O concello de Calvos de Randín
Nicanor Veloso Tombo cos seus 78 anos é un dos tres homes de acordo do Couto Mixto. Casou cunha veciña de Meaus, con quen tivo catro fillos. Emigrado a Suíza, voltou para traballar como forestal e seguir co campo.
Os xogos
Elas xoghaban a un xogho que lle decían as pedriñas. Nós xoghabamos á billarda, ó xogho do gharabullo, aquí chamábanlle o xogho do gharabullo.
A malla
Eiquí sembrabamos patatas, centeno, maíz i algún trigo do ano. Despois veu outro trigo que dicían o tremeseño porque se sementaba no mes de abril, ese veu más tarde. Por iste tempo estaba recollido todo o centeno, que seghabas a mao cun ghadaño, lle chamaban eiquí, e despois outros señores ataban os mollos, e traíase pa eira. Faghíanse unhas medas grandes e aquelo todo cerradiño de pico enriba, e despois viñeron as máquinas de mallar, e despois viñeron outras mar modernas que se limpiaban, se non antes caía o ghrao no suelo na eira. Eso fáloche de cuando eu tiña dazaseis, dazasete anos. As eiras, había dúas ou tres, alá abaixo indo cara á iglesia. Varias en cada barrio. Entonces hoxe mallabas tu, i aquel e aquel ibamoslle axudar, uns ós outros. 68