
7 minute read
Francisco Morgade Rodríguez
Francisco Morgade Rodríguez, máis coñecido en Bande como Paco o Zapateiro ou o Músico, naceu en Carpazás en 1946. Aos dezaoito anos marchou para Barcelona e traballou na construción. Agora, o del é a música!
Paco, o Zapateiro
Advertisement
Eu vin aprender o oficio a Bande con catorce anos. Era cando saliamos da escuela de Carpazás e, entonces, o meu irmao decía que quería ser carpinteiro e eu díxenlle a meu pai que quería ser zapateiro. Entón, foi a Bande e falou cun señor que tiña unha zapatería e fun p’alí e estuven aprendendo zapateiro. Logo traballaba en Carpazás e, claro, no tempo eso non daba e marchei á emigración, anduven con camiós... Depois xa vivía en Bande e monteina aiquí e estuven eí hasta o noventa. Traballei unhos dez anos...
Paco, o Músico
Eu toco percusión: caixa, bombo e algo máis. Tería doce anos ou así cando empecei. Pódese dicir que aprendín solo, quen empezou a tocar foi un irmán meu que falleceu en Francia. El foi quen comprou unha caixa e cando il non estaba, collía a caixa na casa e tocaba eu solo. E despois un día sentiume o gaiteiro e díxolle ó meu pai que eu era o que tiña que ir tocar porque o outro non tiña xeito
ningún! E alá fun. Logo, cando viñemos pa aiquí pa Bande foi cando tuvemos o grupo Sueiras. Ahora estou só con charangas. Esta é a Charanga de Bande, que foi a primeira que se fixo aquí.
A escola e os xogos
En Carpazás había unha escuela mixta, de nenos e nenas, e naqueles tempos, na escuela, pensabamos máis en xogar que en estudiar. Xogabamos á cadena, piedra libre, ó escondite, ó bicha-sapo... As mulleres xugaban ó truco e despois cantaban a rueda e cantaban canciós bonitas, un pouquiño máis finas ca nós: rueda, rueda, repenica nela, coge pan y queso y vete a la escuela, un dos, tres...
Os cultivos
A cosecha máis fuerte era de millo, por eso nos chamaban os da terra do millo. Carpazás, Ribeiro e Verea, a terra do millo. Pero tamén colliamos moito centeo, fabas e patatas, pa darlle aos animales, pa comer nós po gasto e inda se vendía algunha. Ademais, a horta era imprescindible, eso non podía faltar!
O forno
En Carpazás había dous fornos. Eu acórdome que moito tempo estaba por rolda. Tocábache de quentar e, de feito, anque que non quixeras cocer, quentábalo. Había que ir ó monte á leña. A uz faguía un lume moi bo, moi bravo e, de seguida, servía ao forno.
O liño
O liño tamén o acordo, pero era noviño, eh? O liño parouse, podía ter eu dez anos ou doce, parou na maior parte, quedou algúnhos botando inda algún ano máis, pero pouco. Eso era traballar e tamén unha parranda. O día da arrinca do liño había moita juventú, iban mozas, mozos, maiores, nenos... e había festa!
Tecedeiras
Había teares. Nós tamén o tiñamos na casa, na da miña nai e na da miña tía. Tecían as dúas colchas, manturras ou mandiles, unhas capas que se puñan eiquí que non metían agua nin por aposta. E despois teñíanas. E todo eso era pa levar pa o monte.
A facenda
Anduven máis no monte ca aljúnrs lobos! Tiñamos facenda e ao tempo non te dedicabas xustamente a unha cousa. Non eras gandeiro de vacas ou gandeiro
de... Todo tiñamos aljo: vacas, cabras e ó mellor unha besta ou unha burra para ir á herba. E ovellas, porque porque, aínda se empleaban a lá pa calcetar. Vendíase os cabritos e ors becerros nas feiras en Bande e na Feira Nova, en Puente Linares.
A rolda
As cabras tiñámolas o pueblo en común. Había por día dours vixieiros, dous pastores. Entonces entraba por riba no alto do pueblo andaban á rolda e por abaixo iba outro ata que se xuntaban no medio. Algunhas veces iba un solo porque faguiamos un arreglo. Iban mulleres, rapaces... eu creo que con nove anos xa fun pó monte.
O lobo
Había moitos lobos, e os homes moitas veces levaban escopetas porque estabamos no tempo que autorizaban matar o lobo. Podíanse matar porque había bastantes. Se viña con fame era raro que non marchara con algunha ovella ou cabra, pero o lobo en si non é agresivo pas persoas, eh! A cousa que máis acordo unha vez viñéronnos cinco lobos ó rebaño en manada, pero o lobo escapaba siempre.
Os foxos
Había dous foxos, pero ahora tan casi cegos de todo. Cando facían as monterías os pueblos todos, acorralaban or lobos neses boios, tíñanlles unhas trampas con ramas por arriba e eso todo aló marchaba embaixo.
O contrabando
Eu inda fun ó contrabando cun señor que xa morreu que se chamaba Ramón. Ibamos ó café a Turei ou por aí por Prado, traiamos unha campanilla ou así. Ibamos varios xuntos e algunha vez levei a besta, pero enterouse meu pai e díxome que de besta nada porque se nos detían un día e me decomisaban a besta despois tiña que ila coller el e paga-la multa. Traïamos uns trinta quilos ou así de café, que xa estaba encargado casi todo. Traïamolo pa casa, a veces, si quedaba algún. Collíancho por aí nas tiendas, nos negocios...
Entroido: o testamento
Se alguén tiña a disgracia que lle morría unha burra ou un burro ou un castrón, faguíanse coplas. Era como un desafío, contar a historia esajerada do animal hasta o día da súa morte. Acórdome dun castrón ao que lle figuemos o testamento, afogouselle elí a unha señora porque o castrón era unha cousa que se tiña pa o
rabaño do pueblo, pero non podía andar siempre no rabaño porque había un tempo limitao porque senón había cabras que entraban en celo máis cedo do normal e depois esas crías non iban adiante. I a muller, no tempo que non se podía botar co rabaño, tíñao elí nunhos huertos e coljouselle. E como tiña fillas mozas, fixéronlle a copla. A xente casi siempre o tomaba ben, pero podía haber unha excepción de alguén que se enfadara. Tomábano como unha diversión e iban mozos do Ribeiro e doutro lado escoitar o testamento e xa quedaban elí e beilábase toda a tarde e toda a noite.
Corpus
En Corpus, o cruceiro vestíano cunhas sábanas que bordaban á mao que eran preciosas. Vestíase o cruceiro todo de diferentes colores e claro, en Corpus había moitas flores en todos lados, e levábase a procesión desde a iglesia ó cruceiro darredor e aquilo vivíase con moita devoción.
Fuxidos
Eran dous i o meu pai, pois tamén lle tuvo algo, pero sempre sabía onde estaba. Chejou a durmir no muíño. Eran republicanos e cando fora o da República fixeron a Casa do Pueblo e pa aqueles tempos estaba bastante ben preparado, dixéronlle que era o secretario que tiña que levar as cousas. E despois cuando foi da guerra do trinta e seis, aos falanguistas deulle por andar detrás dil e tamén querían que lle dixera doutro que andaba no monte. Meu pai era Francisco Morgade Quintas i o outro era Eliseo, que anduvo dous ou tres anos escapado.
Os velorios
Faguíanse na casa e foi unha cousa que estuvo moi ben cambialo porque eso era un jaleo! Vamos a ver, cuando morre calquera pois é unha pena. E pasabas toda a noite pa lle faguer compañía ár familias. Pero despois aquelo era un cine! En vez de ser un velorio, aquelo era un escándalo porque nós metiámonos car mozas, si algún durmía pois atábanselle os pés i atábanselle aos da moza do lado, que ó mellor non se podía nin ver.
Os gaiteiros de Carpazás
A min gustábanme moito, tiñan unha cousa típica, un sonido típico diles e o estilo de tocar, tocaban cos buratos casi todos pechados e tocaban ao cierre pa baixo, que era máis bonito, polo menos pa min. Os de siempre eran os dous cuñados, Dámaso e Ricardo.
Outros músicos
Faustino Santalices era loco pola gaita, a zanfoña... Eu vir vino unha vez, estaba xa maior. Faustino tocou cun de Juín que tamén era jaiteiro, Couselo, e cun señor que era moi bo jaiteiro, Oliverio de Entrimo. Oliverio, da Terra Chá, era moi famoso por aiquí. O home tocaba moi ben. Na Granxa tamén estaba o señor Elías, que tocaba moi ben; e o Adolfo, que falleceu. O Elías tiña unha dijitación de bombo moi bonita, maiormente, para tocar el solo.
