
4 minute read
José Dorado Rodríguez
José Dorado Rodríguez, é natural do barrio do Vieiro de Carpazás, onde naceu en 1940. Cunha dura vida desde neno, estivo emigrado en Suíza, onde aínda residen as fillas. Alí traballou dezasete anos de fontaneiro.
A infancia
Advertisement
Recordo que pasamos moita miseria. Eu tiña que ir coas cabras porque ao meu pai non o conocín. Morreu cuando foi da guerra i entón había que traballar, porque eiquí eramos pobres, non tiñamos cartos pra pagar un xornalista. Entonces estaba miña nai, que foi quen nos criou, i un abuelo, que foi quen nos axudou criar a min e a miña irmá. Eramos dous. E fúmonos defendendo como pudemos. Había quen pasaba fame. Nós non pasábamos fame, de pan. Do resto, como se podía.
Os xogos
Xogar, xogabamos ás cartas, á billarda ou á porca, que levabas cun pau i unha cañota, a ver quen a metía no buraco. Era co que nos embobamos os rapaces antes.
A facenda
Tiñamos unhas tres ou cuatro vacas e unhas doce ou quince cabras e traballabámolas fincas e viviamos da pobreza, non había outra cousa. Criábamos porcos
tamén para nós, pra matar. Daquela matabamos un e ghracias. Inda vendiámo-los xamós para comprar a cría pra o ano que ven. Os xamós levabámolos a unha casa a Sabucedo, chamábanlle o Becas, que os collía. Tamén viñan pola porta os xamoneiros. E vendiamos os xamós e comprabamos carne castellana, aquela carne gorda... porque rendía máis.
A rolda
Andaban á rolda. Ao mellor nós tiñamos tres días, o viciño de aí tiña tres ou cuatro. E por cada tres cabras, ibas un día.
O lobo
Ai, lobo había ben deles. Máis que ahora. Tiña eu uns cabalos aí no monte e comeume un cabalo bó, un cabalo bó que tiña. Matouno e comeuno.
O contrabando
Algho inda fun, a levar e a traer. E a andar escapado e pasar como se podía. Noite de inverno, unha noite de neve...pasamos como pudemos. Traiamos ao mellore dez ou vinte quilos de café nunha caballería. Eiquí paghábancho a cincuenta pesetas e alá valía a mitae... ghanabas... ao día ghanabas... Tería dezaoito ou dezanove anos.
Suíza
Despoise emighrei pa Suíza porque eiquí, claro, tuvemos tres rapazas ei non había maneira de facernos unha casa como é debido e vivir un pouquiño decente. Entonces marchou a miña muller cunhas primas dela. E mandáronlle o contrato a ela. E díxenlle: - mira, tu vas tu e eu quedo coas rapazas e miña nai, porque miña nai daquela aínda podía. - Eu quedo coas rapazas e despois, se iso nos vai ben, para o ano vendemos as vacas e marchamos os dous. E efectivamente, fixo ela mais naqueles cinco meses que eu en sete ou oito anos. Entón vendemos as vacas, vendémoslle a facenda toda, cabras e todo, e miña nai quedou coas rapazas mentres pudo e nós fumos ganar algo. E despois as rapazas foron indo pa alá. I entonces miña nai encontrouse mal e tuvo que vir a muller, deixar a plaza en Suíza e vila atender a ela. Eu traballaba de fontanero i ela nunha lavandería.
Pascua
Era en Pascua e en Domingo de Ramos cando quitabamo-los carros. Ao mellor cambiábaselle o burro a un da corte pra do outro e quitábanselle os arados e íanse colgar a un arbol.
Nadal
O pulpo aínda non o comíamos, daquela aínda era moi lonxe. Sardiñas, cando viña unha lata daquelas grandes, e faian unha sopa de leite e pan. Comprábase un pan ghrande daqueles que había de trigo e faían unha sopa de leite. Muito sabía!
Os fiadeiros
Desde o mes de otubre hasta o mes de marzo as mulleres xuntábanse na cociña. Xuntábanse as deste barrio ao mellor eiquí; as do barrio de abaixo, que chámanlle a Touza, no lado de abaixo; as do barrio da Iglesia noutro, o barrio do Outeiro noutro... e así.
Fuxidos
Aquí houbo un home que botou tres anos escapado durante a gherra. Era Eliseo Fernández. Tres anos escapado! Despois entreghouse, porque estaba aburrido e veu unha orde de non matar a nadie que non tuvera as maos manchadas de sangre, entón saíronlle tres ou cuatro anos de carcel, en Alcalá de Henares. Cumpliu a súa condena e depois viviu eiquí, nesa eira. Ás veces cuando se levantaba a muller estaba a casa rodeada de guardia civiles. Pero il xa saira por outro lado. E así botou tres anos no monte. Foi ben duro e ben valor tuvo.
Fusilados
Fusilados en Carpazás non houbo ningún, pero por aquí darredor houbo bastantes. En Nigheiroá afusilaron ao Nocha, en Vilar e no Ribeiro afusilaron a outros dous ou tres que non sei como se chamaban. Os fascistas viñan e quitábanos de noite e matábanos e nada, coma se foran uns cans. Aquí a banda era a dos fascistas, en plena guerra, que buscaban os que non eran do mismo partido e se os collían, liquidábanos.
O loito
O luto era máis righuroso que aghora. Polo pai normalmente eran tres anos e polos abuelos era un ano. Os nenos desde os cinco anos, seis, xa lle poñían luto tamén. Andaban de negro. Era unha cousa atrasada, pero bueno.
Os velorios
Uh, atábanse uns aos outros... Bueno, era un cine! Botábase palla na casa e a xente dormía alí na palla. Depois á mañá dábaselle a copa a todos e ao mellor un aparecía atado o outro. Eran moitas horas, claro.
Os gaiteiros de Carpazás
Antes había máis diversión, se queres, que aghora. Aquí había uns gaiteiros, no Entroido tiñan tres días baile, durante a semana de Entroido a xente disfrazábase. Non había, pero para esas rumbas había, porque había gaiteiros eiquí. Chamábanlle... morreron os dous... o Lamas e o Ricardo. Eran unha banda de gaiteiros.
