
3 minute read
Manuel Medela Martínez
Manuel Medela Martínez, Medela o Lixeiro, é natural de Santa Cristina. Naceu en 1930 e tivo unha irmá xemelga. Os dous criáronse cos avós, e el traballou máis de trinta anos en Ourense nas obras. Segundo di: a miña vida foi unha historia. Eu teño unha historia ben grande!
A infancia
Advertisement
Se me poño a falar, teño unha historia... Uhh! Descalzo, espido, bueno home! Anduven arando descalzo. Fun á festa do Viso cunhas chanclas cunha tumba aquí diante e por detrás outra correa. Non che conto mentira ninghua. Os vellos non cobraban, eu tiña que ir ghañar pra irme divertir algho. Porque como non tiven nai nin pai, vivín con abuelos e foron eles que me criaron. Os vellos, ó tempo, non cobraban e como eramos dous, miña nai foi pra ganar pra os dous e morreu nova en Barcelona. E alá morreu cando foi da guerra. Non a coñecín. Cando estallou a guerra eu tiña seis anos.
A luz eléctrica
Acordo cando veu! Uhhh! Si hombre! Había un salto aí, chamabámoslle Cadós. Faríase alá polo 54 ou 55.
Os xogos
Xogabamos á billarda. Ohhh! E, con permiso, á porca, cunha pedra. Faiamos un risco eí, coas pedriñas, e pasaba o tempo.
A facenda
Anduven máis cas cabras que na escuela, pero... Despois houbo rolda, pero ó tempo iba cunhas cabras que eran do de Vilariño. Tamén había unha xugadiña de vacas e alghún porco. Matabamos un e ó tempo había que vender o unto.
O lobo
Ao lobo nunca lle tuven medo, pero veu unha vez, veu. Aínda que eu sempre traía bos cans.
Os cultivos
Botabamos algho de todo: millo, fabas...
Os muíños
Ao muíños ibamos alá á Corgha de Xordos, á maquía. Era un viaxe bo coa fariña ás costas!
O forno
O forno inda o hai. É de todos os veciños.
Tecedeiras
Aquí en Souto as mulleres tecían. Había telares, botabamos o liño e había que levalo á Corgha pra que se puxera duro. O liño era máis traballo co millo, pero había que faelo! Faían as sábanas deso. Non compraban, faían as sábanas tecidas. Ó tempo había pulgas e te rañabas contra un e contra outro.
O servizo militar
Puuuu! Dezaoito meses en África. Alí fixen moitas averías, non sei como volvín pra eiquí. Fixen moitas averías, elí fixen moitas averías. Dios mío! E alí, no éjercito, conocín ao Franco. Moi malo era!
Escapados
Ohh! Eu tiven un tío que morreu Portugal. Inda lle pasei alghúnhas vacas pr’alá xa. Tuvo que escapar para Portugal e casou alá. Despois xa podía vir
eiquí, xa viña eí á feira de Bande e compraba dúas ou tres vacas. E á noite, eu i un primo de Santa Comba levabámoslle as vacas. Eu paseinas putas por trinta pesos!
O contrabando
Ao contrabando queríame levar un veciño, pero eu non fun. Café era o que había.
O traballo
Eu non traballei siempre no campo! Noo, ohhh, senón xa morría ca fame home, outra vez. Estuven en Ourense trinta e seis anos. Alá anduven nas obras.
Casamento
Eu tiña trinta e ela vinte oito, Palmira Araujo Simón. Ela era dalá, de Portugal, de Caldelas. Tróuxoa o irmao que estaba eiquí casado.
As festas
Ibamos ó Viso, ó San Benito... Era cerca, pero non tiñamos coche! Non é como agora que ten coche. A do Viso era en maio e San Benito era no vrao e no inverno. Hai dous San Benitos.
Entroido
Eu en Orense tamén saín e iba de muller, oh! E ló puñame unha saia, unha mandileta, o pano, eu iba, ela púñame ben a min.
San Xoán
Carros botei poucos porque non me ghustaba, oh, andar polas casas adiante co carro. Pero botábanse augha e lavabamos a cara á mañá. Botábanlle unhas flores e deso.
O Nadal
O meu abuelo, que en paz descanse, sempre quería o bacalao con verzas. E asabamos eu i o meu abuelo a bica nunha pedra. A bica puñamos o lume, nos tres pies, e puñámola alí e quecía, e botabámola alí a masa e asábase alí. Sobre todo cando non tiñamos pan, que neste tempo non se podía faer moito porque podrecía. Facíamos dúas ou tres broas.

Os velorios e o loito
Facíanse bromas, ehh! Quitábamoslle os zapatos e escondíamolos e iba descalzo. O luto agora si non o gastan, pero ó tempo si. De neno xa había que lle poñer a camisiña para ir ó colegio.