
7 minute read
Manuel Rafael García Martínez
Manuel Rafael García Martínez, Medela, naceu en outubro de 1931 na Chaira do Santo, onde reside na actualidade. Emigrado en Barcelona, traballou na banca e foi directivo de Centro Gallego.
A familia
Advertisement
Recordo que o ano trinta e sete mataron ó meu pai na guerra en Madrí. Tuvo que ir ó frente porque era comandante de puesto en Bande. Chamábase Manuel García Expósito porque o seu pai escapou da guerra de Cuba cuando il iba nacer, e pra que non os perseguiran quedou como “Expósito”, como fillo de solteira. Mira que memorias e que historias teño.
A miña nai era Concepción Martínez González, Concha de Medela. Dedicouse a ser viuda de guerra. E ser a praticante sin título de toda esta parroquia que aquiscencia i o agradecemento do médico que vivía en Facós, don José Barros Nóvoa, moi amigo da casa e mandáballe unha nota: “Concha, le pones las inyeciones intramusculares. Le haces así, le andando”. E miña nai asistía os partos sin ningún tipo de contraprestación económica. Agradecimento persoal, como é lóxico. Pero nada máis. Nunca na vida cobrou un can. Vivía da súa pensión de viuda de guerra.
Xogos
Xogábamos máis que nada á porca, que eran uns buratos no medio e cuns paos dándolle a unha lata. A pelota inda non se conocía por eiquí o fúbol, gracias a Deus. E xogábamos a la una anda la mula que era saltar uns encima dos outros.
A facenda
Tivemos animales eiquí, nos chegamos a ter cinco ou seis vacas. A última foi vendida o ano cuarenta e cuatro, que se chamaba “Turina”, e tiña un corno un pouco baixo, acórdome eu.
Os lobos
Eiquí atacaron a unha señora que iba andando a Parada do Monte, que era oriunda de eiquí, e estaba casada alá, e viñera eiquí a ver á súa familia e regaláronlle unha bola de pan, unha broa que se chama eiquí. Pilar, se chamaba a señora. E saleulle o lobo i ó chegar á entrada de Parada fíxolle frente, eh? Porque ela iba dándolle un anaquiño de pan, iba entreténdoo. E si non é un alguien, un home ou o que fora que apareceu cunha galla, unha forquita desas, o lobo púxoselle diante e non a quería deixar pasar. Eso é o conto máis, máis tal.
O instituto
No ano cuarenta e dous fómonos para Ourense que ingresei eu no instituto. Pasaba o curso alí e non se viña como se vén ahora tódalas semanas. Víñase no Nadal e despois xa non viñas ata final de curso, porque era unha odisea vir en coche de alá. A veces non pasaban por eiquí, tíñaste que baixar alí no salto das Conchas ou andando. Era unha odisea os coches de línea. Entonces xa non viñas ata o primeiro de xuño porque o curso no instituto acababa sempre o día trinta de maio. Despois en sétimo, que preparaban moi ben pra reválida, fun pra Cisneros. Había alí un colexio e preparaban moi ben pra reválida, incluso os profesores te acompañaban a Santiago.
Profesorado
Profesores dos que teño moi bo recordo Juan Saco Mourés, o que era o director do instituto e profesor de latín e pai de Juan Saco que despois tamén foi director. E conocín a don Ramón Otero bastante, que cheguei ir a velo ó seu leito de morto na rúa da Paz. Tamén me deron don Juan Saco Mouresco e don Ángel Colemán, era de literatura, sabía un rato o tipo, sabía... uhhh. E dérame clases un tal Lauro Fitera de Matemáticas, que aquel si non lle levabas un regalo á casa
non te aprobaba. Había que levarlle un saco de patacas de aquela, que claro, tiña varios fillos e... O xornal non era alá moi bo porque non era catedrático, era agregao, era un profesor numerario.
Otero Pedrayo
Según entras da plaza do Ferro cara a plaza Maior, que é pola rúa da Paz, a primeira casa á esquerda era a de Xocas, e un pouquiño máis adiante, tres ou catro números á dereita, era donde vivía don Ramón. Teño o orgullo ilo a visitar polo menos dúas veces porque tiña a porta, el estaba na súa cama, estaba coidao pola súa muller que se chamaba Fita, que era de Santander. Co ela falaba castelán, cos demais todo sempre en galego. Conoceu á muller en Santander porque foi o destino que tuvo como profesor de istituto. Entonces eu fun dúas veces a velo, porque acudín a bastantes charlas que daba no Ateneo, unhas conferencias dialogadas. Tamén fun dúas veces a Trasalba, que era a casa “pairal”, como din os catalás, era a casa nai. Acórdome un ano que veu un vendaval aí pola primaveira e tirou cun árbol que era americano, que o plantaran o día que nacera don Ramón. Unha araucana ou como lle queiras chamar e caeulle por riba da casa e tiroulle un anaco de tellao e de parede. E don Ramón decía: - Esto quere dicir que este vello tal, se está xa... aquelas parolas que tiña don Ramón.
Xocas
Xocas era de aquí. En Ourense vivía vivía no número trinta, primeiro, que mismo entrando da plaza do Ferro. Del non teño moitos recordos. Si recordo que estaban estudiando letras el i un irmao que se chamaba Xurxo, que era moi intelixente ó parecer, máis que Xocas, e Xocas e Xurxo tuveron unhos conatos galeguistas o ano trinta e cuatro. E don Miguel de Primo de Rivera y Urbaneja ou algo así, ese señor, na súa ditadura, tuveron que marchar a estudiar a Zaragoza, e foi onde se licenciou Xocas en Zaragoza. Porque o seu irmau Xurxo tuvo a mala sorte de ser picao por unha mosca, un carbunclo que lle chamaban, e morreu deso alá. O Xurxo Lorenzo que se ve que era un home... Hai unha anédota que me contou a min unha señora, que xa morreu, que é de Facós, Consuelo do Conde, e dicíalle Xurxo: - Nós índa habemos de acordar que unha vaca valla cen pesos. - Usté está tolo, señorito Xurxo, usté está tolo, perdone que llo diga. - Bueno, bueno, bueno. E mira tu, tiña unha premonición. E ise home morreu en Zaragoza porque tuveron que marchar alá, a estudiar alá por galeguistas.
Emigración
Eu emigrei a Barcelona porque me fun a esaminar de banca que aquí non había tal. Preparábaos un señor andalú que era apoderado do banco, e tuve a mala sorte de sacar o número un ou dous ou tres. Estábamos en la crema de la ola, porque daquela en Barcelona había moi pouca cultura popular, a xentiña salía da escola primaria, iba a unha fábrica, i non é como ahora que hai outras posibilidades. Entonces, os que íbamos de eiquí tíñamos un pouco máis de ocasión. Despois volvemos, porque eu era galego i a miña muller tamén. Ela nacida pero de espíritu catalán. Era mecanógrafa de francés nunha empresa que era do consulado de Suecia. E en segundo lugar porque miña nai estaba sola. Entonces volvín.
Centro Galego de Barcelona
Eu fun diretivo do Centro Galego de Barcelona, incluso teño aí un diploma que me deron unha distinción. Era vicetesorero pero, en realidá, como eu era de banca, pensaban que sabía moito de contas e era o que leva as contas. En Barcelona tamén estuven con don Ramón Otero Pedraio, que foi dar unhas conferencias.
A Romaría do Viso
A festa máis importante da Limia Baixa é a Romería do Viso. Ven a Coral de Ruada, que se inicia ca saída da Virxe ás dez da mañá nun carro o domingo de Pentecostés, no mes de maio, xuño. E vas subindo e chegas alá ó redor das doce e media, entonces ás doce e media, á unha normalmente se está bo día, hai unha misa fóra, por baixo dun carballo que é gloria bendita. Ahora no verao hai misas todos sábados, ás nove da mañá en honor da Virxe que está alí veraneando. Despois, o oito de setiembre vén a invernar a Lobeira, que ten o seu altar, a súa capela individual. Porque pa nós non hai outra virxe. Nin a do Pilar, nin a de Lurdes, nin a de Fátima. A Virxe do Viso é a número un para os de Lobeira.
Entroido
En Entroido había un grupo de aí de Parada do Monte que viñan e facían unha pantomima dun sacamuelas. O abuelo da Susana era ó que lle arrincaban as muelas. I a xente disfrazábase pero daquela estaba prohibido levar a cara tapada. Collíante os guardias, porque eiquí sempre hubo puesto de Guardia Civil e carabineros porque era zona fronteriza

O Barriga Verde
Eu acórdome en Ourense, na alameda, que incluso meu avó que se riu moito, fomos a ver o Barriga Verde nas festas de Corpus, que poñian unhas carpas. E salía o Barriga Verde, salían os funambulistas alí, unha rapaza que subía alá arriba. Acórdome eu, eu era chaval, eu tiña catorce anos ou quince.
Filloas
As filloas eran xa outótonas de eiquí, a filloa que se fai por Navidades, con sangre e con algo leite. Eiquí facíase pola matanza porque se lle botaba sangre do porco. Entonces eiquí as filloas eran moi tradicionales.