Vidas e lugares con historia
HISTORIAS DA VIDA EN LOBEIRA Celia Silva Rodríguez ten 86 anos e vive en Parada do Monte. Traballou case toda a vida no campo, aínda que tamén pasou temporadas en Francia e Barcelona. Malia que tivo unha vida dura, ten moi bos recordos porque se divertían ben! E que ben canta! Ademais, o diñeiro non o gastaba porque non o había!
Os xogos
De cando era pequena recordo de andare á chica por eí i á pita ceja. Na chica unha ponse de chavella i a outra púñase de burro, i os outros saltaban a que estaba de burro. Se estabamos esí e se non daba caído, levantabámonos solas pra que caíse. E se non diciamos: hache, pra que baixara. E ibamos á ruleta e á marra, pondo un marco alá de pedra i outro de aiquí e tirarlle alá. Se se lle daba, faguíase cinco e se se lle daba mair veces, dez. E ibamos ó truco i á billarda tamén. A primeira vez, fajíanse cinco se se lle daba ó palau, tirábase a billarda, e se se lle daba ó palau, que era ó que se lle daba a billarda e se se escazaba, nós diciamos escazar e iba lonxe, o outro compañeiro iba canear. Se lle daba ó palau, xa quedaba il libre i a collía outro. E ibamos á porca e había que meter a porca, había un santo ou iglesia , un burato jrande no medio e darredor os santos e se metía a porca alí, o que metía a porca xa saía de porqueiro. Se non a metía deciámoslle esí: - punto, punteiro, que sija o porqueiro. Na vermelliña vense, esí, unhas raias, esí e así e, despois, outra así, e un xojaba coas pedras i o outro cos jarabatos. Se quedaban ijuales, janaba, e se non, perdías.
A escola
Algúns xa eran mozos i outros eramos rapaces. Eu fun dunha vez que inda non tiña o tempo de ir, pero fun e deume janas de mexar. E prejunteille a estes rapaces onde 105