O concello de Bande
Manuel Salgado Alonso, coñecido na Baixa Limia como O Salgado, naceu en 1947 en Recarei. Malia que a súa infancia a pasou no lugar, con trece anos xa andivo polo País Vasco e despois botou vinte e un en Francia como construtor, profesión coa que seguiu no seu Bande natal.
A escola
Había escola aquí no lugar. Era unha escola mixta... Primeiro a escuela chegou a estar aí na casa que é ahora da miña sogra. E despois xa foi cando o maestro figeran a casa enriba, e foi cando fumos p’alí. Eu xa solo acordo aquela, que era pa nós e para un puebliño que hai aí, practicamente a quinientos metros, que lle chaman Seoane.
Xogos
Xogabamos por aí aos escondites e fagiamos carros, aí nese outeiro. Xa figeran este meu irmao i outros da edá del unha pista e nos figemos carros e bicicletas e levabamos cada ostiazo cando chegamos abaixo alí onde pasa a pista. Chegabamos alí, ao mellor viñamos cuatro ou cinco no carro, e uns marchaban de cabeza... Andabamos sempre cas pernas rascadas por baixar pola pista abaixo 40