Vidas e lugares con historia
José Álvarez Prieto, natural de Guntumil, é máis coñecido como o Pepe da Fonte, por ter nacido ao pé dunha utilizada por tódala veciñanza. Conta con 82 anos, pasando máis da metade da vida traballando en Lisboa como estibador.
A auga
Iban coa ola á cabeza á fonte, e cos caldeiros e diverso. Para lavar iban ó río, porque ahora todos temos lavadora pero antiguamente non había. Ultimamente a muller levaba a roupa no trator e lavaba no río.
A luz
A luz veuche no ano mil novecentos cincuenta e oito. Cando eu fun á mili inda non había luz, e a andaban pondo a istalación naquela altura. Cá luz puxémola nós, derde Maus de Salas pra eiquí truxémola nós, o pueblo.
Os xogos
Á billarda e á porca, tiñamos aí na veiga cuando ibamos coas vacas un terrado coma un campo de fúbol. E ó cordón, agarrábamos un, ós rapaces e rapazas uns a tras dos outros. O que collía era o que perdía. I así moitas cousas. 185