
5 minute read
Francisco Álvarez López
Francisco Álvarez López, Quico do Estanqueiro, naceu en 1940. Orfo de nai desde os nove anos, cando os rapaces da súa idade xogaban, el dedicábase a facer as labores da casa. Xa de mozo, estivo na construción en Francia. E agora desfruta da xubilación no Souto, en Monte Longo.
Os do Estanqueiro
Advertisement
Na casa tuveron estanco, pero eu non o acordo. Tuvérono os bisabuelos ou abuelos.
A infancia
Con nove anos eu era o home da casa. O meu abuelo iba a traballar e eu a facer o caldo, limpar a casa, e de todo. Ó tempo era boa de limpar, pero con nove anos facía o caldo coma unha muller. Axudaba ó meu pai, e meu irmao depois marchou para Asturias e quedamos os dous solos, en fin. Unha vida de esclavitud. Ás noitiñas, os rapaces da miña edá, que naquel tempo éramos moitos, iban todos á eira do Forno xoghar ós escondites, a cadena e a esas cousas. E eu tiña que acomodar o porco, munguir a vaca, levar augha pa casa... Cantas veces viña ca ola de barro e tocaba contra unha pedra, e alá vai a augha toda! Alá todo, e así. A vida é así.
A brisca
Antes pasabamos o tempo xogando ás cartas, co candil de ghas. Eí na miña casa era o sitio onde se xuntaban os homes todos do pueblo, e inda do pueblo de arriba. E se botaban as partidas co candil de ghas. Xoghabamos á brisca. Outro xogo no había.
O muíño
Uiii! Ó muíño cando era novo, eí abaixo no Corgho tíñamos tódolos meses o día catorce andaba así, por días. Tiñamos o día, e eu collía a fariña do día anterior, botáballe o millo e pa outro día iba coller eu a fariña e botáballe o outro e así. Andábamos así.
O contrabando
Algho anduven. Pero paghábanme, non era pra min, eh! Tería dezaoito anos. Saiamos por eiquí á noitiña, pasabamos a Fragha, xa de noite para que non nos viran os ghuardias, e pasabamos a fronteira por enriba da Fragha hasta a raia. Despois baixabamos, botábamos alá todo o día, e á noitiña p’acá con trinta quilos de café ás costas e uns lingotes que había de cobre. Cada vez mandábanos traer a súa cousa. Ó mellor hubo veces de ir nove ou dez personas. Traendo trinta quilos ás costas, eran trinta pesos. E se levaban un cabalo e o traían carghado, eran sesenta pesos naqueles tempos. Trescentas pesetas! O meu irmao, que en paz esté, que xa morreu, viña co saco ás costas, e unha vez que veu ós ghuardias, tuvo que tirar co saco e alá zapatilla, foi dende a Fragha foi aparecer a Ghrou.
Emigración
Traballei eiquí e despois no ano 64 marchei para Francia, botei alá unhas temporadiñas e volvín. Eu caseime con vinte anos. Cuando marchei para Francia tiña unha rapaciña de catro o cinco anos. Alá traballei na construción.
Fuxidos
Eu oíalle contar ó meu pai i ó meu sogro, que era d’eí do puebliño de arriba, que estuvo escapado en Portugal, en Crasto lle chamaban, Crasto Leboreiro. Hasta que despois caíu enfermo, tuvo que vir, e claro, entregáronno, curáronno, leváronno para o hospital e despois d’elí pa ghuerra. Andaban escapados. Escondíanse cando viñan por eí os falanghistas, que lle chamaban, e así que marchaban, viñan outra vez pra casa.
Fusilados
Fusilados eiquí, así fusilados, non. Eiquí morreu un na ghuerra, o pai de Gerardo, non se sabe nin onde. Era de Ghaiás. Pero fusilar equí, andaban os falanghistas, que o mellor viñan e sacaban a calquera da casa tal, pero matar así veciños, de por eiquí, non mataron a nadie. A un veciño meu d’eí, o pai do Nieves, viñeron e sacáronno da casa. E chegharon eí ó alto e levábanno para matar. Pero había un que era amigho d’il, tamén desa banda, o Caetano, e dixo: - Non, a este home non se lle toca, este home vai de volta pra casa. E non o mataron.
San Xoán
Alghún carro movín! Inda fixen unha que me quedou pesar despois facela. Unha veciña que vivía nesta casa, por detrás tiñan unha eira e estúvolle un carpinteiro botándolle o eixe e axeitándolle o carro. E eu i outro rapaz, outro mozote, de noite collemos e botamos o rodado, o rodado solo, por eí abaixo e fumos botar á Corgha embaixo. E depois o marido, busca, busca, busca e non o topou nin lle dixemos onde estaba. Quedou alí, debeuse pudrir na Corgha, no reghato. Fuiche certo, eh!
Tamén había unha muller eí, Milia, de mote a Clarina, que tódalas noites de San Juan íbanlle sacar o carro. Entonces, o Satanás púñase na porta, agarrándoa por fóra para que non puideran abrir, e ela levaba para arriba unha ghalla, unha forquita. E entrabas no curral e ela ca ghalla colghada nunha ventaniña que salía cara eiquí fóra. E para cando saliran co carro, deixarlle cair a ghalla. Eu non estaba, pero os outros, que eran maiores ca min, déronlle a volta ó carro no curral e botárono de cu. E ela, así que viu saír o carro, deixou cair a ghalla, pero iles viñan atrás, e leváronllo por eí abaixo e escangalláronllo todo.
Na víspera da noite de San Juan, o vinte e tres de junio, traíase sabugheiro e estraloques e púñanse na entrada das casas e na porta para as cobras e pra que non entraran os sapos. Dicían que era bo, non sei, non sei para que! Pero inda este ano lle puxemos. E a miña muller botou moitas herbas e pétalos das flores nunha tina, e á mañá antes de que lle dera o sol, lava a cara cas mans. Requisitos, requisitos!
Satanás
O Satanás víñalle de que según dicían, il era de alí de abaixo do Baño e andaba nunha figheira aos fighos. E veu o dueño e dixo: - Eh, tú, que fas eí, oh? E foi e il
escapou, botóuselle polo tellado da casa adiante, - Eih! Satanás non me rompas as tellas! Que me rompes as tellas todas Satanás! E así lle quedou Satanás. Según dicían eh! Eu non o vin.
O encoro das Conchas
Era eu neno e acordo de irlle levar ó meu pai, que en paz esté, a comida. Traballaba alí no salto e despois andou facendo outra carretera nova por eiquí máis por arriba. E cando andaba eí na carretera, baixáballe a comidiña a mediodía, pra que il non viñera acá. Cando veu Franco, o marido dunha miña tía púxolle na carretera, non sei se foi con tinta se con que fora, lle pintou elí, no lle fixo nada malo! Sólo lle puña que por favor que fixeran un puente para poder comunicarse, porque antes había o puentiño para Mughueimes e por eí, pero quedou tapado coa augha. Puxolle alí algo, non sei que lle puxo, e deica pouco lévano preso.