O concello de Bande
O 23 de agosto de 2018 Carmen Villarino Garrido, A Casteirona, cumpriu 89 anos. Rexentou unha carnicería e unha fonda na céntrica rúa de San Roque de Bande, onde xa traballara desde pequena coa súa familia.
A familia e o traballo
Meu pai era Argimiro. Casteirón era o pueblo donde nacera. Casou cunha muller doutro pueblo, que lle chamaban Teresa. Era de alá de Baltar. A carnicería xa era de meus abuelos, dos pais de meu pai. Meu pai traballaba en todo. Era moi traballador. Tiña obreros pola xente que lle axudaban a facer as labores do campo, pero il traballaba en todo. Compraba os becerros, iba ás feiras e matábaos e despois miña nai vendíaos. Miña nai dedicouse a traballar como unha mula! Criou sete fillos, e traballa, e tiñamos a fonda i a carnicería, i a traballar. Cociñaba moito. Á miña nai cociñando non había quen lle ganara. Ela cociñaba, e nós traballábamos, e comíamos ben naqueles tempos cuando moitos non tiñan que. Eu empecei de ben pequena a traballar na carnicería e na fonda, nas dúas cousas. Ao mellor con once anos xa empecei a traballar na carnicería i hasta que me 16