5 minute read

Francisco Rodríguez Bautista e Dolores González Rodríguez

Francisco Rodríguez Bautista de 81 anos e Lola, Dolores González Rodríguez de 75, dous fillos únicos que criaron catro, recordan a dura vida de mocidade pero con eses momentos malos, tiñamos outros que nos divertíamos.

A familia

Advertisement

Eu crieime moito ca miña abuela ca miña nai estuvo case siempre fóra, en Venezuela, dazaoito anos. [Lola] Bueno, estaba o meu pai e a miña mai, pero tamén il, tería eu once anos, ghustábanlle as rapazas e marchouse pra Barcelona, e quedei de novo tendo traballos e labores de personas maiores, de homes.

A escola

Nin un nin outro estudiamos hasta tarde. [Lola] Había días moi apurados e había que traballar, entonces ó millor, tíñamos que perder un día de culegio. Entonces dispois, mandábanos á noite onda o maestro que nos enseñara.

Os xogos

Moitas cousas xoghábamos, chamábamoslle ó escondite, escondíamonos, entonces daban. Había outro xogo que lle chamaban o churro, que era moi bruto, puñámonos así e saltabamos unos por riba dos outros. Outras veces saltábamos distintamente

un eiquí, outro alí. Muitos xueghos, eu que sei. Divertíamonos, que aqueles eran os xueghos, os xoghetes que había, facíamolos os nenos. E logo, xuntábamonos todos, xoghábamos todos.

A luz

E non había, claro, luz eléctrica, nin nada, de ghas. A luz eiquí cheghou o ano sesenta e un e hasta aí era todo con candiles.

O río

Antes as mulleres tiñamos que traballar moito, principalmente no campo e a casa. E tiña que lavar. Ibamos por a hora do mediodía, pois terminabas de comer e recollías un pouco, e aí ibas ó río. Despois terminabas ou xa non terminabas siquera, e xa tiñas que ir outra vez pa fóra, po campo, i é así. E carrala auga, traíase da fonte. [Lola]

Os nomes do monte

Moitos nombres, Pena da Orelluda, o Ferranchano. [Lola] Chamábamoslle alá o Alto de Eiradas, cada trozo tiña un nombre. Cuando ibas buscar as vacas á tarde, algún que iba un pouco máis tarde disen, -Eh tu, viches as miñas vacas?-, -Pues mira, andábanche en tal sitio-, dábanlle un nombre e sobre aquil nombre pois un iba.

Os matrimonios

Naquela época, máis ben casábase a xente no pueblo ou ó lado do pueblo. Porque tamén non había comunicación, nin carreteras, nin nada. Entonces, distanciábamos os mozos, que eran os que nos distanciábamos e as mozas, as mulleres, pois claro, non salían do pueblo.

O minerio

Bueno, eu acordo, chamábanlle esto do minerio, o meu pai anduvo niso tamén cos portugueses. Incluso un quedou de lle paghar e non lle paghou e trouxérono pra eiquí. Pero a muller que sabía onde viña, veu e dixéronlle, -Mira, cuando nos traias o diñeiro, deixámolo ir-. Entonces o meu pai i outro viciño tíñao eiquí na nosa casa. Deixáronos durmir xuntos, pero el era moi espabilado, e vese que falaron de noite, -Mira, vas alá onda o cabo portugués e dille que veña falar co de eiquí, que me teñen eiquí mitido-. Efectivamente, iles pensaban que iban buscar o diñeiro pra paghar. E veu o cabo portugués onda o de eiquí e chegharon -Teñen que botar un

portugués que teñen eí fóra-. O portugués marchou e inda esta hoxe elá, os cartos i o portugués. Así é, despois pasaban muito café, xabón, e bueno, moitas cousas.

O contrabando

Antes todo era camiñando por o monte. De eiquí a Montealegre, reto por onde estamos nós, hai máis de dúas horas, pero íbamos e víñamos. E camiñar cargados. A veces pra lá levábase como iba eu dicire, telas, lle chamaban, e pimiento, cousas así destas. Tamén o bacalau que se traía de Portugal pra cá e de eiquí pra lá. Cargamos bacalau, non eiquí, nun pueblo aí adiante. En dous anos, houbo algunha noite de levar once mil quilos. Con vinte burros cargar once mil quilos. Cada persona levaba un animal en escala. Unha noite non fun eu, e foi un rapaz portugués que tiñamos eiquí connosco. Entonces chegou a casa ás duas da mañá e digo, -Logo, como ves ahora-, -Ah, porque sairon os guardias e tuven que escapar-, e deixou o animal preso alá no monte. E dixen, -Pois ahora ven o lobo, e alá o animal está preso e mátao-. Collín, levanteime e marchei alá, e cuando cheghei, xa un dos viciños de alí, que eramos moi amigos, o recollera. Pero, como esas noites, moitas.

Os fuxidos

Polos montes, eu vou falar de cando andaban a escapar, poque eu nacín xa na guerra. Cuando era novo, inda vivíamos alá noutra casa e había un viciño de eiquí que andaba escapado. Entonces eu era moi pequeno, pero doume de cuenta, acórdome dil. Chamábase Gaspar, il no quiría que nadie o vira, porque o collían. Entón eu dicíalle, falaba inda mal, e dicíalle, apá, ecapa, escapa, que escapara. Entonces, era cuando iba pra cuadra, pra onda os animales e así. Si recordo.

O Carme de maio

A vida era mala, pero a juventú, sin embargo, tiñamos momentos que nos divertíamos. Eiquí nunha casa do pueblo tíñamos un salón e había baile case todos os domingos. Había ghaiteiros, e ó millor viña un doutro pueblo que tocaba o acordeón, así pasábamos. De eiquí deste pueblo seríamos ó millor trinta mozos e moitas mozas, e ibamos todos xuntos. Ó millor xa nós facíamos sesenta personas nunha festa, o sea que había muita xente. Claro que non se iba moi lexos. Ibamos andando e levabamos unhas zapatillas vellas pa camiñar, e antes da entrada, cambiabamos os zapatos máis tal e deixabamos escondidas as zapatillas,

e na volta, volvíamos facer así. Pero non estabamos de noite, ahora as festas son de noite, pero alí o terminar o día, pa casa. [Lola] Antes, ca miseria que había, celébrase a festa o vintecinco do Santiago, e facíase a do Carme, que era a máis tradicional i a que máis éxito tiña. Era no mes de maio, o dazaoito. Había Moros e Cristianos. Aí, chamábanlle danzarís, que inda fun eu, tería por eí catorce anos, íbamos cunhas castañetas, un salto pa diante e outro pa tras, tocando. Entonces íbamos, hasta alá abaixo onde hai unhas granxas, cuns cabalos, botaban bombas e discursos, esatamente igual ca na Saínza.

This article is from: