
7 minute read
Manuel Silva González
Manuel Silva González, Manolo, naceu en Vilariño en 1926 e reside en Parada do Monte. Sendo neno, traballou coa facenda e logo na construción dunha estrada e dun encoro. Emigrado a Barcelona, desde alí embarcou para facer unha nova vida en Uruguai, onde viviu corenta anos.
A res
Advertisement
Tiña cinco anos e xa iba coa res para o monte. E todos me querían porque eu andaba sempre detrás da res e non deixaba un xato. Fuille coa res a todo o pueblo. Paghábanme tres reás i a comida. Dábanme un fardeliño, unha pedriña de pan i un pedaciño de carne i pasaba todo o día. Algúns, que tiñan os fillos da miña edá, non lle confiaban a res a eles i a min ma confiaban. E nunca perdín a res, eh? Bueno, perdina cando xa era ghrande, antes de ir pro servicio.
A estrada de Lobeira
Cando empezou a traballar a carretera de Lobeira, que se levou a primeira reparación, eu empecén a traballar nas Motas. Foi antes de empezar gherra, así que polo trinta e cinco. Levoume o Evaristo Xulián porque lle pediu ao capataz, que era un portughés, Américo. E dille: - Oh, Evaristo, e vos que me trae, un
menino ou un chaval? Pro outro día, cando fun agharrar o pico, que era un rapaciño para agharrar o pico, o Américo tocoume no ombreiro e dime: - Non rapaz! Mais hoxe non agharres o pico. Hoxe vas comigo. Entón levoume e dixo: - Vós vas encher este barril -un porrón-. Vas buscar a augha e tenme á xente que teña augha fresca todo o tempo. E se che mandan fager algunha cousa, se é dentro da área do traballo, faslla. Pero se é que tes que ir lonxe, venmo dicir a min. E eu fagía todo o que me decía. Traballén siempre de pinche aí. Fagía tódolos mandados.
A anécdota
Cóntolle unha anedota que me pasou. Non é un cuentite, é unha realidá. Eu levara chulas para comer. Era o que comía ao mediodía. Levaba un fardel e colgheino nun carballo. Pero cando fun comer, estaba cheo de formighas pequeniñas, rubias. Sacudinas todo o que puden, pero algunhas estarían adentro e cominas. Carai!, deume un dolor de barrigha aquelo! Andaba amarillo! E dime unha vella á que tamén lle iba buscar augha: - Que che pasa? E díxenlle a verdá. - Ah, espera que che vou fager un té. Dixen, vou levar á augha e veño enseguida. Levén a aghua á xente e deume un té. Tomén ese té, e saltei pra entre o millo, saquei todo do apuro, me pasou o dolor de barrigha!
A curandeira
Eu mancara un dedo, que aínda se me ve a falla, e tróujomo o contratista, que ten un Ford T, ao médico en Vilameá. Atendía no gharaxe. Non sei a cara que tiña, non me acordo dil, pero sei que era un home ghrande. Agharroume, agharrou unha tenaza e iba a cortarme un anaco que estaba cortado no dedo. Me cajo no demo! Cando me agharrou, claveille os dentes nunha perna, soltounme e salín como unha centella. Crucén a carretera, saltén ao millo, e fun hasta o río. Mentinme no río, entre os xungos, e apretén o dedo para que non sangrase e eles chamando por min e buscando por todos os lados. Cando se calaron, salín molladiño como un raposo e fun a Torneiros, onde a tía Aulinda, unha vella que había alí. Fun onda ela, vendoume o dedo e díxome: - Ahora telo tres días así vendado e despois ves acá que racho esa venda e xa miramos nel. Acordo que lle puxo machacado brotes das silvas e outra cousa máis. O caso é que cando me sacou, o dedo estaba prendido, peghou. I o médico aquel quería cortarme aquel anaco! Que eso foi unha anedota pero foi real, que me pasou a min.
O encoro das Conchas
Tamén traballén no salto. Entrei a traballar de pinche con trece anos. E non podía traballar nocturno porque a edá non o permitía. Estabamos nun terraplén. O escombro que salía do túnel arrimabámolo. Estaba ao saír do tunel da ponte.
Accidente mortal
Pero ao final traballei no túnel. E traballaba cando se mataran cuatro ou cinco personas no túnel, na ventana. Unha era de Taboazas. Explotou un barreno. Ás veces a culpa pónselle á compañía e témola os obreros. Quedou un barreno enclavado, que non explotou, e había que por outro coa misma dirección, a dez ou quince centímetros de distancia. I os barrenistas metérono, pero foi tocar á dinamita que estaba dentro, e cando a barrena tocou na dinamita, explotou. Os traballadores morreron. Ao cabalo, que había un cabalo para sacar o escombro afora, sacoulle un anaco da cabeza pero non o matou!
O contrabando
Cuando estaba a gherra de Alemania, que inda estaba no pueblo e traballaba na carretera de Lobeira, había o contrabando de Barreiras Blancas a Tui, levar o o minerio, o wolfram. Eran unhas chaquetiñas, levaban trinta quilos pero era contabando! Xa era contrabando aí, porque os que o sacaban aí en Barreiras Blancas era roubado. Dábannos esas saquiñas, i en Tui dábannos cen pesetas. Por levar eso. E claro, naquel entonces, cen pesetas era moito diñeiro! Cheghabas alá ben de noite e entraghábalo. Pero un día, estaba a policía e non pudo entregharse. Houbo que estar todo o día metidos entre o monte, alí naquela ladeira, antes do puente de Tui. E despois, eramos como trinta, non eramos un solo, tiñamos unha fame como unha casa, había un pueblo ghrande cando viñemos. Fomos a ese pueblo a ver se nos vendían un pan, para comer, unha bola de pan para repartila pa todos e comiamos algho. Vímolo pan a unha muller que coceran e tiña o pan enriba dunha mesa, e pedímosllo. E foi a muller e botounos un can, un can ghrande! E o Benito quitou a pistola e matou ao can. Senón o can cómeo! A muller empezou a berrar entón claro, tuvemos que escapar!
O servizo militar
Estuven dous anos en África, en Punta Altares, a tres quilómetros de Tánger. Aí foi onde pasén a mili completa. Figemos a instrucción en Algeciras, en Punta Cires, Ceuta, na parte máis estrecha que ten o Estrecho de Gibraltar. Aí, de Punta Cires a Tarifa hai trece quilómetros. É cerca. O ancho que ten o Estrecho. Donde
eu estaba na batería a Tarifa hai vinte un mil seiscentos metros. Seino porque eu estaba na sirviente de alza, artillería, e nos cañones márcache a distancia: vinte un mil seiscentos metros á praia de Tarifa. Pero polo lente ves camiñar as formighas, vese perfectamente. Pero nós non apuntabamos directo. Aí era na artillería, era dirección de tiro, que non está alí, a dirección está noutro lado. Facíanse barcos de cartón para a práctica de tiro.
Barcelona
En Barcelona estuven desde o corenta e nove hasta o cincuenta e cuatro, pero traballaba doce horas na fábrica. Primeiro na Cross, solo seis meses, e despois na Riviere en Casa Antúnez, unha metalúrgica. Eramos trinta mil obreros traballando na fábrica. Eu tiña o número vinte e nove mil non sei canto. Todos conocíanme a min, pero non era por que me conoceran a min, estaba o meu nombre nas placas de produción porque saquén a produción máis grande que pode fager unha máquina. Eu cheguén a fager tres mil trescentos cinco quilos en doce horas! Ao tempo, había a gherra de Corea i a miña máquina sacaba o alambre para fager o alambre de púas, de picos. Todas as semanas saía un barco carghado de alambre de púas para Corea do Norte.
Uruguai
Entrei nunha fábrica de peón. Eu non sabía nada. Eu non fun á escuela. Non sabía ler nin escribir. Eu aprendín a ler i a escribir algho a salto de mata. E entrén na fábrica a traballar na calandra. Domingos de Valente era o maquinista i eu era o axudante. Eu xa tiña vinte e oito anos ou trinta. Estuven dúas ou tres semana aprendendo en todas as máquinas e despois fun para tintas. Unha vez tiña unha partida de popelina, a tela de camisas que antes non había poliéster. O poliéster veu no sesenta e sete. Era todo de alghodón. Tratábamolo con sosa caústica. Manchóuseme cunha pelotita de tinta e non era da casa, era dun cliente. E o ghringo díxome a min: - se non se manchase non era unha tintorería, home. Era unha tintorería, agharramos fama uns cos outros e teñimos po ejército, pa policía, para a republicana, para a marina, pa Coca Cola, pros uniformes, pa a Pesi Cola...