6 minute read

Nicanor Veloso Tombo

Nicanor Veloso Tombo cos seus 78 anos é un dos tres homes de acordo do Couto Mixto. Casou cunha veciña de Meaus, con quen tivo catro fillos. Emigrado a Suíza, voltou para traballar como forestal e seguir co campo.

Os xogos

Advertisement

Elas xoghaban a un xogho que lle decían as pedriñas. Nós xoghabamos á billarda, ó xogho do gharabullo, aquí chamábanlle o xogho do gharabullo.

A malla

Eiquí sembrabamos patatas, centeno, maíz i algún trigo do ano. Despois veu outro trigo que dicían o tremeseño porque se sementaba no mes de abril, ese veu más tarde. Por iste tempo estaba recollido todo o centeno, que seghabas a mao cun ghadaño, lle chamaban eiquí, e despois outros señores ataban os mollos, e traíase pa eira. Faghíanse unhas medas grandes e aquelo todo cerradiño de pico enriba, e despois viñeron as máquinas de mallar, e despois viñeron outras mar modernas que se limpiaban, se non antes caía o ghrao no suelo na eira. Eso fáloche de cuando eu tiña dazaseis, dazasete anos. As eiras, había dúas ou tres, alá abaixo indo cara á iglesia. Varias en cada barrio. Entonces hoxe mallabas tu, i aquel e aquel ibamoslle axudar, uns ós outros.

O liño

Pois o liño sembrábalo, recullíalo e despois se levaba no río, cuando lle sacaban o baghaño, aquelas sementes cun ripo. Aquelo enriábamolo abaixo no río Salas, había uns pozos e unhas pedras por riba, e botaba alí unor días. Pos entón sacábano a uns campos e estendíano pa que secara. E logo traíano pa casa e mazábano, despois tascábano as mulleres nunha corte, púñanse sentadas a esta altura. Aquí había unha táboa grande, arriba, que lle chamaban o espadeleiro. Pois entonces de aí era cuando laborábano pa fiar, as mulleres fiaban na roca e co fuso, dale que te pego, e urdilo e levalo ó tear. Miña mai sabía tecer e a madriña que me criou, era unha gran tecedeira. Tiña o tear en casa.

O forno

O forno está eiquí á nosa espalda, pa cocer tamén todas as personas do pueblo. O sea, amasan na casa co formento madre. A masa xa léveda de casa viña praí nuns cestos. Aquí tendían nun tendal que había, entón varrías o forno e pan pa dentro. Faguíase un pan moi bo eiquí. Había unhas señoras que eran divinas facendo pan de millo masturado con centeno. Un pan que hoxe non roxe coma ese, no.

O traballo

E non cambiou nada de traballar no centro de forestais a traballar na costrución oito horas en Suíza i pa casa. Aquí ó millor botabas vinte horas no monte, dependía dos acendios. Tiñamos tres turnos de mañá, de tarde e de noite, e na hora deste tempo había que facer vigilancia e tal. E botei de forestal dez anos. Por esta zona, na comarca de Xinzo de Limia. Eu fun ó Xurés apaghar fueghos, e fumos alá ás Neves, saben, de Pontevedra palá.

A emigración

Eu estuven fóra de solteiro, a primeira vez que marchei. Tiña vintetrés anos e fun para Holanda e despois viñen para Barcelona. Acababa de vir da mili. Depois vin e me casei. Logo marchei a Suíza, xa os rapaces traballaban no campo, e cullían o tractor, pos que eran de dazaseis, dazasete anos, e ganado tiñamos moito eiquí, esto era moi boa zona de ganado. Primeiro estuven nove meses no hotel Männliche, nunha montaña alá arriba de Grindelwald. Despois vinme e botei aquí un tempo, e logo marchein pa costrución cerca da fronteira de Italia. Traballei alí tres anos, logo cuatro en Kandestek e aí despois volvín para acá, porque me deron palabra que me metían na Xunta.

O “Mixto”

Arriba no monte “Mixto”, xuntábamonos alá cos portugueses e cas portuguesas, e bueno, a veces tamén había algho de piques entre a xuventú e tal, pero eso foi, pasando. Nós temos propiedades por aí arriba que son nosas, de eiquí, que son de leña pro fuegho. Están na relación e pagaban, un ano iban pagar a Portugal, i a outro ano pagaban a España. Unha pouquiña cousa, pero eu recordo que iba a miña madriña i unha prima do meu pai, os que tiñan propiedades alá arriba. Despois aquelo foise perdendo, pois claro, pasaba pa España.

O contrabando

Aquí o contrabando ibas aí a Turei (Tourem), e cuando te metías no Camiño Privilexiado ese, o camiño que era dos contrabandistas, aí xa nin carabineiros, nin nada che podían sacar as mercancías, o que comprabas. Despois aquelo foise olvidando e todo o que traían dalí era contrabando. E os ghuardias civiles estaban na fronteira e sacábancho, ben un quilo de café ou un quilo de azúcar, porque era máis barata alí. O café era moi bo en Portugal, taba aí o Sical, que viña de Angola.

Os fuxidos

Meu tío Castor anduvo escapado, foise pa Portughal. Despois botaron alá escapados moito tempo e despós, cuando se terminou a gherra presentáronse, e foron recarghados a África cinco, seis anos, pero, libráronse dos tiros. Morreu con noventa e sete anos. Meu pai xa estuvera en Barcelona, colleuno alá na parte dos roxos lle dicían. E bueno, hasta caiu ferido na guerra. E despois, claro, na vida de Franco non pagaban esas cousas. Despois máis pa acá descubrínque meu pai podía cobrar pola metralla que lle entrara no corpo, e arranxamos, pero cuando tiña que pasar o tribunal en Coruña, tiña o biombo posto pa morrer.

Os velorios

Eran na casa, cada un coma a tiña. Aquelo non era mui correto. Habíaos que duraban dúas noites. Aquelo non era velar, aquelo era unha comedia. En vez de ser un velatorio, era un fiadeiro, porque as casas, como estaban as casas. As de menos de cen metros cuadrados, unha cama nunha esquina, unha cama na outra. Despois ter o cadáver aí no medio, nunha mesa na que a tumbas pa alí mirar, bueno, pódoche explicar que había chistes, había tonterías. Eso non estaba correto. Cuando non había escuela aquí, pos preparouse esto un pouco máis e tal, fighéronse aí uns baños e estuveron aquí. Estabamos até as dez, pechabas a porta e nada. Aquelo pa min era un atraso. Ahora hai que ir pa Calvos de Randín, ou pa Baltar ou pa Xinzo, onde teñan o tanatorio.

O Couto Mixto

Aquí non daba o soldado. Eu conocín o primeiro soldado que foi deiquí á mili. Un señor xa hai corenta anos ou cincuenta que morreu. Nin pagábamos a contribución, o sea, era coma Andorra. O que me cuntaba miña abuela, có propio libro do Couto Mixto tiña un valor inmenso. Era un libro seica moi ghrande, que estaba na hucha das tres chaves. Ese era o que tiña a importancia da leyenda do Couto Mixto. Entonces, hai un cura, por che dicir algo, de Tosende, eu porque mo contou miña abuela e outras personas. Naquiles tempos, e o señor de aí de Santiago, que lle dicían o don Pascual foron os que camuflaron o libro ese. Entonces dixeron, por máis seguranza, como aquil era un señor que tiña un comercio, vámolo levar pa casa de don Pascual. Levaron a hucha pra tela alí guardada. Despois volveu aparecer a hucha na sancristía de Santiago, pero o libro non apareceu. E según dicía a miña abuela tiña letras e as capas en ouro. Eso pódencho dicir outras personas aquí do pueblo. Entón aquel che explicaría o que era o Couto Mixto.

This article is from: