Vidas e lugares con historia
Rosa Álvarez Pereira, Rosita nos seus tempos mozos, ten 94 anos. Na actualidade vive en Corvelle, no barrio da Fecha, coa súa filla Aida González Álvarez, nada en 1948. Rosita naceu na Pereira, e dedicouse todo a vida ao campo e ao muíño. E é moi boa cantareira! Aida traballou nunha panadería, coseu e bordou. Foi modista en Ourense.
Rosita
Nacín en Pereira, que eu era de Pereira, e casei en Corvelle aos vintecuatro anos. Tuven unha filla, e chéghame ben que esta é moi mala de aghuantar! Eu traballei sempre no campo e sabía coser algho, pero non é para coser pa fóra, era pa casa. E en Pereira tiñamos tear e eu tecía.
Os xogos
Xoghabamos a todo! Oh, as rapazas, todo o que servía, sírvelle pa xoghar. Á billarda, ao truco...
A auga
Ah, había que ir á fonte, había. Lavar tamén, ós pozos. Pa reghar, tapabamos o tanque, e despois, cuando estaba cheo, abríase e repartíase pa todos. 37