido neghro, cando morreu a miña abuela, pero era así, claro.

This article is from: