4 minute read

Isaura Armada Rodríguez

Isaura Armada Rodríguez naceu en Bande hai 68 anos, pero reside en Muíños tras casar en Mugueimes. Actualmente apoia á familia na dirección da Panadaría Cados, que levan o fillo e a nora tras a xubilación.

A familia

Advertisement

A miña nai tiña tear, tecía e fiaba pero non moito, porque ela casouse e foi po pueblo ese do Pazo e xa botaban moi pouquiño liño.

A auga

Había que lavar ó pozo que había do pueblo. Cuando veu a traída nós xa estábamos fóra. Tampouco había pista ó pueblo, que despois habíaa.

O encoro das Conchas

A miña mamá era de Porto Quintela, tiña a casa onde colleu o embalse. E dicía que había panadería, había farmacia, había comercios. Sacáronlle todo, fixéronlle unha casa nova arriba no pueblo, onde está hoxe, pero claro, xa perderon as fincas que tiñan por aí e todo. Miña mamá falaba moi pouco do tema. Alí pasaba o coche de línea, bueno, Porto Quintela antiguo dicían que era grande.

A escola

Íbamos alí á escuela a Pazo de Santa Comba, que non había o grupo escolar en Bande

Os xogos

Á corda, ó truco lle chamaban, ó escondite, bueno, eses xogos de antes.

O campo

Millo, patatas, centeo e tamén había trigo. A miña mamá sementaba trigo, que facía o pan mezclado co centeo, o trigo e o millo.

O forno

Fajíase a masa na casa e despois cocíase o pan no forno do pueblo. Normalmente aquel pueblo era moi pequeniño entonces cada un cocía cuando quería. Eramos oito veciños ou nove.

Os animais

Vacas e cerdos e pitas e de todo. Bueno, cabras non tíñamos, pero si vacas e había que ir con elas po monte e traelas pa abaixo, claro.

As feiras

Os becerros vendíanse, levábase á feira ou viña ó mellor algúns polos pueblos que compraban. Ibamos á feira de Bande i á da Portaxe.

A emigración

Coñecín ó home nunha festa do pueblo e casei con dazasete anos. E con dazaoito xa tiña o primeiro fillo. Ór dous anos marchamos pa Suíza donde traballamos nun hotel. Estuvemos alí tres anos e despois marchamos a Alemania. Eiquí o meu marido traballaba na Simens (Siemens) i eu nunha fábrica de relós, onde facía a montaxe, pórlle as aghullas... Alí había unha cadena, cada unha tiña o seu puesto de traballo. Enseñaban os puestos todos por si alguien enfermaba, pois se cubría. E tíñamos un mes de vacacións. A verdá é que eu recórdoo moi ben. Había xente de moitos sitios e galegos de Pontevedra e de Lugo. A filla naceu aquí i o fillo alá. Ela quedara aquí coa miña mamá i con a miña irmá. I o neno trouxémolo de alá con sete meses e quedou aquí. E cuando viñemos de volta tiña sete anos.

O traballo

Despois de once anos alá, compramos aquí esta panadería que se vendía, e incluso a casa, e decidimos vir pa estar cos fillos. Cuando nós a compramos, xa o señor levaba anos aquí. Despois foi cuando dixéronnos que había que reformala porque era vella, cuando fixemos aquela. E ahora, hai que lle botar unha mau tamén pero bueno, lévana eles.

O contrabando

Eu tiña unha tía que iba descalza desde O Pazo a Portugal, que iban buscar fío pa coser e o xabón pa lavar, porque era máis barato. Acórdome que dixo que unha vez viña eiquí a Mugueimes, e mancábanlle moito os zapatos así que sacounos e foi descalza i veu.

Os fuxidos

Bueno, o meu papá estuvo escapao pa Portugal, pa aí, pa Pitós que era o que quedaba máis cerquiña. Estuvo alí, pero nunca soupen o tempo que botou, pero si, estaba alá. E mataron a un mozo, ó fillo dunha señora que o tuvo de solteira, matárono na guerra, aí no pueblo de Nigheiroá.

A posguerra

Acórdome que dicía mamá e as miñas tías que fame non pasaban porque tiñan vacas, cebaban os porcos e fajían a matanza. Fajían o pan i o que era do ghuerto, tiñan todo, entonces claro, non era como nunha capital que tiñan que comprar, diso aquí non.

As festas

Alí a Santa Marta non é moi grande porque os pueblos eran pequenos, pero bueno. Viña xente dos de arredor. Despois había o quince de agosto o día da festa da parroquia. Íbase a misa e despois cada un pa casa, onde normalmente mataban un cordeiro i era o que se comía. Cordeiro ou arroz con leite, porque era da casa. En Navidades era a verza con bacalao e pulpo, e o bizcocho ese que lle chamábamos roscón, i o arroz con leite.

Os velorios

Os velorios antes era na casa. Si os veciños fallecían á tarde, pois hasta pa o outro día pola tarde estábase. Pero, ó menos alí no noso pueblo, estábase de noite, quedábase acompañando o difunto.

O loito

Só éramos tres irmás e eu era a máis pequena. Mira, cuando morreu meu papá tiña eu cinco anos e puxéronme de luto. Bueno, poríanme pouquiño tempo porque tiña cinco anos.

This article is from: