Vidas e lugares con historia
Rosa García Rodríguez e de Cadós, é non o nega! Nin ela nin o afamado Entroido do lugar no que naceu en 1934, lugar no que se criou e onde segue vivindo. Filla de Sara e de Benito, campesiños, ela tamén se dedicou ao campo, e ten tres fillos e catro netos.
A familia
O papá, que en paz descanse, era Benito, e a outra era Sara, e sempre se dedicaron ao campo. Ademais o papá era ferreiro. Tiña unha forxa e facía moitos traballos. Facía o clavo dos carros, picaba a ferraxe e ferraba chancas, que antes eran chancas! Viña xente hasta da Fragha, Taboazas... Tódolos días había xente na casa. Uns viñan encarghar, outros viñan buscar, outros traer...
A escola
Eu puiden ir á escola, pero moi pouco. E xa non fun á Granxa, aí iban os homes. Eu tuven que ir a Rubiás. As mulleres tiñamos que ir a Rubiás, que cambia moito. Pero aínda que era lonxe, como eramos rapaces, aos poucos corriamos e aos poucos... 33