5 minute read

Manuel Salgado Alonso

Manuel Salgado Alonso, coñecido na Baixa Limia como O Salgado, naceu en 1947 en Recarei. Malia que a súa infancia a pasou no lugar, con trece anos xa andivo polo País Vasco e despois botou vinte e un en Francia como construtor, profesión coa que seguiu no seu Bande natal.

A escola

Advertisement

Había escola aquí no lugar. Era unha escola mixta... Primeiro a escuela chegou a estar aí na casa que é ahora da miña sogra. E despois xa foi cando o maestro figeran a casa enriba, e foi cando fumos p’alí. Eu xa solo acordo aquela, que era pa nós e para un puebliño que hai aí, practicamente a quinientos metros, que lle chaman Seoane.

Xogos

Xogabamos por aí aos escondites e fagiamos carros, aí nese outeiro. Xa figeran este meu irmao i outros da edá del unha pista e nos figemos carros e bicicletas e levabamos cada ostiazo cando chegamos abaixo alí onde pasa a pista. Chegabamos alí, ao mellor viñamos cuatro ou cinco no carro, e uns marchaban de cabeza... Andabamos sempre cas pernas rascadas por baixar pola pista abaixo

cos carros. Eran como as carrilanas pero nós lle chamabamos carros. E andaban as mulleres atrás de nós porque tiñan que ter un cuidado cas tinas aquelas que había de cinc cando iban á fonte. Con que se descuidaran e deixaran a tina alí... á tina non lle fagiamos nada, pero por baixo levaba como unha roucha. Entonces nós quitabámoslle a roucha para despois aferrala na roda dos carros, carallo!

As centeeiras

Plantábase de todo, pero ahora non hai un grano de centeo en toda a contorna. Nós tiñamos as centeeiras, e sementábase un ano o centeo i un ano as patatas. Pero, claro, era en zonas practicamente que non eran de regadío. Era todo secano. O ano que lle pertenecía ás patatas era cuando se abonaba porque solo levaban abono cada dous anos. Sembrábanse as patatas e antes de recollelas xa sembrabamos o centeno entre o suco. Polo día oito de setiembre era cando andabamos sementando o centeno. Logo, en octubre, arrancábanse as patatas, pero xa o centeno estaba nacido. E despois xa, bueno, millo, madre de Dios, aquí sembrábase moito millo!

O forno

O forno era dos veciños e, sobre todo no inverno, non paraba de cocer. Eu acórdome que cocías o pan o mismo pa quince días. Cocías dez ou doce pas, que eran bastante anchos e había veces que ao mellor non che chegaba e ibas onda o veciño: - Préstame un pan hasta que coza eu. I así pasaba, si.

O pan

Fagiamos o pan de millo con centeo, que era mezcla. Dicían os antiguos que o pan que non levaba centeno, “escarambillaba”. Porque ao non levar centeno, o millo solo non fai. A fariña milla non fai liga. O centeno era o que lle fagía a liga. E fagíase mui bo pan.

O contrabando

Ufff... Antes de marchar pa Francia tamén anduven ao contrabando, si. Por desgracia, e por suerte. Eu era un rapaz, empezaría con quince anos e iba ca besta. Ibamos unha cuadrilla de cinco ou seis a cargar os sacos de café á vila de Crasto. Pero traiamos o café que viña de Angola en crudo. E mira que non levaba voltas ese café! Había algún que pasaba hasta Francia. Cando máis cargabamos era no inverno, porque son cando son as noites máis largas. Pero chegamos a pasalo fatal pola neve! Madre de Dios!

As vacacións do emigrante

Eu viña todos os anos de vacacións. Só non vin uno, que fora cando nacera o neno máis vello, no setenta e un, pero do resto viñen siempre. Viña no mes de seitura pra lle axudar a recoller o centeno i a herba. E como decimos, viñemos de vacacións que pasabamos unhas vacacións... Eu ríame porque chegabamos alá e, claro, decíanlle á muller, con paz estea, i a min: - Concho, vindes mui morenos, en playa estuvestes? E dicía eu: - Estuvemos na plaia de Portedouce!, que son uns campos que temos ao pasar o río.

San Xoán

Había unha figueira grande e colgabamos os carros... Boh! Bueno, bueno! Mover as cancelas, mover todo, cambiar todo... Chegamos a atrancar a pista cuns carros encima dos outros. Algún vello levábanos ben a cousa, pero outros: - Eu vounos denunciar! E había algún que lle dicía: - Vai, vai, carallo! Vai que a Guardia Civil non che fai caso. Aquel que non dicía nada, practicamente traiámoslle o carro á casa. Ahora, o que se puña rebelde, xa collería as vacas ou o que fora para o ir buscar, pero nos non llo traiamos...

O Entroido de Cadós

Carnaval eiquí inda chegamos a facer algo desde que eu vin de Francia. Chegamos a facer carrozas, de sacar unha ao domingo, i a outra ao martes. Pero donde facían mui bo Carnaval, acórdome sendo rapaz, é aí no pueblo de Cadós. Eso era impresionante o Carnaval que facía. Impresionante, si.

A guerra

Meu pai foi á guerra e tuvo unha grande suerte porque fora un pouco ferido cando deso do Ebro. Dicía el que levaba o río máis sangre que auga, que foi cando mataron os italianos todos. E el salvouse, el i unhos cuantos, que veu por alí un cura e marcharon po sótano da iglesia e d’alí non sei, se foi algo ferido, e tuvo a suerte de vir cara o hospital pa Santiago. E como lle daba mui bo xeito a cortar o pelo, quedou alí, e así durante a guerra estuvo de barbeiro no hospital en Santiago.

Os barrios de Recarei

Aquí no pueblo todo estaba por barrios. Alí era O Canto, onde temos o muíño; aquí chamámoslle O Pozo; aí no centro chamabámoslle A Aldea; máis adiante chamabámoslle O Rego; alá, naquela punta, era O Cabo, pois sería porque sería

o final! Despois, arriba, era O Outeiro porque, claro, está O Outeiro por arriba. Xunto á capilla chamámoslle O Santo e sería porque estaba a capilla e puxéronlle O Santo. Despois, aí arriba chamámoslle A Barreira, que hai outras cuatro ou cinco casas. E estaba así todo por barrios.

O encoro das Conchas

Naquel momento pasouse mal. Pasouse mal porque tal como é donde lle chaman Porto Quintela era unha zona comercial, según dicía miña mae. Aí había uns comercios que eso sei que era impresionante. Estaba cheo de carros, mulas, deso todo para cargar, para o outro lado, pa parte de Muíños. Claro, vese que era unha zona comercial polas casas que hai alí. Pero esa xente túvose que marchar de mala maneira. I algún, non sei se o mataron e todo por non querer. Pero bueno, oie, era o franquismo. Quen se metía?

This article is from: