
4 minute read
Historias da vida en Entrimo: Ana María Álvarez Rodríguez
HISTORIAS DE VIDA EN ENTRIMO
Ana María Álvarez Rodríguez, Anita, é natural do Casal, na parroquia de Santa María A Real de Entrimo. Ten 84 anos e estivo 47 emigrada no Brasil. Na entrevista estivo acompañada por unha das súas irmás, Concha, dous anos maior que ela e que sempre estivo na aldea.
Advertisement
A familia
Tuvemos un irmao que foi ao servicio militar. O primeiro que foi, estuvo tres anos polos Pirineos. E cuando veu a primeira vez había un ano que se fora... e veu mui mal! Miña madre neso era mui adiantada, nos tempos dela. Mui, mui, mui adiantada. E cuando veu o meu irmao, non pudo entrar na casa. Temos alí un atenado, un barracón así p’o lado, que é del, e miña madre díxolle: - Vai pra alá, e quitou a roupa porque viña cheo de piollos! Entón miña madre encontrou cun teniente, ele xa estaba retirado, e díxolle: - Don Antonio, eu mandeille o meu fillo vestido e limpo a Franco, pero Franco mandoumo cheo de piollos e desnudo! Naquele tempo non era cualquera que lle dicía unha coisa desas...
As lareiras
As cociñas antes eran nas lareiras. E había mulleres que tiñan cabras de quentarse no lume! Chamábanlle as cabras a aquelas marcas que facían así, queimadas nas pernas.
A fonte
Temos unha fonte alí e outra poza grande á que ibamos moito lavar. Á fonte chámanlle a Bieita! Esa é famosa! É unha auga mui boa. Para lavar tiñamos tanques.
Os xogos
Muñecas de trapo! E os rapaces facía eses roliños mans deses pra andar. Empezaban de eiquí e iban hasta o puente. Os nenos antes non tiñan tanta cousa, pero... Tamén xogabamos ao truco, ao, á rueda, aos coíños, ós pións i había o da bolicha. Ao da bolicha xogábase moito, tanto nenos coma nenas. E moita xente rebentaban as uñas coa bolicha! [Concha]. E á billarda. Collían aquela madeira, batíanlle alí e saltaba. Pero só xogaban os homes aí. As mulleres non [Concha]. Aquelo era só dos homes, dos nenos. As mulleres, as mulleres non podían... i os homes tamén xogaban a aquelo de la mula, non sei que.
O traballo no Brasil
Traballei nove anos nunha fábrica de puntillas e logo nun hotel. Na fábrica das puntillas foi mui bo traballar. Dánche tres días para ver si sirves, porque era todo a máquina de motor e todo. I había unhas máquinas grandísimas onde bordaban. I as máquinas das puntillas, alá chámanlle renda, máis puntillas, encajes, esas coisas todas, éranche unhas máquinas redondas coas agulliñas e os fíos. E aquelo ten que funcionar todo mui ben, porque senón rompe. Unhas máquinas francesas como de eiquí alá á outra casa. E traballaba unha dun lado, e era unha peza arriba e outra peza abaixo. E a miña irmá traballaba nunha desas! E unha traballaba deste lado pra enfiar as agullas e do outro lado as canillas. Poñían as canillas, se non iban, e tiñan unha bolsa así e íanche pondo. Ah, érache todo... non era... cousa fácil. I eu era nunha máquina de bordados. Logo traballei de camarera e fui para outro lado, porque me pagaban máis. E cuando entrei alí, traballei sete meses de camarera, logo supervisora e despois fui gobernanta e xa fun para un hotel, noviño de todo. Fui eu que montei todo, e foi mui ben. E traballei aí 30 anos!
A Casa de Galicia
En São Paulo tiñan a Casa de Galicia e ibamos todos os domingos. E tiñan moitos conciertos así de cousas que iban de aquí de España. E alá tamén había moitos artistas que foran de aquí pra traballar alá. E tiña a orquesta Casino de Sevilla que aquelo... oooohhh! Aquelo impuña! Era así. Eh, na Casa de Galicia xa tiñan que ir pra un espacio maior porque xa non cabía a xente alí.
O regreso
Volvín en dous mil cuatro por culpa da miña irmá, que se puxo mala e solo quería vir. Entonces mandamos arrumar esta casa que quedara dos nosos pais, vendemos a casa que tiñamos alá e viñemos.
O contrabando
Nós, ás castrellas, cando viamos as castrellas deciamos que viñan co café e co azúcar. Aquí era o que había. Viñan polo monte. Eso é moi diferente. Nós estamos eiquí, na raia!
A festa
Aquí sempre se festexou o día de San Miguel. Naquele tempo era o cocido o que había entonces. Íbase á montaña, compraban unha cabra i asabámola no forno.
San Xoán
Por San Juan sabes o que facían? Regábanse uns aos outros, xogaban á auga, que eso aquí ahora xa non o fan. Entón os mozos, andaban atrás das mozas para as mollar e ás veces hasta ás personas maiores .
A morte
Antes os entierros eran todo da parte da mañán, non como ahora, que é á tarde ou cuando lle cuadre. O luto era por un irmao dous anos e polos pais tres.
A Pía da Moura
Aquí ten un pozo que lle chaman os mouros, no río. Dicía que a mora... porque ten a pía da mora. Aquelo alto é a Pía da Moura, e dicen que a mora víñase lavar ao río que lle chaman Pozo dos Moros. Todo por baixo da terra, por un túnel. Eu subín alí unha vez, mais xa non me acordo... ten unha pía, unha pía de pedra. Unha pedra que lle chaman a Pía, entón é que os mouros estaban.