5 minute read

Julio Fernández Fernández

Julio Fernández Fernández, naceu hai 79 anos na aldea de Salgueiro, hoxe deshabitado e formando parte do Parque Natural da Serra do Xurés. Emigrante retornado, fixo a súa casa en Xermeade, onde naceu a súa muller.

A familia

Advertisement

Cesteiros caseque eran todos, o meu pai, José, era un tamén.

O Salgueiro

Alí non había nin supermercado, nin nada. Se querías comprar algo, había que ir á do meu consoghro, O Sindo, que era o que tiña algho de neghocio en Prado. Cheghamos a ser trece veciños e tiñamos muíño e forno tamén, aínda existen. Foi o único pueblo do untamiento que está sin luz, nin había nin cheghou a habela. Ahora a Xunta puxo unhas placas desas de luz pos paratos que puxeron alí. O Salgueiro está no Parque do Xurés, mismo na fronteira entre Portughal i España, pero xa hai que non existe. Vendéramosllo antes ós de Orense, en total eran sete socios, compraron iles todo. E despois a eses comproullo a Xunta de Ghalicia, aste alá arriba Calvos de Randín, a zona por aí onda acaba o término. Depois a tras de Vilar, Vilariño xa ven Portughal e Pitós (Pitoes).

O carbón

Había que fagher carbón se se quiría ghanar cinco pesos. Eu era máis novo que a miña irmá, mira que ghrande podía ser, i carraba us cestos nos zorros, chamáballe torros, que é o propio galegho, e delí pa unha buraca así redonda, pa fagher o carbón. I como era o máis pequeno, non pudía co aparato, que había que agharrarse pa arrincalos da terra. Era có que se vivía alí. Aquelo era campo libre. Chamábanlle os torghos, despois arrincabas e faghías o carbón nun buraquiño así. Esto levábase a Cados, vendíase e despois o levaban pa ferreiros pa axeitar a ferramenta. I o outro, marchaba pa Orense ou pa onde fora.

A escola

Fumos a un puebliño pequeno que lle chamaban Alvite, andando polo menos unha hora por uns carreiros por onde pasaban as cabras. E cando ibamos á escuela, nevando, chovendo, cheghar todos molladiños, estabanos esperando, e xa ibamos pra casa secarnos. Total só eramos tres de Salgheiro. Entón, era unha maestra, pero era interina, bueno, ila era maestra, pero é que después mandaban un señor maestro, un interino, aparte. Hasta éramos poucos, o sea que faghíamos paí us quince, seriamos cos delí e os deiquí, e non chegharían.

O campo

Millo ningún, porque con tres meses no había augha e non podía reghala terra, que aquelo xa é unha montaña. Se plantaba centeo e patatas, é a cosecha que había, pero abundante. A augha po campo sobraba a que había, pois o centeo non se reghaba, nin as patatas tampouco, que xa se botaban nun terreo máis pesao, máis húmido. O máis secanío era pa o centeo. E todo era a base de sacho, non é como huxe. E pa mallalo, todo a mao, bueno, cos mallos. En Xermeade xa é diferente, porque a augha pa reghar o millo i o resto ven do Salas, o embalse.

Os animais

Había rolda pa ghardar as cabras. Seghún as que tuvera, había que ir, era doce por día. I eiquí chegou haber ochenta, había viciños que tiñan ochenta. Outros de corenta, cincuenta, vinte, unha veceira mui grande, pois daquela estaba todo preparado. E o coche que había era unha caballería. En total alí había un burro ou dous, o demás era todo caballería, pero de la buena, eh.

A emigración

Eu en Salgheiro botei hasta os dazaoito, dazasete anos e despois marchén pa Sallent, ó ladito de Manresa. Entrei na mina traballando abaixo a trescentos metros de profundidá en Potasias Ibéricas. Botei dous anos e despois fun ó servicio ó Pardo. I dalí marcheime pa Francia, pertenciamos ó consulado de Marselle e botén case tres anos nunha fábrica de ferro. Logo vin e casamos, pois xa tena falado ca muller. E aí polo quince ou vinte de maio, marchamos pa Alemania. Traballamos os dous e perteneciamos ó consulado de Dusseldorf. Botei oito anos i a muller seis, porque tuvemos a filla alí e viu pa eiquí. Despois foi palá outra vez e levamos a filla.

O contrabando

Xa daquela non ma acordo, pero sein que falaban os vellos, alí contrabando había moito. Pasaban vacas, animales e o que fora pa lá. Ou se cuadra, ghardaban eiquí e outros iban cos animales pro outro lado pa ver se os vían. Daquelas o bacallau había que ir buscalo a Portughal. Ou cando era co café, polo que din os vellos. Cantos saltiños daban. Se cuadra os portugheses deixábanos pasar, pero os nosos, si o cullían, xa llo sacaban.

As festas

Eiquí sempre é o día quince de aghosto, a Virgen da Torre. I en Salgheiro era o San Antonio. Era sempre o trece de junio e viña xente deiquí de Prado e deste pueblo. De lonxe non porque era un viaxe moi largo, de Prado alá levas unha hora e pico. Inda existe a capeliña, que cando vendemos xa fora o trato, e o San Antonio, a Virgen i a campana tamén están en Prado, porque nós perteneciamos á parroquia. E desde que se vendeu, os que compraran fixeron unha vez unha pulpada, pero do resto, nada. Daquelas eu xa estaba eiquí, en Xermeade.

Os fuxidos

Bueno, eiquí houbo bastante, polo monte quizá dous ou tres veciños que estuveron en Pitós. Mar, escapaban palí, e pudían vir de noite alghunha vez, e andaba a ghuardia civil jodida. Acordo só deiquí estes veciños, inda estaba eu en Salgheiro. E despós contábano iles que se non eu non sabía, andaban traballando collíanos os portugheses alá, e despós traballaban e tíñanos ghardados escafucados por si acaso iba alghén.

Os velorios e as inhumacións

O velorio nas casas un ou dous seghún fora a morte, os días que pertenecían. Despois traelo a Prado ás costas por un sitio que malamente se pudía pasar una persona, e tiñan que pasar cuatro. Librar ou cambiar us ós outros, eso era horrible. Viciños i os compañeiros, como Alvite e Requiás, levábamos moi ben, antón relevaban. Tamén lle ibamos nós ó entierro, andando, entón a xentiña axudaba. E despós dalí ó cementerio. Os meus abuelos morreron alí i están enterrados en Prado. Sen embargho meus pais desde que vin eu paquí, tróuxenos para Xermeade.

This article is from: