5 minute read

Luisa Araújo Álvarez e Antonio Delgado González

Luisa Araújo Álvarez de 87 anos e Antonio Delgado González, carpinteiro de oficio de 85, naceron e viviron sempre en Grou. No ano das súas vodas de ouro comparten a felicidade de estar rodeados de tres fillos e dos netos e bisnetas, recordando os momentos de duro traballo nas granxas que rexentaron.

Advertisement

A familia

Ele non tiña irmao, pero eu tiña dous e marcháronse, un pra Brasil e outro pra Venezuela.

Manuel, o muiñeiro

Nós tiñamos un muíño e viñan á maquía entón, o muíño do Manuel, o meu pai. Meus irmáns non foron á guerra, foron despois de que acabara. Acórdome de que lle tiñamos que mandar pan pra comere. Cociamos pan de millo, e viña cun compañeiro á casa e levaba pra todos. Entonces, mandábaselle o pan de millo, chourizos...

A auga

Había que ir á fonte cunhas olas, que viña por aí un oleiro vendendo. E entón, comprábaselle ó mellor dúas ou tres, porque se se rompía i o home tardaba en vir... E ibamos a unha fonte por uns campos, por uns carreiros. E pra reghar tiñan cada un o seu turno. Un reghaba dúas horas e o outro tiña cuatro, porque era máis

grande o campo. Para lavar había un regho eí nunhas pedras, xa directamente. E cuando era no vrao, íbamos a un corgho que había aí, a clarear, nunhos campos tendíamos a roupa e así pasamos a vida.

A escola

Fomos á escuela onda a iglesia, pero el iba á de homes i eu á de mulleres. Despois mudaron a escuela aí pa Requexo, un pueblo de baixo. Alí xa era mixta. Pero eu despois fun pra unha tía que tiña alá, pa ir á das rapazas siempre, porque enseñaban a coser, a fagher punto de cruz i, claro, o maestro non enseñaba eso.

Os xogos

Xoghabamos á billarda, os rapaces xoghaban máis cas rapazas. Xoghabamos máis á rueda, i ó truco, ós escondites... Despois había un que puñámonos así dúas e faghían -Pasa... ai, por la puerta de Alcalá-, e xoghabamos tamén ás pedriñas, que cuando alghén nos traía alghunhos coíños do río, que ben era. Porque eran máis bunitos, claro. E cuando non, xoghabamos cas outras.

As feiras

Ibamos á feira de Cabaleiros vender huevos e polos. Tamén había en Bande. A pé todo. O día oito de setiembre ibamos á de Porqueirós, buscar a verza blanca. Eu traía un saco dende alá, pa o cocido e pra o caldo. [Antonio]

Os coidados

I ahora, pues, os rapaces dan traballo, pero antes non había pañales de tirar e tres rapaces dan que fagher. Dediqueime ó campo, i a coidar vellos. Porque tuven moitos maiores da familia. Houbo unha tía diste que coidamos nós que tiña alzheimer.

Os oficios

Tecedeiras si que houbo, pero xa eran vellas cuando eu era nova, inda iba á escuela. Miña nai botaba o liño e acórdome de mazalo, remazalo, espadar, fiar, si que si, que eu nunca souben fiar, nunca me deu por fiar. E bueno, a miña mamá, fiaba moito, despois levabamosllo pra fagher sábenas de liño e fun eu axudarlle a dar os fíos á tecedora. Eu cosía algo, en cuanto as rapazas eran pequenas, había que remendar os pantalós, i eso faghíao eu tamén.

Portugal

Boa relación con Portugal si, porque despois viñeron de Crasto Laboreiro, había ben diles. Compraron eiquí moitos capitales. E inda temos e tuvemos siempre moi bo contacto. Os máis ghrandes capitales compráronos os castrellos. Eles iban pra Francia e tal, e viñan e compraban. [Antonio]

O contrabando

Eu iba pouco ó monte, cando iba ó contrabando a Crastro. Ó tempo tería vinte anos. Levábase carretes de fío e bacallau. Pra eiquí, café, barras de xabón e touciño ghordo. O touciño era o már malo de traer. Os ghuardias, cantas veces andivemos a escapar diles. Muitas veces viñamos cos sacos ás costas, estaban iles ó mellor cunha fogheira de lume nun camiño vello, camiño fondo, alí cunha braseira de lume. Dabamos a volta e ibamos por outro lado, e eles quedaban alí a durmir. Quedaban alí á gharda. E canto mar mal tempo, millor, porque tiña o camiño libre. [Antonio]

A Semana Santa

En Semana Santa comíase máis pescado. A carne tamén non a había pra outros días e entonces, pois ghardábase eso de non comela na Cuaresma, porque era pecado. Había que comprar a bula, entón podíase comer carne.

O Entroido

Eu tíñalle moito medo ós Entroidos, ghustábame vestirme e tapabas a cara con cousa cualquera, pero velos non quería. Cando foi despois da gherra, non se podía tapar a cara

Os poemas á Virxe

Eu poemas non sei, o que sabía era que cando iba á escuela, no mes de maio botábanselle á virgen. Ibamos todas de blanco e cada unha estudiaba o que lle mandaba a profesora.

Soñei que era mariposa Volando de flor en flor Aunque cogerme querían Yo no me dejaba, no Más te presentastes, oh, madre En el hermoso jardín, y te acercastes, con tiento

Te acercastes mucho a mí Y yo, te dije bajito Madre, madre cógeme Y desperté entre tus brazos Palpitando de placer

A Banda de Grou

Eiquí había unha banda de música que iban pa lexos. Pa alghún sitio ó millor a pé, pero a outros xa iba no coche. [Antonio] Despois, cuando era unha festa que eran poucos veciños pois chamaban un acordeonista que había por eiquí.

A guerra

Houbo moitos rapaces que estaban pra ir á guerra, e marcháronse pra Portugal. Entonces viña a guardia civil e prendían ó pai ou á nai pra qui o trouxera, e prenderon aí, que eu era moi pequena, claro. Na nosa parroquia tiñamos un cura, don Fernando, moi buíño, xa era velliño pero moi boíño. Víñanlle preguntar i ele siempre decía, -Aquí na miña parroquia no hai nada, todo está ben, todo-.

O luto

Eu antes cantaba de pequena, pero desde que me morreu a miña mamá, nunca. Pola miña nai túveno tres anos e medio e cuando saquei o luto, pois xa non o quería quitar, porque me vía así, algo clara.

Pasado e presente

Eu non sei, parece que había máis unión. Te vou dicir, os fiadeiros, uns a casa dos outros, eh. [Antonio]

Despois, se lle pasaba cualquera cousa a un veciño, todos estaban elí pa axudar no que fora.

Ahora a xente non é así, debeuno fagher os cuartos. Está cada un na súa casa ca televisión. [Antonio]

Nós ahora estrañamos. Estamos millor ca antes, non digo, porque temos lavadora, bueno, non temos moitas cousas que inda nos farían faltan, pero temos o que nunca tuvemos.

This article is from: