
8 minute read
Victoria Domínguez Rodríguez
Victoria Domínguez Rodríguez con 76 continúa vivindo na súa terra. Despois de traballar durante máis dun ano en Alemaña co marido, tiveron que voltar por causa da crise.
A familia
Advertisement
Os meus irmaos, éramos cinco, cuando era pequerrequiña chamábanme Iña, e inda hai algún que mo chama. Eu son a segunda dos máis vellos. Aquí nacemos e nos criamos todos. O meu pai nunca saliu deiquí, nin a miña nai. Traballaban o campo i era do que vivían e nós axudamos. A miña mai dicía que ela anduvera facendo cavadas no monte descalza, con patatas cocidas.
As fontes
Eu cando era pequena, miña nai poñíame unha meta, a min e a meus irmaos. Primeiro tiñamos que carrar a agua e preparar as cousas pos animales, e despois deixábanos salir.
A escola
Tivemos unhos pais bandera que nunca jamás nos quitaron da escuela. Eu tiña 14 anos e inda iba, gracias a unha maestra que era de Meaos, doña Conchita, encantadora. Cando era de inverno dábanos pena que fora soliña, porque antes había moito centeo i era alto, e ía desde eiquí a Meaos. Queríamola moito e
íbamos con ela para que non lle pasara nada. Mandaban á escuela o leite en polvo i o queixo, que viña nunhas latas grandes, de Nortamérica. E os rapaces xuntábamonos e íbamos buscar leña pa facer o leite quente. Depois, tamén o cura nos repartía o queixo, pero bueno, á maneira dil. Miña mai estuvera moi enfermiña da columna. Xa daquela quitáronlle huesos dunha perna e fixéronlle un transplante, e había que pagar todo. Tiña eu oito anos e o meu irmao máis pequeniño, dezasete meses. Esto era na Semana Santa, o cura fora bendicir a casa, pero pero miña mai non lle poñía nada na mesa para que non levara, nin lle daba o centeo, nin os ovos. E en represalia, como fumos buscar o queixo, díxonos que para nós non había, que miña mai non lle daba avinza. Tiña cinco rapaces, que lle iba dar? O cura tiña máis ca nós. I o que lle había dar miña nai ó cura, dábanolo a nós. Marchamos como se nos abofeteáramos, avergonzados, e tamén lle levábamos gana ó queixo.
Os xogos
As nenas xogábamos ó truco i a saltar a corda e o tres en raia. Tamén con muñecas que as faghíamos de trapos. Os rapaces faguían os carros de nabos, pero vaia carros, eh! Alá cas súas rodas, os estadullos, todo, un carro completo.
Os animais
Eiquí temos a grande suerte que temos un monte moi grande. Íbamos levar as vacas á mañá e despois si se viñan, víñanse e senón, íbanse buscar, pero andaban alá todo o día. Miña abuela tamén tiña e paríanlle no monte, e cuando viñan, xa traían o becerro grande.
A emigración
Eu cuando tiña vinte e tres anos caseime. Casámonos en octubre i en xaneiro marchamos a Alemania. De feito eu casi non sabía falar alemán. Estuvemos traballando nunha fábrica de la. Había xente de todas partes. Bueno, e os galleguiños coma nós, eso era xa unha cousa! E estuvemos un ano e pico. O meu fillo máis vello naceu alá no 66. E ó pouco, foi cuando houbo unha crise moi grande en Alemania i os últimos que fomos, pois os primeiros que salimos. E paiquí nos viñemos, para onde íbamos ir. Eu cos meus pais i o meu home cos seus e xuntábamonos. O pai xa lle morrera i estaba a nai i o tío.
O traballo
O marido, Dimas, estuvo en Sabadell na Academia, botou alá tres meses. Era garda civil. Despois o destinaron a Asturias e alá estuvemos, en casa cuartel,
un tempo moi a gusto. Os asturianos son unha xente encantadora. Levei o meu meniño cuando era pequerracho, e despois viñémonos pa Cualedro, porque nos gustaba estar cerca da familia pa atender os pais o día que precisaran de nós. E quedeime embarazada, e o meu pequeno naceu en Orense onda o Michelena, de pago, pois daquela non tíñamos seguro. Os dous lévanse oito anos e medio. Estuvemos en Orense, primeiro estuvo na cociña no cuartel, e despois tiña que ir faer servicio a Pereiro de Aguiar. Había moitos atentados. Tiña que sacar o coche do garaxe e eu mentres non sentía que arrancaba... Daquela tiña a opción de se xubilar, entonces animeino e xubilouse ós cincuenta anos. E viñemos pa eiquí i eiquí estamos.
Os oficios
O meu avó foi capador. Anduvo capando todo esto por aí. Iba case hasta Beade, Verín, Medeiros, Villaza, bueno, moi lonxe. El ó mellor botaba por aí tempo. Tiña unha besta enorme i el era pequeno e parecía que iba un muñeco nunha besta. Así se ganou a vida. E ganóusea ben. A miña abuela dirigía, que tamén tuvo seis fillos. Tiña tear e despois ensiñaron á miña mai a tecer. Eles botaban o liño e faghían as sábanas con el. E a miña nai aínda fixo trapeiras e colchas de la. I antiguamente din que faghían a roupa interior de liño tamén. Eso xa no acordo eu. De facer as sábenas si, i o que lle dicían mandiles pa se cubrir. Faghíanos e despois tiñíanos de negro. Se iban buscar a Baltar tintes. E despois con algo caseiro tamén o facían, iban cerca da Paradela que hai unhas ramas que as cocían.
O contrabando
O meu abuelo anduvo no contrabando, i o meu tío David tamén. Eles transitaban máis ben polo río. Levaban e traían. Para que non os perseguiran, meu abuelo engañábaos. El ía esparcendo café por outro lado pa que viran de que por alí pasaban e entón os guardias iban seguindo o rastro do café e logo o meu abuelo pasaba por outro lado.
As festas
Eiquí do pueblo, a xente era moi animada. Cada unha salía por seu barrio e despois xuntábamonos no camiño, sin que chegaran uns non marchaban os outros. E de volta, hasta onde sentíamos a música, víñamos bailando, aproveitando ó máximo. No pueblo había unhas señoras maiores que tocaban a lata, os tres piés, a sartén e ca botella, e bailábamos ó son do que nos tocaban.
O Entroido
O Entroido si que era chulo. Aproveitábamos pa comer un pouquiño mellor, chourizos i a cachola, todo de porco e Arruz dulce e o que lle chamaban o roscó. Disfrazábamos con o que tíñamos, roupa vella. Eu de feito, o meu home era cazador, e poñíame a roupa dil e collía a escopeta. Despois, moito pa cá, xa foi cuando empezaron a dicir que prohibían ir ca cara tapada.
A Semana Santa
En Semana Santa sabes que faguíamos? Adornaban a iglesia, todo o que é a iglesia que é larga, poñíana cada un ca roupa da cama, a máis bonita que tuvera. E entonces colgábana así e faguían como un pasillo e estaba moi bonito aquelo.
A guerra
O meu abuelo Manuel cando foi na guerra anduvo escapado, un tío meu i o meu pai, Alfredo. A miña mai que aínda estaba solteira, pois andaba por aí nos montes entre Tosende i San Paio por a noite, íballe levar a comida. I o meu abuelo fixo como un zulo nunha casa eiquí en Santiago, unha dobre pared e polo día escondíase alí co meu tío David. O meu pai marchou pa Portugal, i un sobriño, estuveron nun pueblo que lle chaman a Vila da Ponte. Cando terminou a guerra, pois veuse pa acá.
O racionamento
Inda me acordo do que era a tasa. Viña todo racionado. Entonces iban a buscar o aceite, o azúcar, arroz. Entón dábanche aquela cantidad e tíñaste que arreglar co aquelo. E chocolate había, pero era moi malo, así como se fora de fariña. Meu pai iba cobrar o que lle chamaban o subsidio polos rapaces e viña hasta donde lle cheghara o diñeiro. E mentres houbera porco comíamos ben eso e despois cuando se terminaba, iba comprar carne castellana en Randín o Calvos.
Os velorios
Os rapaces íbamos encantadas ao velatorio porque non íbamos a velar o morto. Se era no vrao, despois ás tantas, íbamos á fruta. Levábamos unha agulla con fío e cosíamos uns aos outros, e despois queríanse levantar e non podían. Os rapaces era ó que íbamos, importábanos ben o difunto
O loito
A miña mai sempre dixo que non puxera luto. Bueno, puxen algo por o meu pai, pero mira, acórdome de rapazas antes que traían ó mellor cuatro ou cinco anos o luto, hasta traían pañuelo na cabeza. Unhas crías.
O Couto Mixto
Durante o inverno iban de todo o pueblo xuntarse na casa dos meus pais. I os rapaces tiñamos que salir pa fóra porque non collíamos. Faghían o lume no suelo e todo arrededor, os homes. Que eu siempre lle sentía cuando falaban desto do Coto Mixto. Escoitaba que eiquí a reina esa anduvera perseguida e Santiago, Rubiás e Meaos, a cobijaron. Cuando a buscaban nun pueblo iba pa outro. E sentín que tuvera un crío, porque viña embarazada, nunha última casa que agora está caída. Eu escoitaba eso e decía, esto será un conto. O meu abuelo morreu con noventa e moitos, e tamén me contaba todo esto. Tiña libros, que inda dicían que estaba firmado con letras de ouro. E tiña como unha arca, parecida á que teñen aí, i alí guardaba documentos e todas esas cousas. Cerraba con chave e non nos deixaba tocar alí. E o meu abuelo contaba e o da arca. Eu no na vira porque estaba na casa do cura, un milagro do Señor que non desaparecera.
