
3 minute read
Rosa Álvarez Pereira e Aida González Álvarez
Rosa Álvarez Pereira, Rosita nos seus tempos mozos, ten 94 anos. Na actualidade vive en Corvelle, no barrio da Fecha, coa súa filla Aida González Álvarez, nada en 1948. Rosita naceu na Pereira, e dedicouse todo a vida ao campo e ao muíño. E é moi boa cantareira! Aida traballou nunha panadería, coseu e bordou. Foi modista en Ourense.

Advertisement
Rosita
Nacín en Pereira, que eu era de Pereira, e casei en Corvelle aos vintecuatro anos. Tuven unha filla, e chéghame ben que esta é moi mala de aghuantar! Eu traballei sempre no campo e sabía coser algho, pero non é para coser pa fóra, era pa casa. E en Pereira tiñamos tear e eu tecía.
Os xogos
Xoghabamos a todo! Oh, as rapazas, todo o que servía, sírvelle pa xoghar. Á billarda, ao truco...
A auga
Ah, había que ir á fonte, había. Lavar tamén, ós pozos. Pa reghar, tapabamos o tanque, e despois, cuando estaba cheo, abríase e repartíase pa todos.
O muíño
Eu era a que coidaba o muíño que está aí preto da casa. Era o muíño dos Sueiros.
De nova, poñíase na porta da casa, escoitaba e xa sabía cando acababa ou non. Era privado, pero moía noite e día. Viñan de Pereira, de Recarei, de Soane... moer eiquí. [Aida]
O forno
Tiñamos cuatro fornos no pueblo. Un, no fondo do pueblo; outro, no outro lado do pueblo; outro eiquí arriba; e outro máis arriba de todo. E para cocer había turnos, que remedio! [Aida]
A facenda
Había de todo. Había que traballar, e coidalos. Tamén matabamos o porco, o que lighaba. E vendiamos becerros na feira de Bande, pero había que os levar alá! Despois, coas ovellas ibamos ao monte, cada un coas súas, pero de noite viña todo pra casa.
Dunhas veces mataban dous e outras veces matabamos tres. E solo eramos cinco persoas na casa. [Aida]
A veceira
Eiquí había dúas veceiras que eran do pueblo, pero nós tiñámolas solas. Nós i estes de eiquí do lado, traiamolas sola [Aida].
Oficios
En Pereira houbo cesteiro. Era aquiles que lle chamaban Os Cesteiros, eles. I aquí houbo ferreiro. O Tío Ferreiro, chamábanlle o Tío Ferreiro. Mismo onde está a escuela, ó lado de baixo, estaba a forxa [Aida].
Mel
Solo había dous veciños que se dedicaban a eso, pero collían muito. I ahora sígueo habendo. [Aida]
O contrabando
Cada un traía o que pudía. Eu fun ao contrabando! Foi antes de vir pa Corvelle. Non iba soa, iba máis xente. Todo o que fijese falta comprábase, que alí había todo. Cos guardias fajiamos ben, como puideramos, escapar por eiquí e por elí, por eiquí e por elí.
As festas
En Pereira é a Santa María Madalena. Eiquí, en Coverlle, é a Virgen María. Empeza ahora para o quince de agosto. O día cinco, sobe a Virgen de baixo pa riba. Despois xa témoslle a novena eiquí na capilla. E despois, o día da festa baixa ás once pa pois ter a misa abaixo. Faise procesión pa riba i procesión pa baixo. Hai pendós, hai estandartes, hai de todo e ven a Virgen María e a Virge do Carme. [Aida]
San Xoán
Sacábamolos carros pa fóra. Onde había mozas, sacábanlle os carros. Sacábanllos e levábanllos onde pudían. En Calvos de Randín e na Illa non se faguía. O único que sacaban era as plantas, e resulta que un ano, sacaron as plantas, e claro, para me sacar as miñas, tiñan que subur a un muro moi alto, e despois xa, por unha escaleira por dentro pa baixar e podelas coller, pero claro, eu non estaba, sacáronas porque eu non estaba. Eu estaba cosendo en Bande, e quedei po unha festa que había en Bande, e po outro día, fóronlle pidir perdón o meu pai, e troujéronllas a casa! [Aida]
Nadal
Era comida de festa, era. Cada un facía o que sabía, e había quen non sabía fajer de comer siquiera. Fagiamos bacalao e pulpo, claro.
Entroido
Vestiámonos de todo, de todo! De hombres, de mulleres, de calquera maneira. O caso era vestirse, cantar e beilar, e eí vai!
Cantigas
Facíamos festas os veciños, uns cos outros. E bailei suelto e agharrado, sei cantar e sei tocar.
Sei cantar e sei beilar, sei tocala pandereta, o que se case comigho, leva a música completa El trabajo es de atorrantes, y de gente de mal vivir, el día es pa descansar y la noche pa dormir Rosa, quen che puxo Rosa, moito pudo adiviñar, cunha rosa no inverno éche mala de criar Se canto, porque canto, e se río, porque río, se non vou ó fiadeiro dinme que perdín o brío