Vidas e lugares con historia
Virginia Rodríguez González, Virchy, é unha mestra nacida en Nova York que actualmente vive en Madrid pero O corazón está sempre en Grou, onde ven catro veces ao ano. Cos seus case 90 segue adorando á familia, bailar e viaxar.
A familia
Nacín en Nueva York, porque meus pais emigraron. Papá era de Cabaleiros e miña nai de eiquí de Reguengo. E ó principio, cando traballaban aquí, traballaban o campo, levaban vacas e terían ó mellor res. Creo que viñeron de volta no trinta e cinco, cumplín eiquí os cinco. Viñemos pra Cabaleiros, para Valdoi, un puebliño piquiniño que non tiña máis que tres casas. E díxolle mamá a papá -Que queres, vamos vivir eiquí?-. El encantado porque lle encantaba o campo, pero ela non. -Queres que os rapaces se dediquen a cavar esas cuatro terriñas que temos, que non son nada?- Vivir esí, acostumbrados a como viñan xa de estar alá, aquelo non lle sentaba ben. I entonces, dicidiron volver a marcharse, pero non puideron, e según se viñan pra Orense dixo ela a papá -Oyes, porque non lle compramos a pensión elí donde estuvemos nós, que está o coche de liña alí debaixo -de Suárez e A Competencia- e así os rapaces poden estudiar e tal-. E chegaron a elí e puxéronlle pensión Cabaleiros, Hostal Cabaleiros. Pepe, o meu irmao, traíame así porque era un sinvergüenzón, non quería que nadie tocara á irmá. Cuando tuven novio, eu sabía que en algunha parte do cine estaba el. E non sea que me descalabrara alí no cine, vamos! Pepe fixo a carrera de comercio. Il chegou eiquí con catorce anos, o sea que dominaba o inglés. Traía o bachiller de Estados Unidos. En Orense dedicouse a dar clases de inglés nun colegio de comercio ó que lle chamaban o Bóveda, xunto ó jardín do Cruceiro. Pero, el mui canalla, o que debía era falar comigo. Cuando vin con cuatro anos eu iba ó colegio, polo tanto eu falaba inglés. Despois fun a clases, 161