
5 minute read
Luisa Domínguez Vázquez
Luisa Domínguez Vázquez, Marisa, ten 76 anos e é natural da Quintán. Aínda que agora vive na Illa, estivo trinta e dous anos emigrada no Brasil traballando de costureira. Hoxe, parte da súa familia segue alá.
A familia
Advertisement
Un irmán do meu pai vivía nos Estados Unidos. I entón ele cando viñan, comprábanos siempre un calzado bonito, unhas sandalias bonitas, e aqueles calcetíns sport hasta a rodilla! E puñiamos moito aquelas flores na cabeza, aquelas flores do campo na cabeza!
A miña abuela fagíanos os calcetíns, as chaquetas, os vestidos, as bragas... fagíanos todo! Ía alí onda o Benino, que era o comercio que había, e compraba uns metros de tela según o diñeiro e despois fagíanos todo igual, para todos iguales.
A escola
Era doña Mercedes que daba escuela pra nós. Os párvulos eran arriba en Charouvil, despois viñamos nós i os homes eran eiquí onde o ayuntamiento. Estaba todo separado.
Cultivos
Eu non conocía as cenorias! Conocía as fabas, os tomates, os pementos, as cebolas e os allos, que se botaban moi pouquiños, unha beiradiña. E fui conocer as cenorias no Brasil!
O forno
O forno era do pueblo. Eu pénsome que era cada quince días que se cocía. Amasábase o pan na casa e levábase ao forno naqueles cestos que había antiguamente de madeira, e despois fagíase as broas do pan.
A facenda
Na casa da miña abuela había dúas vacas, unha becerra, dous porcos e tiñan siempre un burro. Mais era diferente, que era mui grande! Ah, e unha ovella. Bueno, esa non era ovella, era unha cabra, mais era tan grande que nós criámonos co leite dela, co leite desa cabra. Siempre tomamos aquele leite.
Sobremesas
Fagían aquele pan con viño, as tostadas. Chamabálle as tostadas de pan con viño, cun pouquiño de azúcar por riba. Na Noche Buena fagíase moito. Eu non acordo outro dulce. Deso, as tostadas, que dicía mamá, e o roscón. Mamá siempre fagía un roscón o día de Ano Novo porque como era San Manuel. Entón tiñan unha botelliña de licor café. I nós estabamos toliños para comer un anaquiño daquele roscón!
Eiquí tamén fan o arroz dulce do forno. E queda rico, queda mui ben, si. É un arroz con leite, mas despois leva azafrán, moitos ovos e manteca. Aquelo queda cremoso, lévao ao forno, e como o acenden por riba, queda doradiño. Bótanlle anís e sabe moito!
Contrabando
Eso falábano moito. Eu acórdome que o meu sogro, Dios o teña onde descanse, despois de eu casar, inda foron levar puntas a Portugal. Ían por aquí por baixo. Eu tiña un parente que xa morreu, e viunos pasar, e fijo que non os veu. Despois comprabas o panciño, e todo o que é aceite, e o que se podía. Era así, era.
A guerra
Só lle tocou ao meu pai i ao meu tío. Ele tiña unha marca nunha rodilla dun tiro. Mais despois estaba bo. I ele non quería que saíese d’alí. I entón dixo: - Vouche
por unha inyección para que tu mellores. I aquelo inchou, e dixo: - É para que non saias d’eiquí, que aquí comes! Claro, alí comía. E se saían despois d’alí morrían ca fame! Eso acórdome de meu pai contar esas cousas, si.
Os velorios
Fagías un banquete i os curas viñan todos comer alí. Naquele tempo siempre se usaba de ter tres, cuatro curas, o que se pudese. E comían o mellorciño que había na casa! Era así, si. Un banquete pra eles i a familia que ía comer!
A emigración
Marcheime con doce anos, tiña doce pa trece. Eu fora criada cos abuelos, e cuando cheguei ao Brasil e me dixeron que tiña que quedar alí... ufff! Pero funme acostumbrando aos meus pais, e a vivir con eles, porque eu non vivía con eles. Más a miña abuela dixo que tiña que ser, que tiña que ir cos meus pais que ela xa tiña edá e tiña que ir. E fui... que remedio! Estuven trinta i dous anos. Tuven de todo na vida, pero despois que me casei paseino moi ben. Eu caseime alá con dezasete anos e tuven moita suerte, que o meu marido era unha persona cen por cento, mui traballador. E non teño que decer.
A viaxe
Ai, madre! Madre mía! Cuando entramos no barco, comemos uns espaguetis... bueno, eu nunca tiña comido aquelo na miña vida. E sabía tanto! Mais despois, aquelo, madre mía! Foron doce días de barco. A miña nai comigo e coa miña irmá e outra señora con outras dúas nenas. Todos na misma habitación. Ao barco chamáballe Charles Tallier. Fóranos levar o meu tío a Vigo e foi a primeira vez que eu vin mil pesetas. Nunca vira mil pesetas na miña vida. E miña nai tirou aquele diñeiro e dixo vou enroquetar aquí nun pañuelo, despois noutra cousa, e despois escondelo dentro dun bolso. E eu nunca tiña visto aquelo. Era unha perra, un can, dous reás. E só. Dous reales e se acabó. Non había máis.
O traballo
Eu traballei de costureira. Arremataba roupa e aínda era menor de idá. E entonces dábanos aquela probalidade, e eu fui traballar. Traballei siempre. Chamáse confeccións Eda. Cuando cheguei alí, dixéronme si sabía rematar roupa. I a mamá siempre me ensinou a fager vainica... fagiamos así deso. Eiquí xa sabes que non deixaban a ninguién sen aprender. E claro, sabíase fager algunha cousa, pero mui pouco. Mais eu díxenlle que sabía, porque tiña que traballar. E só me dixeron que


levase unha tesoira i unha agulla pra coser. E levei. Era agradable o que eu fagía. Despois, na Noche Buena, eu traballaba na tienda, fóra, pra vender. Logo xa sabía falar e xa ganaba un pouquiño máis.
A volta
Meu marido comprara esta casa para os meus sogros porque eles, antiguamente, coitados, tiñan o que podían. I o meu sogro enfermou moito e non había un baño, non había nada. I meu marido veu aquí i dixo non podía ser. Entón veu e comprou esta casa. E despois, claro, nos viñémonos despois de que o operaran a el do corazón. Viñémonos por causa de enfermedá, que senón...