5 minute read

Berísimo Otero Campos

Berísimo Otero Campos, é natural do Ribeiro de Bande. Con 92 anos, leva oito de volta en Galicia tras toda unha vida en Venezuela, onde vivíu case sesenta anos. Empresario dun hotel, xubilouse alá como taxista.

A familia

Advertisement

Tanto o pai como a nai eran os dous do Ribeiro de Bande. E tiven cinco irmaos, bueno, tuven máis pero morreron e namais quedamos cinco. Dous xa morreron e quedamos tres.

A auga

Nin había aughua nin luz nin nada deso. Bueno, nos tiñamos unha fonte alí mismo ó salir da casa, a de San Fiz, aquela poñiámola pa os animales e pa eso. I a outra, a Fonte Morta, que é moi buena, esa inda hoxe vén xente buscala, hasta desde Xinzo. E pa reghar nas terras, usté iba e si non estaba ninguén metíalle o seu, i o outro viña e tornábaa e metíallo ó dil. I andábamos así, non é como cuando era no vrau, entón había que a repartir. Hoxe tócame a min, seghún os terrenos que tuvera. Si tiña muito tocáballe un día solo, se tiña pouco, tiña que partir co outro pa completar o día. O pedánio era o que fajía todo eso do libro.

A escola

Ibamos á escola todos, os rapaces e rapazas ó mismo coleghio. Era alí no mismo pueblo pero o pueblo é ghrande, porque ten pa aí dous quilómetros de largho. E viñamos a pé pa casa outra vez.

Os xogos

Daquela non había así xueghos, xoghábamos entre us cos outros e así, á billarda e á porca. Bueno, á porca no colegio non se xoghaba, xoghábase cando ibamos aste alí cas vacas pa o monte e entonces fajíamos un ghueco aí no medio, e poi un tornáballe a outro pa meter alí a pelota e listo. Era o que había.

A veceira

As ovellas había ó millor dous ou tres rebaños e entón si iba eu cu elas, mañán iba o outro, e pasado iba o outro, e faguiámolo así. As vacas si, cada un iba cas súas, pero as ovellas púñase que cada día iba un cas de todos. Entón botábaas e iba polo pueblo adiante, levando e cando volvíaas traer outra vez, ibas metendo e así, ata que quedaban as últimas.

As mulleres

As mulleres tecían e traballaban máis que os homes, porque iba ó campo e despois chegaba á casa e tiña que fajer a comida, que lavar, planchar, i o home sentado. Que non era correto tampouco, pero era así a vida e que lle vai fajer.

O matrimonio

Casei en Ribeiro con vintesete ou así, pero despois xa marchei pa Venezuela i casei outra vez. Caseime dúas veces e teño dous fillos, un dunha e outro doutra. O fillo está en Venezuela i a filla está eiquí. O fillo é español e quedou alá i a que é de Venezuela, está eiquí.

A emigración

O servicio foi ós vinte anos en Santiagho. O cuartel estaba en Santa Isabel, no Plantón. Pero dispois xa fomos po outro que fixeron novo. Botei dous anos no cuarenta e sete e despois xa vin, e inda estuven algho alí. E ós vintesete anos marchei a Venezuela. Alí tuven o Hotel Ribero en Caracas con outro socio, o que tuvo O Trébol aí en Bande. Tuvémolo uns cuantos anos e despois xa vendémolo. E traballei de tasista e na costrución, traballei de todo. Eu non viña para acá pero a filla, véñase, véñase e entonces vin. Eu alá estaba ben, tiña un chalé pa vivir e

outra casa con trinta habitaciós, todas alquiladas. Eu non tiña ningún poblema alí pa vivir, ningún.

O Centro Galego de Caracas

Eu era socio tamén. Alí era onde iba un e se xuntaban todos. O sábado i ó domingo era cuando máis íbamos porque os outros días había que traballar. Fajíase festas. E se querías fajer un bautizo ou unha comida, invitaba ós amigos e íbamos comer todos e pasábase ben.

O contrabando

Con Portughal non se levaba mal un. Había daquela moito contrabando, había que ir ó contrabando. Eu xa non sei cuantos anos tiña, pero iban todos comprar a Portughal porque eiquí escaseaban as cousas, como había a guerra. Entón iban comprar alá e bueno, había que escaparlle ós ghuardias que andaban por aí. Eu nunca fun comprar pero a xente iba e acórdome ben deso. Andaban os ghuardillas date, date, e tiraban tiros e todo. E traían a comida que fajía falta. Aquí había que traer de todo, viña o café, viña de todo, que eles como tiñan na Angola a colonia, traían de alá. Aí non era caro i á parte era donde se podía conseguir, que aquí non o había.

O racionamento

Aquí estaba todo racionao. En Bande había que coller unha ración ó fin do mes cando lla daban e dispois xa bueno. Había comercios e cada un estaba anotado nun, porque había cuatro ou cinco comercios alí daquela. Pero si, había que ir comprar alí a ración. Nós non tiñamos poblema porque como traballábamos aquí no campo pois había comida. Pero se non lles cheghaba tamén era ighual, non había máis hasta que viñeran outros. Ibas buscar cando quixeras, poque alí anotábano, e se non foi buscar, te quedaba pa cando foras. I era así a vida. Aceite, arroz e azúcar, aquelas cousiñas que se necesitaban máis, as que non había na casa. Porque senón, tamén non se compraba, que non había moito.

Os fuxidos

Non tuvemos poblema ningún, no meu pueblo había unha casa da falange. Taban os falangistas alí, faguían a istrución no pueblo e todo. I o ghefe era padriño do meu pai Benino. El non era falanghista nin nada pero meteuno na falanghe tamén. Se meu pai sabía que o iban buscar a usté, ó mellor po matar porque era comunista, el pasáballe o dato pa que se escapara. Entón moitos salváronse. Eu non vin matar

a ningún pero andaban polos pueblos ¡Arriba España!, i usté tiña que levantar a mau, se non a levantaba ou si levantaba o puño, entonces xa estaba mal. Había varios que andaban escapados, uns que lles chamaban O Cabezas i o catalán. Era un problema aquelo, claro. Non tiñan que comer, non tiñan onde traballar e tiñan que roubar, non había outra. Acórdome unha vez que había a feira en Bande, a xentiña vendeu becerros e tal e cando viñan pa casa, alí no alto do monte, esperaron e roubáronos a todos. Alghúns inda quedaron aí despois que terminou a gherra. Despois xa non houbo más problemas. Eso foi na gherra, cando estaba a gherra.

This article is from: