
5 minute read
José Álvarez Prieto
José Álvarez Prieto, natural de Guntumil, é máis coñecido como o Pepe da Fonte, por ter nacido ao pé dunha utilizada por tódala veciñanza. Conta con 82 anos, pasando máis da metade da vida traballando en Lisboa como estibador.
A auga
Advertisement
Iban coa ola á cabeza á fonte, e cos caldeiros e diverso. Para lavar iban ó río, porque ahora todos temos lavadora pero antiguamente non había. Ultimamente a muller levaba a roupa no trator e lavaba no río.
A luz
A luz veuche no ano mil novecentos cincuenta e oito. Cando eu fun á mili inda non había luz, e a andaban pondo a istalación naquela altura. Cá luz puxémola nós, derde Maus de Salas pra eiquí truxémola nós, o pueblo.
Os xogos
Á billarda e á porca, tiñamos aí na veiga cuando ibamos coas vacas un terrado coma un campo de fúbol. E ó cordón, agarrábamos un, ós rapaces e rapazas uns a tras dos outros. O que collía era o que perdía. I así moitas cousas.
O campo
Era patatas, millo e verzas, pero eiquí o centeo era unha fartura. Todo o ano enteiro se cocía pan. Pra comer nós éramos seis de familia e comíamos do que cosechabamos, e mantiñas ós porcos i a facenda de todo o ano.
O forno
Cada semana quentaba un o forno, esta semana tocábache a ti i si eu quería, preghúntoche a ti, entón cóntame a min atrás do quentador. I así había toda a semana xente pa cocer. Se non había xente non se cocía. Pa semana siguiente quentábao a túa compañeira i así sucesivamente. Eran setenta ou ochenta veciños no pueblo e en cuanto non dese a rolda a todo o pueblo non che volvía a tocar a ti.
Os animais
Todo eso cuanto se ve por aí arriba era monte e todo da parroquia. Aí chámanlle San Paio, chámanlle Rebouradela, Picuto do Santo, o Carqueixal, Os Lameiros, a Corda da Laceira e diversos. Hai unha serie de nombres que temos do pueblo, sitios determinados. Está a Portela i Serra de Pitos, porque aí queda un pueblo portugués que lle chaman Pitois (Pitoes), pero nos chamámoslle O Pisco.
O foxo do lobo
Polo que contaban os maiores, metían unha cabra dentro e despois o lobo andaba e de fóra pra dentro entraba ben, pero de dentro pra fóra non conseguía salir, e cazábano alí. Pasábamos tódolos días cando íbamos co ganado e aquelo estaba ultimamente destruído. Había unha caseta donde se refuxiaba a xente, unhas pedras dereitas. Un refuxio, que estaba ben cuando levaban o ghando, si chuvía ou cousas polo estilo.
As feiras
Os becerros ou algunha vaca levábase á feira. Había unha en Calvos o día dous, o día once en Couso i ó día catro en Porqueirós. Todas se fajían boas, pero tal vez a millor era a de Couso.
Os oficios
A miña muller, Rosa, tecía. Teño unha colcha dela que ma fixo de ganchillo e outilízoa tódolos días do ano. Os trescentos sesenta e cinco días. E os cestos viñan dun pueblo de eí que lle chaman Salgheiro, faguían moitos cestos.
A emigración
Antes de ir á mili, con dazaoito anos xa fun pas minas de Asturias e botei cuatro anos máis ou menos. Dispois vin da mili e marchei pa Portugal, e a muller estaba en Guntumil.
Os fuxidos
Cando foi no tempo da guerra, eiquí marcharon casi todos, fuxiron polas montañas. Portughal foi moi recolledor pa xente da gherra civil española. Eu creo aí no pueblo de Requiás, había unha foxa que se iban meter alá de noite.
As festas
Polo sol, a festa desfajíase, non é como ahora que é todo á noite, antiguamente non. A primeira vez que fun a unha verbena, vin e po outro á mañá tiven que ir arar co meu pai. Traballar había que traballar. E íbamos a Turei ó San Pedro, ós milagros a Couso e a Calvos, no mes de julio máis ou menos. Aquí tamén había a Arcensión tódolos anos. Temos unha capilla, tamén importante, aí no alto que é independiente da outra.
San Xoán
O vintetrés salíase de noite e atrancábanse paus no camiño, os carros y diversos. Fajíanse moitas tonterías, os rapaces i or mozos, a xente maior non. Unha vez a unha veciña miña, inda é miña parente, agarrouselle un carro dar vacas e botouse eí polos outeiros abaixo a rolar. E o carro acabou alá no fondo e po outro día tuveron que ir por ile. Eu era un crío, pero estaba alí cando fixeron eso.
O polbo seco
No Nadal sempre se comeu diferente. Non é marisco como ahora, non esistía. Aquí xa se comía bacallau e pulpo. Acórdome que meu pai iba a unha feira que lle chamaban A Feira Nova, eí na Saínza, mesmo pasar o río Limia, o vintedous de diciembre. E naquela altura o pulpo vendíase seco, viña seco.
O velorio
Antiguamente fajíase o velorio nas casas, claro. O que tiña bo local tíñao e o que o tiña malo, tamén. Antiguamente ors domingos non enterraban á xente. Se concidía de morrer o viernes, tiñas que botar o viernes i o sábado i o domingo sin enterrarte.
O salto do Salas
Casa non levou ningunha, levou os muíños e moitas fincas. Ó meu sogro colliulle unha finca e tuven que discutir co périto, porque pagaban só o traballado, o que era de labradío, e o monte alto non. E tuven que discutir pa que incluíse aquel trozo de arboledo. Xa estaba eu casado e caseime no sesenta e tres e tardou dous ou tres anos, pois foiche no sesenta e cinco ou sesenta e seis, e arranxouse, pero houbo que loitalo. Eu aí non vos podo gharantila cousa ó cen por cen, porque eu aí non traballei, pero inda houbo xente de eiquí que foi ideses pueblos todos por aí. E inda tuvimos muita suerte ó vilo salto eiquí no pueblo, porque se non, as fincas estaban todas de monte e así alguén cobrou algún diñeirito, hoxe non valen nada. Esta é a realidá.
