Vidas e lugares con historia
HISTORIAS DE VIDA EN ENTRIMO Ana María Álvarez Rodríguez, Anita, é natural do Casal, na parroquia de Santa María A Real de Entrimo. Ten 84 anos e estivo 47 emigrada no Brasil. Na entrevista estivo acompañada por unha das súas irmás, Concha, dous anos maior que ela e que sempre estivo na aldea.
A familia
Tuvemos un irmao que foi ao servicio militar. O primeiro que foi, estuvo tres anos polos Pirineos. E cuando veu a primeira vez había un ano que se fora... e veu mui mal! Miña madre neso era mui adiantada, nos tempos dela. Mui, mui, mui adiantada. E cuando veu o meu irmao, non pudo entrar na casa. Temos alí un atenado, un barracón así p’o lado, que é del, e miña madre díxolle: - Vai pra alá, e quitou a roupa porque viña cheo de piollos! Entón miña madre encontrou cun teniente, ele xa estaba retirado, e díxolle: - Don Antonio, eu mandeille o meu fillo vestido e limpo a Franco, pero Franco mandoumo cheo de piollos e desnudo! Naquele tempo non era cualquera que lle dicía unha coisa desas...
79