O concello de Lobeira
Manuel Silva González, Manolo, naceu en Vilariño en 1926 e reside en Parada do Monte. Sendo neno, traballou coa facenda e logo na construción dunha estrada e dun encoro. Emigrado a Barcelona, desde alí embarcou para facer unha nova vida en Uruguai, onde viviu corenta anos.
A res
Tiña cinco anos e xa iba coa res para o monte. E todos me querían porque eu andaba sempre detrás da res e non deixaba un xato. Fuille coa res a todo o pueblo. Paghábanme tres reás i a comida. Dábanme un fardeliño, unha pedriña de pan i un pedaciño de carne i pasaba todo o día. Algúns, que tiñan os fillos da miña edá, non lle confiaban a res a eles i a min ma confiaban. E nunca perdín a res, eh? Bueno, perdina cando xa era ghrande, antes de ir pro servicio.
A estrada de Lobeira
Cando empezou a traballar a carretera de Lobeira, que se levou a primeira reparación, eu empecén a traballar nas Motas. Foi antes de empezar gherra, así que polo trinta e cinco. Levoume o Evaristo Xulián porque lle pediu ao capataz, que era un portughés, Américo. E dille: - Oh, Evaristo, e vos que me trae, un 112