Vidas e lugares con historia
Julio Fernández Fernández, naceu hai 79 anos na aldea de Salgueiro, hoxe deshabitado e formando parte do Parque Natural da Serra do Xurés. Emigrante retornado, fixo a súa casa en Xermeade, onde naceu a súa muller.
A familia
Cesteiros caseque eran todos, o meu pai, José, era un tamén.
O Salgueiro
Alí non había nin supermercado, nin nada. Se querías comprar algo, había que ir á do meu consoghro, O Sindo, que era o que tiña algho de neghocio en Prado. Cheghamos a ser trece veciños e tiñamos muíño e forno tamén, aínda existen. Foi o único pueblo do untamiento que está sin luz, nin había nin cheghou a habela. Ahora a Xunta puxo unhas placas desas de luz pos paratos que puxeron alí. O Salgueiro está no Parque do Xurés, mismo na fronteira entre Portughal i España, pero xa hai que non existe. Vendéramosllo antes ós de Orense, en total eran sete socios, compraron iles todo. E despois a eses comproullo a Xunta de Ghalicia, aste alá arriba Calvos de Randín, a zona por aí onda acaba o término. Depois a tras de Vilar, Vilariño xa ven Portughal e Pitós (Pitoes).
177