6 minute read

Juan José Estévez Estévez

Juan José Estévez Estévez, alias Pepe Ficheira, ten 67 anos e é natural da Pereira, na parroquia entrimeña de San Facundo da Pereira. Como el mesmo di, traballou nunha variada gama de oficios, pero todo relacionado coa terra! Cultivou tabaco, tivo granxas e foi bibliotecario en Entrimo.

Os xogos

Advertisement

Faciamos unhas bicicletas de madeira e faciamos carreiras coas bicicletas de madeira. Que problema había: que só podía ser costa abaixo, porque non tiñan pedal!

A radio

Eu creo que na miña casa era na primeira na que había un aparato de radio. Aquelo era espectacular, porque viñan alí os veciños a escoitar á noite. Conocían aos locutores, chamábanlle polo nombre... E non había nada máis, era o único divertimento que había. Xuntábase a xente cun silencio asombroso a escoitar Radio Intercontinental de Madrid, me parece que era, ou Radio Nacional. E poucas máis emisoras había. Porque ahora hai moitísimas máis. Pero entonces aquelo era o top, como din ahora.

A rega

Para regar facíase exactamente igual que ahora. Había unhas roldas e cada un vai cando lle toca. Está distribuído según o terreo que ten cada un. Pero non sei se é pola climatología si polo que é, que ás veces ármanse unhas discusións terribles. Que tu collíchesme a auga... Bueno, ese é outro dilema.

Os muíños

O muíño tamén era unha rolda como a da auga, e cada un tiña unha parte alí. Podías ter o día, podías ter a noite... Había varios muíños no río de Portugal i había muíños no río de Canle i Guxinde, que son da parte española, e cada un tiña según lle correspondía. Quedan bastante retirados do pobo e a xente tiña burros destinados a tal efecto, que ahora chamánlle burros fariñeiros. Bueno, o que tiña burro, o que non, arreglábase. Durante a posguerra, os muíños eran moi perigosos, perigosos no sentido de que lle iban e roubábanche a fariña, sobre todo os que estaban na fronteira. Entonces, a xente iba e tiña que durmir alí para que non lle roubaran a molienda.

O viño

O viño aquí é bastante malo. Aquí chámaselle unha purrela, ou viño de tres. O viño de tres é un viño tan ácido, que tente que coller dous para que poidas beber porque quedas...

O tabaco

Un ano botei tabaco. O tabaco iba directamente á empresa nacional. Cultivábano sobre todo en Grou e logo tamén en Lobios e en Bande. A min déronme as plantas, pero aquí non se adaptaba mui ben porque, a parte de vir máis tarde que nos outros lados, supoño que pola climatología, tamén secaba máis tarde, e o tabaco pagábancho según o color da folla. As follas que tiñan un color uniforme, eso chamábanlle capa, que era para envolver os puros, pagábanse moi caras. Pero eu nunca tiven dese, por eso deixei de cultivalo. Dábanlle a semente a unha serie de xente. Eu iba a recoller alí as plantas, e claro, volvíamos ao mismo, as que lle sobraban a eles. Logo, as miñas, como me iban vir ao tempo coas deles? Cando as puñas a secar, que xa pasaba o calor máis forte, secaban tarde, e irregularmente. Entonces, non mantiñan un color uniforme, que é o que precisamente se buscaba. Eu levábao a Río Caldo. Enfardábase, colocábase en fardos, e logo viña o camión, recollíao, e íbamos a Pontevedra á clasificación.

Vacas á ganancia

Aquí había unha figura que non sei se era moi habitual noutros lados. Era unha persona que tiña máis ou menos diñeiro e daba o que se chamaba unhas vacas á ganancia. En que consistía eso? Pois dáballa á xente que era pobre, que non tiña posibles para comprarse unha vaca e tela de súa propiedá. Entonces, esta xente aproveitábase do leite e do animal para traballar, e dáballe algún porcentaje do tenreiro cando o vendían.

O contrabando

Aquí houbo bastante contrabando, pero era un contrabando de subsistencia... Unha tarifa, chamábanlle a vinte quilos de café. Íbano buscar a Portugal e levávano hasta a Feira Vella. Alí vendíano e dábanlle unhas monedas, porque non había outros ingresos na casa. Viñán polo Batán, aquí á fronteira, e levábano hasta Grou, ou viñan incluso con mulas. Pero aí pasaba de todo, hasta cobre, metales... Nos anos setenta e pico ou ochenta, o que pasaba eran plátanos, bananas. En Portugal había unha escasez tremenda de plátanos e os plátanos de aquí iban hasta O Porto e hasta Lisboa. Pasaban pola fronteira, pero como había as cadenas, viña un camión grande hasta Grou e despois levábanos con camións pequenos.

Semana Santa

Eu creo que son parte dun rito pagano pero antes, cando acababa a Semana Santa, iban a cortar un loureiro e púñano nun cepo á entrada da iglesia. Entonces poñíanlle cintas e enchíano con elas! Pero ao mellor iban co loureiro desde Ferreiros, que queda a bastante distancia, de noite, para que o dueño non se enterara... E tiña que ser roubado, senón xa non valía. O sea, si o quinto mandamiento prohibe roubar... tamén esto é un contrasentido que o levaran e que o puxeran á porta da iglesia! Igual por eso non o meterían dentro!

Nadal

En Nadal, despois da comida familiar, a miña abuela dicía de non recoller a mesa. O sea, acabas de comer e queda todo tal cual está. Por que? Porque veñen as almiñas para comer! Mira tu, as almiñas se son espíritu que van a comer nin que leches, pero bueno, a historia é así!

Os cadaleitos

Na Feira Vella había un señor que faía os ataúdes e vendíanos alí, na tienda. El dedicábase a eso, era carpinteiro, o Manín. O Manín era o que se dedicaba a facer os ataúdes, as tumbas, os cadaleitos, non é?

Os velorios

Eu creo que a palabra non está mui ben utilizada neste caso. Alí era a leche, atábanlle os pés por debaixo da mesa, que non sei que. Aquelo era unha desgracia. O velorio duraba toda a noite, entonces, non se deitaba nadie e había que acompañar á familia, estar alí. Repartíanche uns cafés, unhas galletas, un chocolate... E claro, segundo vai pasando a noite, a xente vai sucumbindo aos efectos de Morfeo. Entonces, siempre hai un simpático, que te aburres, que non sei que, atábante á mesa, atábanche os pés. Chamábate: - Que salgas alí fóra. O tío levántábase... bueno, aquelo non era velorio nin era nada. Era todo, menos eso.

Tomás das Quingostas

Aquí temos unha historia dun héroe local, que inda encima é portugués! É o Tomás das Quingostas, que era dun pueblo que queda entre Castro Laboreiro e Melgazo que se chama As Quingostas. Este home é unha especie de Robin Hood da raia. Que é mentira, porque este era un atracador, un asesino, un pájaro de cuidado. Pero aquí temos a idea de que dedicábase a quitarlle aos ricos para darlle aos pobres. Entonces, este home atracaba a uns, dáballe a outros e era o héroe local. Meu pai contaba unha anécdota do artista este que resulta que, quen eran os que tiñan aquí, nestes bandurriales, o diñeiro? Os curas! Pois este señor coa súa banda foi a atracar ao cura de Grou. Pero o cura estaba esperando e recibiu de mala maneira, e tuvo que seguir, co rabo entre as pernas. Entón foino esperar outra vez. O cura viña da Canle nunha egua, que era o coche que había. E o Tomás das Quingostas saíulle ao monte e díxolle: - Señor cura, sabe o que quero? I o cura díxolle: - Sei. Quitou unha faca do bolsillo, cortou a orella e entregoulla. Pois parece que era o castigo que lle impuña este Tomás das Quingostas ao que non podía atracar. E aínda hai moitas máis anécdotas diste home que, realmente son inventadas. Totalmente. Estas son historias... horribles! Porque o home matou xente, o home foi un asesino, o home participou en reyertas políticas... Pero aquí é un héroe, un Robin Hood da raia!

This article is from: