4 minute read

José Lamela Bautista

José Lamela Bautista, Pepe, naceu hai 71 anos en Padrendo, Río Caldo. Ex-alcalde de Lobios, emigrou a Barcelona onde traballou como enxeñeiro nos oleoductos. Investigador incansable, ten un programa de cultura galega en Radio Cornellá e varias publicacións relativas ao Xurés.

A familia

Advertisement

Estaba meu pai, miña nai, miña abuela e un irmao. Esta foi a xuventude, pasou así hasta o falecemento de miña abuela, e despois meu pai. El si estaba emigrado, tiña unha cafetería en Valenza do Miño en Portugal.

A auga

Nós tiñamos aí unha bomba desas de facer a forza física. A pan i agua traballaba aí. E para lavar se ía ós tanques comunitarios, donde se lavaba toda a roupa. E cuando había roupas de cama, así máis importantes, íbase ó río.

A escola

A casa veciña era a escuela de Padrendo. Reunía hasta trinta da miña idá, porque estábamos bastante poblados. Incorporabas tamén outros alumnos, viciños de Manín. A nosa formación primaria foi mui competente.

Os xogos

Facíamos xogos de xoguetes que construíamos, por ejemplo carros pa poder desplazarnos por eses camiños por aí abaixo, bueno, cousas así. As rapazas estaban dedicadas a saltos destes de combas, a roda esa etc.

As veceiras

Hubo cabras en algún momento, que había que pastorear. Facíase por tandas. Eu creo que eran sobre once cabras cada día, que correspondía de turno. En cuanto tocaba un, contabas as cabras todas, i as partes de dez que tíñamos eran días que había que ir ó monte, e guardar a de todo o pueblo. Salían cada día pa riba, aí na Senra, donde a entrada do pueblo.

O traballo

Eu fixen estudios, tuven prórrogas, e foin despois a saltos do Sil. Estuven uns meses traballando aí na construción da central, en maquinaria, estamos falando da oficina, en organización.

A emigración

Un amigo forzoume a buscar unha opción de salir do entorno este. Entonces, pasamos a Cataluña, e case desde o principio no entorno de Catalana de Gas. Estuven aí, no mundo dos oleoductos i gasoductos hasta a xubilación. Despois facíamos seis meses aquí en Padrendo e seis meses en Cataluña. Teño a casa en Barcelona. O mundo cultural adopteino alá en Cataluña, desde o ano dous mil estuven de director do programa de Radio Cornellá Sempre en Galicia. Son dúas horas á semana, en sábado, e ahora sigo colaborando de seis a sete. Viñen cunha excedencia a Lobios. Nunhas vacaciós pedíranme a opción de poder presentarme á alcaldía i aproveitei para facer a campaña. Eu lévoa siempre como un bo recordo considero que é unha realización moi personal, moi interesante.

Matrimonio

No mil novecentos setenta e tres fun emigrante estando en Barcelona. A muller era emigrante tamén pero doutro lugar, Andalucía. Tivemos dous fillos que están por aí, un en Córdoba de visita i o outro por Cataluña.

A guerra

Da nosa Guerra Civil eiquí hubo moitísimos escapados a Portugal. O meu pai estaba en Portugal, en Zintra. Á miña abuela estábanlle reclamando o fillo, porque habíalle

morto xa un na guerra. Mandaban esas cartas que lle ditaban de que viñera. Estaba mui presionada, pero despois ela mandaba outras cartas a Portugal de contrabando, para que lle comunicaran ó fillo que era todo falso. Pero ó final a presión pudo. Meu pai estuvo vivindo en Sintra hasta que finalizou a guerra. Unha especie de exilio, pero buscado. Tuvo indulto que se transformou en cinco anos a Mililla.

Os arraianos e arraianas

Había unha feira no límite do río Cabril e o río Limia pero da parte española, aí facíase unha feira mui concurrida de portugueses e españoles. Eiquí realmente non somos nós os arraianos, son os portugueses tamén. Como dicía alguien, o vento i o aire puro non entende de fronteiras, eiquí non se entende de fronteiras. Era tanto que se cruzaba dun lado pa outro, que dicían que andaban sempre ca raia entre as pernas.

O Xurés

É mui interesante o parque natural. Os valores naturales que o convertiran en Reserva da Biosfera, pero eu creo que o mérito está nesa xente que cultivou durante miles de anos, e que foi a que nos trouxo o parque hasta ahora.

A Virxe do Xurés

Eu creo que o culto mariano na provincia de Ourense naceu ca Virxe do Xurés, que apareceu no mil catrocentos cincuenta e dous. É a única virxe que está confirmada por a clerecía de Orense. Andaban con moitas derivacións i ó final deron autorización que teño o documento que está no archivo da catedral de Orense transcrito. Entonces, autoriza a construción da capela. Das limosnas, un tercio era para a construción da capilla, outro pa o mayordomo que puña o obispo aí vigilando i otro tercio pa o obispo, claro, pa construción da catedral e cousas destas. O sea, realmente solo podían usar un tercio do esforzo na construción da capela, alá arriba, que non había camiños nin nada. A veciñanza, evidentemente, foi a man de obra. Unha tradición é subir alá arriba para tocar as campanas, porque escorrentan os malos espíritus. Ata onde chega o seu son, vai levando fóra todos os males e as tormentas tamén. Antigüamente cuando tocaba a campana, presinábase a xente. E un pastor que pasara, un contrabandista ou o que fóra, pois tocaba iso.

A casa da Escusalla

Moita xente ten pánico ó lugar. Alí creo que a nadie se lle ocurriría ir de noite. É unha casa aislada actualmente sen techo. Ten un gran misterio detrás, que non

se sabe como chegou hasta eiquí. Hai xente que viu algún tipo de fraile por aí paseando de noite. Estou traballando tamén neste tema. O pazo pertenece a Compostela. Era a residencia dun cura que estuvo no mil setecentos trinta e tres, e constrúe esa casa, púxolle unha capilla i nel instituíu unha capellanía. E despois da desamortización de Mendizábal, abandonouse totalmente. Os heredeiros son de familias diferentes e están moi dispersos.

This article is from: