
6 minute read
Celso Ferreira Fernández
Celso Ferreira Fernández é o coroceiro de Vilar. Con 79 anos continúa co seu bo espírito, compartindo a música do seu bombo, co que acompañou ó seu grupo dos Gaiteros de Vilar polas festas do concello.
A familia
Advertisement
O pai, por disgracia, non o recordei se quera, quedei de meniño cua mai e quedamos seis. Os abuelos tamén non os recordei. Eu era o máis pequeniño dos seis, e quince anos levábame a maior a min. Tuvemos unha suerte, que tuvemos unha mai que dá ghusto, naquil tempo tan malo. Non sabía ler, pero era lista. Os homes, mal pero as mulleres naquil tempo, pasárono fatal, coidaban a casa, e iban cos homes a todolos sitios, fóra e dentro.
As casas
Estas casiñas eran unhas barraquiñas, todas con colmo. Eu recordo más non habere unha sola tella aiquí. No noso pueblo todo palla e os techiños arriba, unhas ripias de carballo, uns pauciños, despós cus terrós por riba e o colmo. No barrio dalá hai uns remendiños solo, már nada. E déuselle a volta ó pueblo todo, i ahora vai todo outra vez ao chao.
A escola
Había us profesionales, que sabían un pouco máis, e aquelo non era nada.

O campo
Bueno, traballar de meniño, xa traballaba. Eiquí sementábase patatas, millo, centeo e fabas. Moitas cousas das miúdas que se botan ahora, antes nin eso. Parece que non cheghaba a terra pra todo.
A leña
Había uces, máir ben ca os carballos, que eran poucos pro lume. A serra é un cunxunto de Vilar, Randín i ese puebliño de alá, Vilariño. Entón andaba a leña escasa, porque a facenda tamén era tanta que comía moito. Ahora onde hai unha carballeira que mete medo, antes estaba a ras, pero non a deixaban ir pa riba.
O lobo
Alghún día, había un camiño, por aí inda iban as vacas e xa iban once lobos, todo po aí adiante. Despois fóronse onda iba o rebaño da res, gracias que moitos cazadores andaban alá e valéronlle, se non aquel día... Alghún día me encontrei con el, pero moi pouca cousa, ca había señores, parece que era unha fada, tódalas veces que iban coa res, saíalle o lobo.
O “Mixto”
Alá no monte, nise tal “Mixto”, había unhas corghas que o aire xuntaba, e quedaban aí unhas serras de neve por maio e botabámonos po aquela abaixo. Nós tiñamos amigos portugueses, eiquí compartiamos moito coa serra. Iles tocaban moito o rialeixo lle chamaban, e formábase cada farria por ese monte. Nós iamoslle a seghar á seitura a eles, i eles a nós, había esa amistá moi ghrande. Íbase ao estrume onde se ven eses muíños iolicos portugheses.
O contrabando
Ultimamente foi cuando máis contrabando. Carrabamos aí cor burros moita cousa, plátanos, asti a roupas, non se sabe nin que carraba. Café non carramos,
o café pasárono moito aí en Randín de Turei, porque aí viña a liña, entón a xente iba e carraba i os da liña, or do autocar, eran os que o transportaban. Nós escapamos moitas veces. A min astia incluso matáronme un burro eí. Pero non foron os ghuardias. Viñamos de Vilariño, que era onde viñan os camiós e almacenaban alí, despois delí carghabamos, a fronteira está peghada. Nós xa descargharamos e viñamos po un camiño, escondidos, que había por esas corghas do valle, e iba un chico, que foran de caza e levaba a escopeta. Entón nós, era unha beixada así ghrande, botamos os burros diante e viñamos conversando. O chaval iba pa riba e apareceulle o burro e tiroulle e matoumo redondo. Y a nosa sorte foi que fajía curba, se nos colle en liña recta, non se sabe o que pudo pasar naquil momento. Un día saliron de alá, seis camiós portugheses carghados, pra Portughal. Viñeran os de Randín tamén carrar. Houbo alí unha temporada que se carrou moito. Eiquí tamén mataron un chaval, e incluso eu tiña mala sorte, ca non era dos que iba máis, pero ise día estaba alá. Colléronos alá ó contrabando i o chaval era o que o pasaba. Fora avisar ós portugheses pra que viñesen e nós demos o primeiro viaxe e non vimos nada, pero cuando fumos co seghundo, elí estaba un ghuardia, co outro xa fora tamén ó pueblo abaixo chamar por teléfono. E bueno, vai o chaval, andaban conversando a ver se neghociaban, e os nosos quedaran acá arriba, qui eu fora avisar ó chaval, foramos eu e outro, fómolo avisar i el veu diante, colleu un cabalo portughés que había alí, e nós correndo detrás, pero tardamos en vir. Cuando cheghamos, eu vin ir ós outros acá riba pra baixo, e a min metéuseme na cabeza que xa andaban carrando o contrabando. Botei man dun saco, era bacalau aquil día, carrouxe moito bacalau de eiquí pra lá, e se ve que o tipo tiroume a min, e meteume o tiro no fardo do bacalao e non me fixo daño. I o mozo dille, -Pero vocé que fai, vocé mátamo, mátamos homes-, e tirou un puliño como da eiquí, había así unha pedriña. -Non morreu el, morres tú-, meteulle tres tiros, mirmo ó pé de min. Despois era un mozatón que metía medo, non pudiamos. Por un carreiriño pra escapar con il, que estabamos metidos no portughés. Aquelo, se nos collen alí creo que nos matan a todos. Ibamos quince ou vinte, os que había no pueblo. Alghún, en vez de levar un burro, levaba dous ou tres, porque había rapaciada. Moita xente nova andaba escasa.
Os fuxidos
Deiquí non mataron a nadie, morreu un na gherra, escapáronse pra Portughal. Eí en Randín, estuveron escondidos, alghún astia se metía dentro dunha arca do ghrao e todo.
O monte Avión
O avión petou nun morriño e veu ó noso monte que era pendiente. A Burata do Foxo, O Petiño, O Outeiro do Sabugheiro, e meteuse por aquil reghato abaixo, e despois alí quedoulle O Avión. Foi no ano cuarenta e catro, eu era pequeno e non fun ó sitio naquil momento, pero na noite sentiuse a explosión e a xente atemorizouse. Era no tempo que había pouco que houbera a gherra. Despois xa os ghuardias se comunicaron uns cos outros. Os deiquí estaban en Randín e acudirían tamén. Os corpos trouxéronse pra Vilar e deiquí a Randín, porque o cementerio está na parroquia. Despois, pro sesenta non había diñeiro e tiñamos que paghar, e seica despois viña a subvención do Estado, entón subastamos unha corgha cerca de onde caíu o avión. Andabamos limpiando o monte pra fajer o prado a mao i toparon un peine daquiles das metralladoras. Un redondel esí, con dúas ou tres carreiras de balas. E que fixemos? Nós fajiamos uns muríos daquela leña e queimábamola. Había unha canella, botamos aquilo, e metémonos nela, pero fromouse un tiroteo!
As festas
Eiquí divertiuse moita xente. Vouvos enseñar un bombo que teño, eu son o bombeiro. Cuando era festiña, viñan aí da parte de San Martiño, de Sabucedo, e viña xente de por aí. Nós, os Gaiteiros de Vilar, utilizábase máis pros fiadeiros e bailes. Unha vez fixemos nós as festas do aiuntamiento, fomos tocar a case todolos pueblos del. Eiquí había moita xente, eramos pra aí trinta viciños, e case todalas casas eran de cinco ou seis. Temos unha capilliña aí abaixo, o San Vicente. Antes era o día dous de xaneiro e nevaba sempre, aquelo no había forma. Ordenaron un día cambiar pra o día tres de maio, nevaba ighual. Hasta que un día un señor colleu ó santo e púxoo na neve, a ver se se arrepentía.
O coroceiro
Bueno, as corozas eran máis ben para protexerse da chuvia e da neve, de quince aniños ou po aí xa faría. Eiquí fajíanas todos a feito. Nós tiñamos un tío, que foi o que nos servíu de pai, un irmao del, entón ás noites viña pra eiquí e fajíanos as chancas. Antes quen falaba en zapatos, as chancas mismo rompíanse aiquí i había que lle botar un romendo. Daquela, mirando pra el, dándolle os xuncos i aquelo, entón fumos daprendendo todos.