O concello de Bande
Francisco Morgade Rodríguez, máis coñecido en Bande como Paco o Zapateiro ou o Músico, naceu en Carpazás en 1946. Aos dezaoito anos marchou para Barcelona e traballou na construción. Agora, o del é a música!
Paco, o Zapateiro
Eu vin aprender o oficio a Bande con catorce anos. Era cando saliamos da escuela de Carpazás e, entonces, o meu irmao decía que quería ser carpinteiro e eu díxenlle a meu pai que quería ser zapateiro. Entón, foi a Bande e falou cun señor que tiña unha zapatería e fun p’alí e estuven aprendendo zapateiro. Logo traballaba en Carpazás e, claro, no tempo eso non daba e marchei á emigración, anduven con camiós... Depois xa vivía en Bande e monteina aiquí e estuven eí hasta o noventa. Traballei unhos dez anos...
Paco, o Músico
Eu toco percusión: caixa, bombo e algo máis. Tería doce anos ou así cando empecei. Pódese dicir que aprendín solo, quen empezou a tocar foi un irmán meu que falleceu en Francia. El foi quen comprou unha caixa e cando il non estaba, collía a caixa na casa e tocaba eu solo. E despois un día sentiume o gaiteiro e díxolle ó meu pai que eu era o que tiña que ir tocar porque o outro non tiña xeito 28