O concello de Entrimo
Juan José Estévez Estévez, alias Pepe Ficheira, ten 67 anos e é natural da Pereira, na parroquia entrimeña de San Facundo da Pereira. Como el mesmo di, traballou nunha variada gama de oficios, pero todo relacionado coa terra! Cultivou tabaco, tivo granxas e foi bibliotecario en Entrimo.
Os xogos
Faciamos unhas bicicletas de madeira e faciamos carreiras coas bicicletas de madeira. Que problema había: que só podía ser costa abaixo, porque non tiñan pedal!
A radio
Eu creo que na miña casa era na primeira na que había un aparato de radio. Aquelo era espectacular, porque viñan alí os veciños a escoitar á noite. Conocían aos locutores, chamábanlle polo nombre... E non había nada máis, era o único divertimento que había. Xuntábase a xente cun silencio asombroso a escoitar Radio Intercontinental de Madrid, me parece que era, ou Radio Nacional. E poucas máis emisoras había. Porque ahora hai moitísimas máis. Pero entonces aquelo era o top, como din ahora. 82