5 minute read

Rosa García Rodríguez

Rosa García Rodríguez e de Cadós, é non o nega! Nin ela nin o afamado Entroido do lugar no que naceu en 1934, lugar no que se criou e onde segue vivindo. Filla de Sara e de Benito, campesiños, ela tamén se dedicou ao campo, e ten tres fillos e catro netos.

A familia

Advertisement

O papá, que en paz descanse, era Benito, e a outra era Sara, e sempre se dedicaron ao campo. Ademais o papá era ferreiro. Tiña unha forxa e facía moitos traballos. Facía o clavo dos carros, picaba a ferraxe e ferraba chancas, que antes eran chancas! Viña xente hasta da Fragha, Taboazas... Tódolos días había xente na casa. Uns viñan encarghar, outros viñan buscar, outros traer...

A escola

Eu puiden ir á escola, pero moi pouco. E xa non fun á Granxa, aí iban os homes. Eu tuven que ir a Rubiás. As mulleres tiñamos que ir a Rubiás, que cambia moito. Pero aínda que era lonxe, como eramos rapaces, aos poucos corriamos e aos poucos...

O muíño

Eu ahora non sei como estará, pero o noso papá, con paz descanse, tiña un muíño. Tiña é témolo, que inda non llo demos a nadie! Pero non sei se o levaría a augha! Non moíamos á maquía, pero se algún lle pedía a papá para moer, deixáballe a chave. Dáballe a chave e iba a moer, pero non cobraba maquía ningunha.

O forno

Para cocer, era un encanto cocer! Eso era un encanto! E senón pregúntenlle aí eso ao Arturo quen lle amasa á primeira ou ao alcalde de Bande, que veu comer o pan, e á muller, Ana Belén. Había un forno na aldea, pero nós á parte temos un forno aí ao lado.

O pan

O pan unhas veces eran con centeno e maíz, outras veces queríalle botar un pouco de trigho, entonces o pan salía máis grande. Outras veces facíase solo con millo e fariña trigha. Usté xa cocía máis ou menos para oito días para que non fora moi reseso, ou ao mellor chegháballe a nove ou dez. Aseghún. Eso xa era aseghún se comera.

O liño

O liño había que sementalo, reghalo, arrincalo e sacarlle a liñaza. Despois había que levalo ao río i empozalo, cunhas pedras por riba pa que non marchara... I aos oito días o había que ir sacar do río, mollalo, cardalo, e estendelo por unha campiza que secara ben. E despois ilo coller. E despois con estes días bos de sol que quenta ben, que senón non se mataba, había que estar mazando cunhas mazas.

Tecedeira

Eu tecía eu, facíaos eu pra non lle mandar facer a ninguén. Tiña tear. Facíanse colchas, e facíase de todo. Inda teño aí un mantel, feito pola miña mao, de liño.

A veceira

Cuando che tocaba a ti, había que empezar no fondo do pueblo, que botaran as ovellas, berrábase: - boten as ovellas! E se non estaban, tiñas que ir tu a abrirlle a donde estaban e levalas por aí arriba pro monte, todo o día. As dos veciños todos, porque andaban á rolda, lle chamaban. O día que tocaba, tiña que levar usté, se tiñan que ir dous da casa, d’qiuí con elas, tiñan que ir. Pero tiña que levar todo.

Tamén, o día que lle tocaba a outro, usté desocupábase delas. Eiquí poñíanas así: cada cinco cabezas era un día. Eso si que era ir ó monte todo o día! Ir á mañá i hasta a noite, á postura do sol, non se viña pra casa. Tiña que levar que comer, un bocadillo, o que fora. Eu sola nunca fun porque ese puebliño de aí de riba, Cimadevila, aí había outra, e entonces siempre nos xuntabamos no monte.

A festa

Facían o San Ramón o día once. A festa do San Ramón é o día trinta de agosto, pero cambiárona hai moitos anos. Como hai moita xente fóra, e pra ese día xa tiñan que marchar e non estaban, cambiárona.

O Entroido de Cadós

En Carnavales era precioso. Eso si que era precioso. Ao mellor saíase cuatro ou cinco días todo o día, recorrendo por aí os pueblos a pé, camiñando. Unhas veces iban como lle chaman por aí de gitana, outra veces iba de home, outras veces iba cunha piel ás costas. Aseghún. Eu, dunha vez fixéronme ir cun chapeíño negro, non sei nin de quen era, i unhas ghafas, i unha caxatiña. Tocabamos e cantabamos. Ibamos e chegabamos aí a Pereiro, Corvelle ou por aí, e empezabamos a cantar

Somos os de Cadós, somos, somos e non o neghamos, por onde queira que imos, levantamos a cabeza, i así!

Cadós é moi lembrado para o Carnaval porque era mui bonito, mui bonito. Eiquí tiñan o costume de levar o boi ou un carneiro, os cornos. De boi facían os homes. Fagiamos un muñeco de palla, revestido ou como fora, levabámosllo a Pereira:

Eiquí tedes o Entroido das mociñas de Cadós, hasta pro ano que vén habédelo de manter

Se era muller, poñíanlle unha cintura moi bonita ca palla. Se era home, enchíanlle os pantalóns cheos de palla. Tamén as pernas. Como un espantallo pero máis ben feitiño, eh!

Quince días ou oito días antes xa ensaiaba: dice la tarana, que no tiene novio debajo de cama, tiene un San Antonio! Había que ensaialo. Non ibas tu facer un punto i ao outro compañeiro... había que ensaiar todo! I así esas charangadas que fagiamos.

San Xoán

Por San Juan eiquí o único que se fagía e que se xuntaban uns e veña a regharse uns aos outros. Botar caldeiros de aghua ou coa reghadora, e ás veces fría que se congelaba un!

Nadal

Sabe cuando bailan eiquí os carros, ou beilaban, iso si que era: o día da navidá! O día da navidá mismo, aquela noite, si que bailaban os carros. Íbase de día, ás mañás, buscar un carro de toxo e deixábase carghado aí no patio para que non marcharan con el. Pero marchaban cos toxos e todo porque había tanta mocidá... E dunha vez, o noso e o doutro veciño metérono aí no forno e pecharon a porta e non se encontraba o carro. Botou pra aí oito días e a xente ríase toda porque sabía onde estaba. Pero nós non o sabiamos, nin o outro veciño. I eso que meus irmaos andaban no jaleo como os outros. Pero mentres meus irmaos iban fagela a un lado, os outros víñanlle a fager a eles. Éralle así!

This article is from: