Vidas e lugares con historia
José Dorado Rodríguez, é natural do barrio do Vieiro de Carpazás, onde naceu en 1940. Cunha dura vida desde neno, estivo emigrado en Suíza, onde aínda residen as fillas. Alí traballou dezasete anos de fontaneiro.
A infancia
Recordo que pasamos moita miseria. Eu tiña que ir coas cabras porque ao meu pai non o conocín. Morreu cuando foi da guerra i entón había que traballar, porque eiquí eramos pobres, non tiñamos cartos pra pagar un xornalista. Entonces estaba miña nai, que foi quen nos criou, i un abuelo, que foi quen nos axudou criar a min e a miña irmá. Eramos dous. E fúmonos defendendo como pudemos. Había quen pasaba fame. Nós non pasábamos fame, de pan. Do resto, como se podía.
Os xogos
Xogar, xogabamos ás cartas, á billarda ou á porca, que levabas cun pau i unha cañota, a ver quen a metía no buraco. Era co que nos embobamos os rapaces antes.
A facenda
Tiñamos unhas tres ou cuatro vacas e unhas doce ou quince cabras e traballabámolas fincas e viviamos da pobreza, non había outra cousa. Criábamos porcos 19