4 minute read

Carmen Villarino Garrido

O 23 de agosto de 2018 Carmen Villarino Garrido, A Casteirona, cumpriu 89 anos. Rexentou unha carnicería e unha fonda na céntrica rúa de San Roque de Bande, onde xa traballara desde pequena coa súa familia.

A familia e o traballo

Advertisement

Meu pai era Argimiro. Casteirón era o pueblo donde nacera. Casou cunha muller doutro pueblo, que lle chamaban Teresa. Era de alá de Baltar. A carnicería xa era de meus abuelos, dos pais de meu pai.

Meu pai traballaba en todo. Era moi traballador. Tiña obreros pola xente que lle axudaban a facer as labores do campo, pero il traballaba en todo. Compraba os becerros, iba ás feiras e matábaos e despois miña nai vendíaos.

Miña nai dedicouse a traballar como unha mula! Criou sete fillos, e traballa, e tiñamos a fonda i a carnicería, i a traballar. Cociñaba moito. Á miña nai cociñando non había quen lle ganara. Ela cociñaba, e nós traballábamos, e comíamos ben naqueles tempos cuando moitos non tiñan que.

Eu empecei de ben pequena a traballar na carnicería e na fonda, nas dúas cousas. Ao mellor con once anos xa empecei a traballar na carnicería i hasta que me

jubilei. Poñíanme un banquiño pra me subir alí, e xa me dicía nena esto, e aí a. I a nena facía o que entendía, e alí vai.

A carne

Vendíamos cabritos e becerro. Os becerros ía meu pai á feira cunha caballería e comprábaos, e traíaos, e matámolos. Logo tiñamos unhos mosqueiros daqueles antiguos e, cunhas telas de rede, desas que non entraran as moscas e, gracias a Dios! E despois enseguida que viñeron as cámaras. Despois xa fixeron tamén a praza de abastos. Tiñamos o puesto na praza.

Pasar o ferro

Para planchar, tiñamos unha plancha de carbón, e despois xa viñeron as eléctricas... Había que botarlle brasas dentro, e carbón, e unhas veces soprarlle ca boca e outras veces cun fuelle pra que se puxera. I unhas veces quecía de máis i outras veces non daba quecido!

A horta

Na horta tiñamos un canastro, que collíamos millo, pra darlle millo aos cerdos.

O pan

Cuando foi o ano da fame, que non había, facíamos o pan e había fornos pra cocer o pan, que eiquí alí onde a iglesia hai un forno. E daquela xa gracias que había cuartos para comprar o millo, porque a nós non nos chegaba o millo pra todo, pros animales e pra todo.

A fonda

Aquí pasaba xente de todo. Había os máis ricos, máis pobres. Había outra tamén, que non era solo esta. Xente eiquí había a montóns. E hoxe non hai nadie. Antes viñan moita xente que paraban. Hoxe, por ejemplo, de Orense eiquí non se para nin Cristo. E daquela paraba todo o mundo, uns a comer, outros hasta quedaban a durmir porque non había coches nin había tanta cousa. Nós, que aí estaba o xulgado, no ayuntamiento, e viña xente desde Puente Barghas eiquí ao xulgado e desde Calvos de Randín e depr’alá do quinto inferno. Entonces, nós estábamos ao noso, había que traballar se queríamos comer.

Os xogos

Xogábamos á billarda, ás bólas, tiñamos os diabolos que eu dáballe moito xeito, que non os tiñan tódolos rapaces porque valían cuartos! E bueno, xogabamos ao que fora, hasta os escondites, a saltar á corda, todo eso facíase. O que non fan ahora. Xogabamos polo pueblo e na plaza non había cemento, había barro, e xogabamos ás bólas e coas pelotas, a que a tiña, i a que non miraba para elas. Cando viña os Reis, a nós siempre nos poñían unha muñecas ou uns caramelos, o que fora.

A festa

Aquí había o San Roque i o San Sebastián. Buf, de festas eiquí estábamos en primera. O San Pedro. E os puebliños estes darredor todos tiñan, e teñen, i aínda a siguen tendo.

O Entroido

Disfrazámonos os rapaces, colliamos calquer cousa, e corríamos o Entroido todo por aí que se mataba.

San Xoán

Aquí polo San Juan collíanse as flores, e quedaban aquela noite ao rocío, e pro outro día lavabamos a cara con elas que dicían que quitaba o meigallo. Lavábase todo Cristo con aquela auga.

Bande

Desde a iglesia hasta eiquí, dun lado e do outro que había casas, i había negocio e tódolos sitios. Había ultramarinos, zapateiros, latoneiros, había de todo! Pola calle de Orense, desde aí desde o cruce hasta a última casa que está caída, había tabernas e cafés. Eiquí era un sitio de moito ambiente. Ahora foi morrendo, pero aquí había moito. Era un sitio moi importante. Cesteiros, ferreiros... había de todo!

Portugal

No ano da escasez, ibas a Portugal a comprar o bacalao e traías de todo, de Portugal.

Faustino Santalices

Faustino inda era pariente, era primo carnal de meu pai. Cantaba moito e a zanfona. Eu deso xa non me acordo moito. Do Faustino aínda me acordo algo. Sentábanse eiquí nun banco que tiñamos e parábanse aí a falar e toda a historia.

This article is from: