
6 minute read
Historias da vida en Muíños: Carmen Rodríguez Domínguez e Julio Rodríguez Fernández
HISTORIAS DA VIDA EN MUÍÑOS
Carmen Rodríguez Domínguez de 73 anos e Julio Rodríguez Fernández de 78, son coñecidos como Carmen e Julio do bar, pois rexentaron un en Porqueirós, onde se celebraba a feira ata a súa xubilación hai tres anos.
Advertisement
O xabrón
Eu cheguei a facer ca graxa ou botábaslle un pouquiño de aceite, e xa daquela se lle botaba o Ariel da lavadora, que durábache máis pra fregar por eghemplo os paños da cociña e cousas desas, e botábaslle a sosa. Todo o que che marcaba. [Carmen]
A escola
Solo o que era antes estudios básicos, il en Cados, onde naceu, i eu eiquí en Porqueirós, a escuela era mista. [Carmen]
Os xogos
Bueno á pita cegha, á billarda, á porca, á rueda. Pasábase de marabilla. Si, xogábamos a todo coma os homes. [Carmen]
O liño
Había os telares. O liño daba muito traballo. Primeiro había que sementar, despois cuando servía, sacalo e ripalo todo, sacarlle a semilla, despois facer unhos feixes e levalos ó río, e botaban quince días máis ou menos. Poñíase unhas pedras por riba. [Carmen] Botábase a secar e despois mazábase todo. E era cuando había unhos rastrillos, ripábase. Primeiro fiábano e despois nas dobadoiras pa facer as meadas. Era como si foran tres paus postos nunha liña. E entonces empezabas a poñer o primeiro fío, íbarlle dando abaixo ó pau aquil e iba envolvendo. [Carmen] E ó fiar todo, facían as mazarocas, lle chamaban. E despois é cuando tecían nun telar. A miña nai si teceu, que era do Barrio de Muíños. E moitas vellas facían refaixos, que non sei nin como se aguantaban. Eu eso xa non recordo. [Carmen]
O muíño
Tiñamos un burro e víñamos a tres quilómetros ó Muíño de Torrente. Eu e a miña nai con carretillo dunha roda ó noso Muíño de Riba. E ela collíame cunha corda e pa diante i eu por atrás, e traíamolo así, e despois esa pedra ca auga era un pan riquísimo. [Carmen] Fai moi boa fariña.
O forno
O forno é do pueblo, e entonces cocíase ao millor doce pás, e hoxe cocías tu, mañá cocía outro, pasado cocía outro, á rolda. E si tu terminabas o pan, ibas e decíaslle -Mire, déixame un pan, que cuando volva a cocer xa cho dou-. E millo botábarlle moi pouquiño, nós eiquí case só centeo. [Carmen]
A feira de Porqueirós
I aiquí era unha feira moi grande.Todo eso que se ve e que non se ve desde Xermeade, Mugueimes, era todo cheo. Nós empezábamos ás seis e pico da mañá. [Carmen] Era todos os meses o día cuatro. E viñan os autocares de Orense. Un que lle chamaban Os Americanos e outro Freire i o Ghavelo. [Carmen] Mira que todo o que se ve hacia ás Fraghuas, iso de aí diante que está de pinos cheo, xa non collía a facenda. Pra labranza vendíase no tempo de plantar as plantas todas. Hasta chegharon unhas señoras a vir cos xurelos e traían unhas sartés, poñíanse por aí arriba e fritíanos pa vender. I autros con refrescos. Traían uns aparatos ás costas de corcho ou non sei que era, que aguantaban moito o frío, e vendíanche os vasiños de agua limonada. Había unha señora i un señor que puñan unha tienda que traían navallas e desas roupas, bragas, combinaciós ou visos, de todo traían. I había outra señora que traía como un caixón e vendía o tabaco, que naquiles tempos era artículo de lugho. E entonces decía Piedras de mechero, libritos y tabaco, e andaba pa riba e pa baixo pola zona todo o día a pobre da muller. [Carmen] Faltou a xente e os animales tamén, pero o pulpo hasta que nós tuvemos o bar aberto, siempre. O pulpeiro era de Xinzo e estaba en Mugueimes. É o Pucho e inda recordamos ós pais diles de vire co pulpo. Ghubilamos os dous tres anos fai, e houbo que cerrar.
O contrabando
Cuando tuvemos o bar despós viñan os proveedores, pero moito tempo íbamos buscar o café a Portugal. Eu traer seis con unha irmá miña. Chamábase Sical, que viña das colonias. [Carmen]
Inda fun eu moitar veces con sacos de vinte quilos ás costas. E despois busquei unhos clientes que mos traían. Ghanáballe menos, pero canseime. Traíano de noite nunhas burras, i ás costas. Ó mellor ás tres da mañá petábanche á porta ou por unha ventana que temos aí detrás, e nós agarrábamolo e metíamolo enriba, no escondido [Carmen] Entonces, no sesenta e oito, eran os camiós das obras cuando empezaban... [Carmen] o salto do Salas, viñan descargar e despois eu vendíalle o café, levábano eles tamén pa lle ganar en Orense e por aí. Pero salía caro. Nós xa non chegamos a traer, pero casi toda a xente traía xabón. Despós más tarde aceite, pero nós nunca o trouxemos porque era a granel que non sabías, traía solo unha botella limpia sin nada. [Carmen]
As festas
Antes había unha harmonía de medo, porque estabas esperando cuando ibas ás mozas que viñera o ghueves, porque se iba or ghueves i o domingo. I había fiadeiro ás noites en moitos pueblos. Os fiadeiros eran que as mulleres íban fiar pra alí, e despois tocaban unha pandereta e unhas cazolas e así. E formábase unha festa de noite! No pueblo dil, no meu non. [Carmen] O San Ghuan si. O San Ghuan, a noite de San Ghuan, mecaches en la mar, sacábanlle os carros á xente das cortes, cancelas e todo. E eiquí un ano tamén sacaron un burro a un señor e atáronlle unha corda na campana. I o burro empezou de noite a dar golpes i a tocar a campana, según daba golpes. E cuando era a festa do pueblo, a Aparecida, que hai no vrao ó final de aghosto. Entonces alí todo o mundo no forno do pueblo a facer roscós, batelos cas varillas e despois facelos. [Carmen] Roscós i empanada, era o que había. Asábase un año no forno tamén, o que o tiña. E tamén é moi boa A Clamadoira, lle chaman, íbamos moito a esa e a varias por aí. En Nadal pasábase ben entre familias, e matabas o galo da casa ou comprabas un poco bacalao. [Carmen] Naquiles tempos o bacalao era a cousa máis barata que había, era a comida dos pobres, lle chamabamos eiquí, e hoxe mira que precio ten.
O Entroido
Vestíanse de entroido si. [Carmen] I corrían as casas todas do pueblo e iban ós pueblos de fóra. Eu algunha vez disfraceime de mozo.
Eu destapada, non me ghustaba eso moito porque ás veces dábanche pau tamén. Os rapaces eran máis brutos e como andabamos todos xuntos ó mellor pagábanche puchós ou dábanche pau ou... [Carmen] Ou levantábanche a saia. Sabes con que nos vestíamos moito? Con unhas colchas que había daquelas, que vendían os gitanos, así como de encaixe. Entón atábalo pola cintura i despois empezaron a vir aquelas caretiñas de cartón e púñaas pero vías todo. Ou atábaste cun pañuelo patrás iles, por eghemplo, un pañuelo dar vellas, i así. [Carmen]
Os velorios
Na casa, a familia estaba fastidiada, pero a xente de fóra iba pa alí toda a noite e o que querían era veña contar. En sitios hasta botabamos palla nun sitio pa a xente se tumbaren, e moitas veces prendían as pernas uns ós outros con unhos cordós. Cuando espertaban estaban présos. De comer nada, era pos familiares, pois como eran os entierros todos a mañás, para outro día no entierro e eso. [Carmen] Os familiares i a xente que levaba ó fúnebre, a caixa, O Sindo fixo moitas, i os faroles i eso todo que se levaba, e esa xente toda había que lle dar de comer.
O loito
Cuando foi do meu pai pois inda puxen un vestidiño negro, pero despois morreu o meu sogro e nin il quiría nin eu tampouco, e quedei como estaba, igual. Eí neses pueblos arriba, en Requiás e Guntumil tiñan ese costumbre, ó morrerlle alghén botaban toda a vida, as mulleres cuns vestidos negros anque fóra no vrao que se asaban. [Carmen]
