Vidas e lugares con historia
HISTORIAS DA VIDA EN BANDE Antonio Martínez Caldas é natural de Mexide, aínda que de neno sempre andivo moito por San Comba. Fillo de Josefa, costureira, viviu cos avós cando ela tivo que emigrar a París para poder darlle estudos. Interno nos Salesianos de Ourense, fixo maxisterio na Normal e despois presentouse ás oposicións de Correos, exercendo boa parte da súa vida en Santiago de Compostela.
A casa
Era unha casa rica. Tiñamos vacas, ovellas... e despois, ao mellor, unha egua ou unha besta. Porcos matábamos tres ou cuatro. Era unha casa fuerte!
O lobo
Con sete aniños xa iba eu co gando. Con sete anos! Cóntollo eu ahora á miña neta e asómbrase! Iba soliño. E unha vez aparecéuseme o lobo, pero ás ovellas, non a min! Tiñamos un can moi bo e estaba sentado así ao meu lado, i eu estaba falando cunha señora maior. E levábanos ben. A señora contábame as historias da vida, do que foi a vida e tal. Entonces, claro, estábamos distraídos. E nesto vexo un rebumbio entre as ovellas, porque é unha chaira que hai aí no monte, e dixen: - ufff! E leventeime e díxenlle a ela: - Carmen, Carmen, mira! As ovellas andan revoltosas! Hai un bicho alí entre elas! Entonces fun co can... pero claro, o can era un mastín e , ao oír a voz dunha persona, escapou. 13