Vidas e lugares con historia
Cesáreo González Veloso, de 62 anos, estivo coa muller durante catorce anos en Suíza. Hoxe dirixen a súa propia granxa co fillo e exerce de tenente alcalde do concello e como home de acordo da Asociación do Couto Mixto.
A familia
Fun a Madrid porque morreron meus pais de bastante xoven, morreu a miña nai cando tiña 8 anos e meu pai cando tiña 16 e entonces, digamos que a casa desfíxose. Había unha irmá que quedou aquí vivindo no pueblo. a máis maior. Eu i a miña irmá máis xoven marchamos.
A auga
Aquí no barrio de Pereiro suministrabámonos todos ca fonte esta, o sea, había que ir cos cubos e cos cántaros, e no barrio de arriba había alghunha máis. Eu fun dos promotores de ter auga nas casas en 1980. Vindo de vacacións de Suíza, restaurei un pouco a casa que me tocou ó lado dos pais, e primeiramente intentei facer un pozo pa sacala auga. I comentando con algúns veciños dixeron -Home, non fagas pozo porque temos que tratar de meter a auga-, daquela xa non había moita xente no pueblo, entón díxenlle -Bueno, pois vámonos pór pa metela-. Entonces digamos 55