O concello de Entrimo
Albertina Adán Domínguez, Tina, é natural de Olelas, onde vive desde hai 66 anos. Tivo tenda, taberna, parrillada e unha granxa de cachenas. Desde nena sempre acorda esa raza de vacas no pobo para traballar.
A familia
A miña nai era modista, e dos retales que lle quedaban siempre nos fagía roupa, pero as que non tiñan quen lle figese nada, ás veces pasábano mal. Ela recortaba e fagía os traxes para as vodas, pros homes e pras mulleres. Ela iba a coser para Portugal, por eses pueblos, ca máquina á cabeza, e botaba oito días soliña! Inda ás veces, crecía o río e non tiña por onde pasar, e chegamos a pasar aos quince e ao mes sen vela porque non podía pasar p’acá. E a miña irmá máis vella, tendo conta das outras catro irmás pequenas. Meu pai era o acordeonista. Os cordeonistas que hai son casi todos da miña familia, a familia Adán. A min gustábame aprender a tocar, pero meu pai tiña medo que lle estropease o acordeón, porque non podía comprar outro! Entón dicíalle: - Déixame tocar un pouquiño. Pero empezábaas todas e non acababa ningunha. A miña sobriña, Celeste, ela si tocaba. Tiña un orquesta e era a que tocaba e cantaba. E tamén meu cuñado, o pai dela, que se chamaba Gumersindo 98