Vidas e lugares con historia
Francisco Álvarez López, Quico do Estanqueiro, naceu en 1940. Orfo de nai desde os nove anos, cando os rapaces da súa idade xogaban, el dedicábase a facer as labores da casa. Xa de mozo, estivo na construción en Francia. E agora desfruta da xubilación no Souto, en Monte Longo.
Os do Estanqueiro
Na casa tuveron estanco, pero eu non o acordo. Tuvérono os bisabuelos ou abuelos.
A infancia
Con nove anos eu era o home da casa. O meu abuelo iba a traballar e eu a facer o caldo, limpar a casa, e de todo. Ó tempo era boa de limpar, pero con nove anos facía o caldo coma unha muller. Axudaba ó meu pai, e meu irmao depois marchou para Asturias e quedamos os dous solos, en fin. Unha vida de esclavitud. Ás noitiñas, os rapaces da miña edá, que naquel tempo éramos moitos, iban todos á eira do Forno xoghar ós escondites, a cadena e a esas cousas. E eu tiña que acomodar o porco, munguir a vaca, levar augha pa casa... Cantas veces viña ca ola de barro e tocaba contra unha pedra, e alá vai a augha toda! Alá todo, e así. A vida é así. 125