O concello de Entrimo
Jesús González González, Jesús da Eira, é natural de Ferreiros e vive na Terrachá. Emigrado en Francia e en Madrid, aos seus 82 anos a súa paixón é a escultura, oficio ao que non se puido dedicar profesionalmente.
O campo
Na miña casa dedicáronse ao campo e ao arrastre de madeira, porque tiñamos bois na casa. I cando era pequeno escapáballe co carro i cos bois. A madeira era para as casas e tamén iba para fóra. Metían a serrar a madeira e todo eso.
O contrabando
Sabe o que é máis contrabandeaban eiquí: era o cambio de diñeiro e o café. E dicían eles: A fronteira o dá i a fronteira o leva! Cuando meus padres e os meus irmaos un fora pra mili, e o outro estaba en San Sebastián, eu era o que iba co carro pra o monte. E alí a cousa xa cambiaba. E voulle contar unha mui bonita! Resulta que viña cos bois de meus padres de Ferreiros, que eu iba arrastrar madeira p’o monte, e vin ás mulleres. I os guardias estaban sempre á espera delas pra lle quitar o café. I unha delas leváballe o café a meus padres. I un día díxenlle eu: - Cuando veñan á próxima vez, veñan a tal hora, que eu lévolle o café pra alá. Ustedes non se preocupen se pasa algo digo, dígolle que é meu é xa está. Bueno, collín, ibamos pr’o monte e había a herba seca, o feno. Entonces, metín unha capa de feno por 86