Vidas e lugares con historia
HISTORIAS DA VIDA EN MUÍÑOS Carmen Rodríguez Domínguez de 73 anos e Julio Rodríguez Fernández de 78, son coñecidos como Carmen e Julio do bar, pois rexentaron un en Porqueirós, onde se celebraba a feira ata a súa xubilación hai tres anos.
O xabrón
Eu cheguei a facer ca graxa ou botábaslle un pouquiño de aceite, e xa daquela se lle botaba o Ariel da lavadora, que durábache máis pra fregar por eghemplo os paños da cociña e cousas desas, e botábaslle a sosa. Todo o que che marcaba. [Carmen]
A escola
Solo o que era antes estudios básicos, il en Cados, onde naceu, i eu eiquí en Porqueirós, a escuela era mista. [Carmen]
Os xogos
Bueno á pita cegha, á billarda, á porca, á rueda. Pasábase de marabilla. Si, xogábamos a todo coma os homes. [Carmen]
O liño
Había os telares. O liño daba muito traballo. Primeiro había que sementar, despois cuando servía, sacalo e ripalo todo, sacarlle a semilla, despois facer unhos feixes e levalos ó río, e botaban quince días máis ou menos. Poñíase unhas pedras por riba. [Carmen] Botábase a secar e despois mazábase todo. E era cuando había unhos rastrillos, ripábase. Primeiro fiábano e despois nas dobadoiras pa facer as meadas. Era como si foran tres paus postos nunha liña. E entonces empezabas a poñer o primeiro fío, íbarlle dando abaixo ó pau aquil e iba envolvendo. [Carmen] E ó fiar todo, facían as mazarocas, lle chamaban. E despois é cuando tecían nun telar. A miña nai si teceu, que era do Barrio de Muíños. E moitas vellas facían refaixos, que non sei nin como se aguantaban. Eu eso xa non recordo. [Carmen] 169