6 minute read

Cesáreo González Veloso

Cesáreo González Veloso, de 62 anos, estivo coa muller durante catorce anos en Suíza. Hoxe dirixen a súa propia granxa co fillo e exerce de tenente alcalde do concello e como home de acordo da Asociación do Couto Mixto.

A familia

Advertisement

Fun a Madrid porque morreron meus pais de bastante xoven, morreu a miña nai cando tiña 8 anos e meu pai cando tiña 16 e entonces, digamos que a casa desfíxose. Había unha irmá que quedou aquí vivindo no pueblo. a máis maior. Eu i a miña irmá máis xoven marchamos.

A auga

Aquí no barrio de Pereiro suministrabámonos todos ca fonte esta, o sea, había que ir cos cubos e cos cántaros, e no barrio de arriba había alghunha máis. Eu fun dos promotores de ter auga nas casas en 1980. Vindo de vacacións de Suíza, restaurei un pouco a casa que me tocou ó lado dos pais, e primeiramente intentei facer un pozo pa sacala auga. I comentando con algúns veciños dixeron -Home, non fagas pozo porque temos que tratar de meter a auga-, daquela xa non había moita xente no pueblo, entón díxenlle -Bueno, pois vámonos pór pa metela-. Entonces digamos

que fun un dos que arranquei pa facer unha asociación e axustámola daquela en cuatro millóns de pesetas, a un empresario que foi o que nola meteu, e remataríase no 81 ou por aí.

A luz

Acórdome bastante ben, tería eu cinco ou seis anos. Quedóuseme un recordo do electricista ca anduvo instalando unha bombilla en cada casa. O que había era unha ou dúas, cun cable tosco. Bueno, o día que deron dixo il así, -E as mulleres teñen tanto problema pa dar a luz i eu deina nun momento-. E foi cousa estraña ver a bombilla no medio da casa, que era o que solían poñer, unhos enchufes, a bombilla e fuera.

A casa do boi

Ultimamente arreglamos aquí a casa que lle chamabamos nós a Casa do boi, que era o semental que tiñan pas vacas, e se había moitas, hasta incluso dous. Era comunitario e coidábano os veciños. E pa viceira das ovellas tamén solían ter pois tamén un macho ou dous. Non os tiña todo o mundo, e entonces, o que o gardaba na corte, libraba un día por ir ca viceira. Porque solían ir cada dúas ou cuatro cabezas, un día. E as vacas pois, se tiñan cuatro vacas, tiñan que cuidar o semental dous días, ou botalo a pastar ó comunal, o sea, a propiedá que tiña e inda ten, que lle chamamos A Lama. Unha pradería que pertenece ó monte comunal do pueblo, pero era propiedá do buei. Entonces, desde que non houbo máis vacas casi pa seguilo tendo, restauramos o que lle chamamos a Casa do Pobo. Alí foi onde empezamos a facer pa velatorio e bueno, está restaurado e ten un cuartiño de baño. Ahora as de cáritas fan alí gimnasia e as actividades, porque os velatorios ten que ir a Calvos ou Baltar, ós que están legalizados.

Os oficios

Había como dous ou tres ferreiros como pouco aquí, e as corozas e as chancas facíano case todos. Houbo un señor que traballou toda a vida para eso, de feito o nombre dil foi o Ferreiro, de toda a vida, que vivía no alto do pueblo. E aínda morreu hai dous anos, un sobriño dil tamén tuvo forxa pa traballar. E viña xente das outras aldeas a arreglar os apeiros, os sachos e rellas e todo do que se traballaba. Daquela ós arados había que apuntar o que lle chamaban as rellas cada quince ou vinte días, porque era a forma de telos en forma para traballar a terra.

O matrimonio

Agora xa levo instalado aquí vintedous anos. Ós 20 caseime aquí, a miña muller é mismo daí ó lado da fonte e marchamos xuntos pa Suíza. Fomos e estuvemos, bueno, dende que salín eu de facer a mili hasta que cumplín 40 anos e regresamos con dous fillos que tuvemos alí. O fillo veu con 11 e a filla con 5 e na actualidade pois o fillo traballa aquí comigo e a filla estudiou unha carreira de empresariales e traballa en Xinzo.

A emigración

Estuven en Madrid desde os 16 anos. Despois fun á mili i caseime, i á muller non lle gustou estar alí. E marchamos a Suíza, porque tiña uns irmaos alí, e foinos ben. O primeiro contrato traballei algo de todo, no office, axudando en general e despois pasei a porteiro e chófer, nun hotel que tiña unha cadena moi grande. Ó levar seis anos, máis ben no mantenimiento e de porteiro, catorce anos, e a muller de gobernanta hasta que nos viñemos hai vintedous anos. Despois aínda á conta de nacer a segunda filla, estabamos nun sitio de montaña e non había escola española, e os últimos cinco anos cambiámonos pa a ciudad de Bern. I traballei na SBB, que é como aquí a Renfe, ferrovías, os últimos anos.

O traballo

E vinme e intentei varias cousas. Viña todos os anos e unha delas foi vindo de vacacións, pois montando algunha cousa, tiña forma de poder invertir algo do que ganara alí. E bueno, puxen unha granxa por medio das cooperativas orensanas de Coren e aquí estamos. E seguín traballando cada vez máis no campo que antiguamente, pero xa con maquinaria, con cousa moderna, con todo.

Os anos da fame

O da guerra xa non o vivín pero os nosos pais, claro, viviron épocas moi duras. E da posguerra, cando veu o que lle chamaban iles os anos da fame que, según me contaban, hasta vendían o leite das vacas ó mellor á muller dos guardias, porque aquí houbo cuartel da Guardia Civil, pa comprar aceite i o que facía falta pa casa.

O Alfaiate

Houbo moita xente que estuvo agochada no couso. Falaban de que andaban sempre buscándeos pero bueno, escapábanse e moitos foronse vivir para Portugal. Daquí hai o pai da Victoria, de apodo chamábanlle O Alfaiate, porque ó xastre en Portugal chámanlle o alfaiate. El foi pa Portugal e sería de broma, díxolle que

aquí en España traballaba de xastre, e estuvo agochado alá e despois quedoulle O Alfaiate pa toda a vida.

O Couto Mixto

Chamábannos ó xuntarnos. por meterse os uns cos outros, pola zona -A istes hai que ter coidado con eles que son dos mixtos-, que eu cando era neno pois non sabía ben o que fora eso. Porque estuvo moi esquecido, moi agochado ou prohibido case, o tema de falar da república e cousas así. Eu estando en Suíza vin un reportaxe, falando García Mañá e o Carlos Casares en Galicia pra o mundo e viñeron aquí ó pueblo, e dixen, mira tu onde están falando do noso pueblo, do tema do Couto Mixto.

E despois ó vir para aquí no 96, había un señor que era como o presidente da asociación de veciños e dixo -Que se poña o Cesáreo ó cargo-, porque daquela tamén era o máis novo e bueno, mandáronme o nombramiento de ser pedáneo. Entón preguntáronme, que querían investigar máis a fondo o tema do Couto Mixto e tal, pero que querían a colaboración de alguien do pueblo, como Sergio de Meaus igual. E díxenlle, bueno, contai coa colaboración que fagha falta. E entonces empezamos a profundizar no tema e foi cuando despois fixemos a Asociación de Amigos do Couto Mixto e empezamos. De feito estuven aí sempre e estou apoiando todo o que se pode, ó máximo. Loitei porque eso fora pa diante, e estou loitando inda.

This article is from: