Vidas e lugares con historia
Sindo, Gumersindo García Díaz, de 96 anos, é o informante de maior idade. Empresario feito a si mesmo, traballou duramente para axudar a familia e fun concejal tres veces á forza. Sabían que eu tiña moita amistad e buscaba xente.
A luz
Eu tiña unha luz de carburo, pero parte de xente cun candil de ghas. Que ó millor estaba unha persoa alí e desde eiquí non se coñecía a persona. Os ghuardias xa compraban o carburo. Despois veu a luz e fun a Fenosa pa comprar unha máquina. E dixéronme -Si hombre lo autorizo, pero tienes que reforzar la lúrina-, porque ó tempo era un alambrito delgado. E nós tiñámolo forno, botabamos a masa agrandar e a luz xa baixaba.
A escola
Daquela había que ir traballar, pero había señoras que daban clase de noite no inverno. Ibamos alí e puiden deprender as cuatro reghlas como é debido. Estaban os pueblos poblados e despois marcharon trinta rapaces pa o ghrupo. Os tempos daquela tan malos, a xentiña moi mal vestida, non había, a pobreza era moi ghrande.
Os muíños
Había os muíños aí no río, e ibamos moer pa facer o pan a un que tiña o meu soghro que lle chamaban o muíño da Lamela. Era de herdeiros, particular houbera un, e nunha crecida levárao o río. Aquí houbo puesto da Gharda Civil e chegaron un momento que non había panadeiro que viñera por aquí, non tiñan fariña. Os panadeiros non cocían e tiñan que ir comprar o millo e levalo ó muíño, e os ghuardias tamén, era unha vida mal.
189