O concello de Calvos de Randín
Victoria Domínguez Rodríguez con 76 continúa vivindo na súa terra. Despois de traballar durante máis dun ano en Alemaña co marido, tiveron que voltar por causa da crise.
A familia
Os meus irmaos, éramos cinco, cuando era pequerrequiña chamábanme Iña, e inda hai algún que mo chama. Eu son a segunda dos máis vellos. Aquí nacemos e nos criamos todos. O meu pai nunca saliu deiquí, nin a miña nai. Traballaban o campo i era do que vivían e nós axudamos. A miña mai dicía que ela anduvera facendo cavadas no monte descalza, con patatas cocidas.
As fontes
Eu cando era pequena, miña nai poñíame unha meta, a min e a meus irmaos. Primeiro tiñamos que carrar a agua e preparar as cousas pos animales, e despois deixábanos salir.
A escola
Tivemos unhos pais bandera que nunca jamás nos quitaron da escuela. Eu tiña 14 anos e inda iba, gracias a unha maestra que era de Meaos, doña Conchita, encantadora. Cando era de inverno dábanos pena que fora soliña, porque antes había moito centeo i era alto, e ía desde eiquí a Meaos. Queríamola moito e 72